León

León
  1. [ASTRON]

    Constelación zodiacal situada entre as de Cáncer, o León Menor, a Cabeleira de Berenice, a Virxe, a Copa, o Sextante e a Hidra femia. O astro principal, á-Leonis, coñecido tamén co nome de Regulus, é de magnitude aparente visual 1,3, e está a unha distancia de 26 parsecs. Contén tamén dúas estrelas de segunda magnitude, tres de terceira e numerosas galaxias.

  2. Quinto signo do zodíaco. En tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero como consecuencia da precisión dos equinoccios o seu lugar foi ocupado pola constelación de Cáncer. O seu período comprende do 23 de xullo ao 22 de agosto.