"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Tendencia ou facción, dentro dun grupo político, que se posiciona á esquerda da liña política deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á esquerda política.

    2. Que ou quen é partidario da ideoloxía de esquerdas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase aos organos, partes ou membros simétricos, que están situados no lado oposto ao dereito, é dicir, no lado do corazón.

      2. Que está situado, respecto a unha persoa, no lado do corazón.

      3. Situado na parte esquerda dunha persoa que se coloca segundo o sentido da marcha que ten a cousa que se move.

    1. zurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Militou no Partido Progresista e foi o representante de M. Ruiz Zorrilla durante o seu exilio. Como profesional da medicina foi o introdutor da neuropsiquiatría en España, o inventor da terapía ocupacional e construíu un sanatorio mental en Carabanchel. Trala morte de Ruiz Zorrilla (1895) aceptou a dirección do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político catalán fundado na Conferencia d’Esquerres en marzo de 1931 pola unión do Partit Republicà Català, o grupo de L’Opinió e Estat Catalá. Os seus principios políticos eran o recoñecemento da personalidade nacional de Catalunya e dos dereitos do home e do cidadán, a federación cos outros pobos ibéricos e a socialización da riqueza. Inicialmente, o comité executivo estivo formado, entre outros, por Francesc Macià e Luís Companys, nomeado presidente da Generalitat en xaneiro de 1934. O éxito electoral de abril de 1931 e a proclamación da República déronlle a hexemonía política en Catalunya. Constituíu diversos gobernos durante a República e a Guerra Civil, trala que a maioría dos seus líderes tiveron que exiliarse. ERC configurouse dende 1976 baixo a dirección de Heribert Barrera como unha alternativa de centro-esquerda e obtivo 2 parlamentarios nas eleccións lexislativas de 1977, 3 nas de 1979 e 3 nas de 1982. En 1987 Barrera foi substituído na secretaría xeral por Joan Hortalà;...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das táboas, rematadas pola parte dianteira en punta curvada cara a arriba, que se suxeitan aos pés e serven para escorregar sobre unha superficie, especialmente a neve ou a auga.

      1. esquí de fondo/nórdico

        Modalidade do esquí que consiste en cubrir unha distancia nun circuíto de pouca pendente. Existen dous estilos fundamentais: o clásico e o libre. Nos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno (Chamonix 1924) disputáronse carreiras de 15 km e 20 km no estilo clásico. En 1936 incluíuse no programa a competición de remudas 4 por 10 km. En Cortina d’Ampezzo 1956 introduciuse a proba de 30 km estilo libre, en Albertville 1992 a proba de persecución e en Salt Lake City 2002 a modalidade sprint, cun percorrido de 1,5 km.

      2. saltos de esquí

        Modalidade do esquí que consiste en escorregar sobre esquís por un trampolín e caer nunha pista de neve. O vencedor da competición é aquel que consegue sumar os saltos máis longos. Nos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno, Chamonix 1924, disputouse a proba de saltos dende trampolín de 90 m. Nos Xogos Olímpicos de 1964 introduciuse a distancia de 70 m e nos de Calgary 1988 a proba de saltos por equipos en 90 m.

      3. Deporte que consiste en escorregar pola neve sobre unhas táboas suxeitas aos pés. Medio de transporte ancestral nos países escandinavos, converteuse nunha actividade deportiva no s XIX, cando o noruegués Sondre Nordheim lle acoplou botas, o que permitiu un maior control sobre o esquí nos saltos e xiros. A primeira carreira de esquí de fondo documentada como actividade deportiva celebrouse en Noruega en 1843. En 1883 xurdiu a Asociación Norueguesa de Esquí, que en 1892 organizou, nas proximidades de Christiania (Oslo), o primeiro torneo internacional. En 1893 fundouse o primeiro club suízo de esquí, un deporte que se estaba a difundir polos Alpes. A súa crecente popularidade contribuíu a que o Comité Olímpico Internacional decidise crear os Xogos Olímpicos de Inverno, que se celebraron por vez primeira en 1924, na estación alpina de Chamonix (Francia). O esquí nórdico e os saltos de esquí foron dúas das cinco disciplinas deportivas incluídas no programa daqueles primeiros xogos.

      4. esquí alpino

        Modalidade do esquí consistente en descender a ladeira dunha montaña por unha pista. As primeiras carreiras de descenso documentadas datan de 1911. O primeiro slálom, proba na que o esquiador debe cruzar unha serie de portas, disputouse en 1922. Non obstante , as probas de esquí alpino non se incorporaron ao programa dos Xogos Olímpicos de Inverno ata 1948, cando se disputaron o slálom, o descenso e a combinada. En 1952 engadíronse as probas de xigante e suprimiuse a combinada. En 1968, Jean-Claude Killy revolucionou o esquí alpino ao competir co seu novo estilo, nunha postura acubillada coas pernas semiflexionadas, e conseguiu a medalla de ouro en todas as probas alpinas (slálom, xigante e descenso) dos Xogos Olímpicos de Grenoble. En Calgary 1988 incorporáronse ao programa olímpico o superxigante e a combinada nórdica.

