León
León
[ONOM]
Antropónimo masculino que deriva do nome persoal latino Leo, Leonis, tomado do nome común leo, leonis ‘león’. Entre os pobos primitivos críase que determinado clan ou familia tiña como proxenitor un animal, que se convertía no seu espírito protector (nome totémico). Houbo 13 papas con este nome, entre eles, san León I o Grande (440-461), León II (682-683), León III (795-816), León IV (847-855), León IX (1049-1054) e León XIII (1878-1903). Na iconografía León I viste a indumentaria papal, coas insignias correspondentes, e leva como atributos un libro ou un dragón aos seus pés (símbolo da herexía). A súa festividade celébrase o 10 de novembro.