    2. Disciplina deportiva consistente en escorregar con un ou cun par de esquís sobre unha superficie acuática remolcado por unha lancha motora. Existen tres modalidades: slálom, salto e figuras. Naceu en 1921 simultaneamente en Florida (EE UU) e Francia. En 1946 creouse a federación internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camarón de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que esquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación a remos de pequeno tamaño que se leva nunha maior como auxiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leopoldo de Gregorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección do pobo de Madrid que tivo lugar entre o 23 e o 26 de marzo de 1766. Iniciouse como unha protesta polo bando sobre capas e chapeos emitido polo marqués de Esquilache, aínda que a causa máis profunda estaba no encarecemento dos prezos do pan, como consecuencia da liberalización do comercio de cereais e as malas colleitas dos anos anteriores. Os amotinados saquearon a casa de Esquilache, de Grimaldi e do gobernador de Castela, e despois enfrontáronse no Palacio Real á garda valona. Ante a magnitude da insurrección, Carlos III accedeu ás peticións dos amotinados: destitución e desterro do marqués de Esquilache, saída da corte da garda valona, anulación das disposicións referentes aos vestidos, rebaixa no prezo dos comestibles e supresión da xunta de abastos. Concedeuse, ademais, o perdón xeral para os participantes nos tumultos. Ao longo do mes de abril sucedéronse as revoltas en distintas cidades españolas, entre outras, Zaragoza, Cuenca, Murcia e A Coruña. Ao fin das mesmas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun dos sete montes sobre os que se fundou a cidade de Roma que, segundo as fontes clásicas, foi conquistado por Servio Tulio xunto co Viminal. Na época imperial situábase extra muros de Roma e contaba cunha poboación integrada maioritariamente por plebeios. Durante o Imperio construíronse nel o templo de Minerva, a Domus Aurea e as termas de Tito e de Traxano. Nas escavacións arqueolóxicas localizáronse restos dun hipoxeo con pinturas murais (s III a C), que representan escenas da antiga historia de Roma. No s IV construíuse a basílica de Santa Maria Maggiore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coller esquilmo no monte para estrar a corte dos animais.

    2. Acabar cunha fonte de riqueza por explotala en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de materia vexetal recollida no monte coa que se estra a corte do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo grego. Autor e actor, foi considerado o pai da traxedia grega pola calidade formal e argumental das súas obras. Foi o primeiro en alternar o diálogo coa parte lírica, desenvolveu os medios técnicos necesarios na representación, fixou o vestiario de cada personaxe e introduciu un segundo actor que dese maior diversidade á traxedia. Atribúenselle máis de noventa traxedias das que só se conservan sete; entre estas destacan: Prometeo encadeado, As suplicantes (490 a C), Os persas (472 a C), Os sete contra Tebas (467 a C), e a triloxía da Orestíada (458 a C), formada polas traxedias Agamemnon, As coéforas e As euménides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Pontevedra o 7 de abril de 1861. Cesou a súa edición a finais do mesmo ano (nº12). Subtitulouse “Periódico satírico-filfático, filarmónico y de intereses materiales”. Fundado e dirixido por Manuel Ángel Couto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ramón Núñez Pazos. O seu editor foi Eduardo Mella. Cómpre salientar o seu labor como periódico de crítica social, en que participaron destacados xornalistas pontevedreses da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esquimós ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo esquimó.

    3. Pobo que habita nas rexións árticas, disperso polos sectores máis setentrionais de América do N e polo O de Groenlandia. Recibiron o nome de esquimós, ‘comedores de carne crúa’, das tribos indias veciñas, pero eles denomínanse a si mesmos inuits, que significa ‘homes’ ou ‘persoas’. Distribúense en pequenas comunidades, formadas por grupos de 50 a 500 individuos, organizadas ao redor da familia que, xunto coa comunidade, xulgan as cuestións conflitivas. Maioritariamente nómades, trasládanse empregando zorras arrastradas por cans e embarcacións de pel de foca. Viven da pesca e da caza (caribús, osos brancos, focas e lebres do ártico), para o que empregan o arco, as frechas e os arpóns. Coas peles que obteñen da caza confeccionan as súas roupas. Naquelas rexións onde localizan madeira, utilízana na construción das súas vivendas e onde non existe empregan placas de lousa, recubertas de turba ou neve. Ademais, durante as expedicións de caza constrúen, con anacos de xeo, cabanas cupulares...

    4. Familia que pertence ao phylum esquimó-aleutiano e que comprende o inuit e o iupik. É unha lingua polisintética.

    5. Can de gran talle, entre 65 e 80 cm, caracterizado polo seu pelame denso e bastante longo en todo o corpo, agás no fociño. A súa coloración, moi variada, pode ser branca, negra ou castaña. Viven sobre todo no N de Eurasia e de América, e utilízanse como animais de tiro para as zorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Phylum lingüístico integrado polas familias esquimó (co inuit, a máis falada, e o iupik) e aleutiana (co aleutiano), emparentadas entre elas. As linguas esquimó-aleutianas estendéronse pola costa S de Groenlandia, as rexións árticas de Canadá, as rexións do N de Alasca, as illas Aleutianas e ata hai unhas décadas por Siberia, atravesado xa o estreito de Bering. O inuit fálase en Groenlandia, Canadá e EE UU (N de Alasca); o iupik, en EE UU (Alasca e illa de San Lourenzo), e o aleuta en EE UU e illas Aleutianas. Entre os trazos lingüísticos cómpre destacar os seguintes: son linguas aglutinantes que poden engadirlle á raíz unha gran cantidade de sufixos, das que resultan palabras tan longas que mesmo equivalen a frases ou oracións noutras linguas; non distingue os xéneros, ou polo menos non desempeñan un papel importante na gramática; distinguen o singular, plural e dual en substantivos e verbos; distinguen seis casos na declinación; realmente non existen os verbos xa que estes son...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aresta na que conflúen dúas caras dun obxecto.

    2. Parte próxima ao punto onde se sitúan dous lados nun obxecto poligonal.

    VER O DETALLE DO TERMO