"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente a Líbano ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Líbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rector grego. Amigo de Xuliano o Apóstata, defendeu o helenismo e propugnou a restauración pagá. Ensinou en Atenas, Constantinopla, Nicea e Nicomedia, e escribiu discursos e epístolas, que constitúen un bo documento da vida antioquense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Oriente Medio que limita ao O co Mar Mediterráneo, ao N e ao L con Siria e ao S con Israel (10.400 km2; 3.328.000 h [estim 2001]). A capital é Beirut.
    Xeografía física
    É un país montañoso dividido en catro rexións: a franxa litoral de topografía plana; os montes de Líbano que se estenden de N a S, con suaves pendentes e socalcos ao O e pendentes abruptas ao L que culminan no Qurnat al-Sawdā´ (3.083 m alt); a Al- Biqā´, un amplo val atravesado polos ríos Orontes e Lī Palatino; ṭ ānī; e a cordilleira Antilíbano, que se estende ao longo da fronteira con Siria. O clima é mediterráneo costeiro, na transición co continental de interior. As precipitacións son máis abundantes nas vertentes occidentais do país.
    Xeografía económica
    A agricultura é a principal actividade económica, pero a superficie cultivada está limitada pola falta de auga e pola topografía do terreo. O trigo foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Líbano (1.958 km2; 671.000 h [estim 1996]). A súa capital é Trípoli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Líbano (2.046 km2; 283.000 h [estim 1996]). A súa capital é ES-TRAD;mso-fareast-language: Sido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo anticlinal situado entre o val de Lī Palatino; ṭ ānī, ao O, e a depresión sinclinal de Al- Biqā’, ao L. A máxima altitude é o Qurnat al-Sawdā’ (3.083 m alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista alemán. Foi considerado un precursor dos fundadores da química moderna. Publicou os tratados Alchymia collecta (1595), Rerum chemicarum epistolica forma (1595-1599), Expositio fidelis sincera et delucida Raymundi Lullii (1599) e Opera omnia medico-clínica (1615), baixo o pseudónimo Basilius de Varna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación literaria en honor do Apóstolo Santiago, de mediados do XII e conservada no arquivo da catedral de Santiago de Compostela. Planeada quizais polo arcebispo compostelán Diego Xelmírez, coñécese habitualmente co nome de Codex Calixtinus ou Códice Calixtino, pola suposta autoría do Papa Calisto II. Composta por pezas de numerosos autores, case todas do s XII, das que se fai unha profunda revisión co gallo de lle dar unha aparencia unitaria, divídese en cinco libros: I) colección de sermóns destinada ás grandes solemnidades relacionadas co Apóstolo en Santiago de Compostela, seguida de composicións de gran riqueza literaria e provistas de notación musical; II) libro de milagres, con 22 textos que se refiren a acontecementos ocorridos entre 1050 e 1110 (agás un de 1139); III) textos que aluden ao traslado de Santiago e ás súas festas; IV) historia da expedición de Carlomagno á Hispania e morte dos heroes francos; esta parte, que é a de maior valor literario, atribúese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa italiana, irmá de santa Faustina. Para fuxir dos matrimonios impostos pola súa familia fóronse co sacerdote Marcelo, atravesaron o río Po nunha barca e chegaron a Como, onde entraron nun convento. A súa festividade celébrase o 18 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir de orixe galega, filla de Lucio Castelio Severo, gobernador romano de Gallaecia, Lusitania e Calsia. Conta a lenda que para fuxir do pretendente que o pai lle asignara pregoulle a Deus que lle fixera medrar a barba, motivo polo que o pai a crucificou. A tradición galega converteuna nunha das oito irmás xemelgas de santa Eufemia e invócase como protectora dos partos. Na iconografía represéntase cravada nunha cruz, moza e fermosa, con barba ou sen ela, e aos seus pés pode haber un trobador. A súa festividade celébrase o 20 de xullo por ser a data en que se trasladaron as súas reliquias desde Sigüenza a Baiona (1515), vila da que é patroa. Na capela de santa Liberata atópase a súa imaxe nun nicho flanqueado polo escudo do antigo Reino de Galicia e o de Baiona. Na tradición oral recóllense ditos como: “Hei de ir ao señor san Cosme, / hei de ir e vir por Baiona, / ver á santa Liberata / na súa capilla nova”, “Os canteiros vanse, vanse, / para santa Liberata; / levan os petos ben...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e mártir. Morreu martirizado polos vándalos xunto á súa esposa. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos instrumentos de medicina. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Liberia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Liberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao líber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Publicou Camiños para mellorar a rendibilidade das empresas socialistas (1956) e Principais problemas da mecanización e a automatización da produción (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endocardite verrugosa que pode afectar a calquera das catro válvulas cardíacas e que se asocia cun lupus eritematoso diseminado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogadora de baloncesto. Gañou tres títulos da Copa da Raíña (1980, 1981 e 1983) e tres ligas (1976-1977, 1978-1979 e 1981-1982) co Real Club Celta de Vigo. Foi 51 veces internacional absoluta, 15 veces internacional júnior e unha vez campioa de España júnior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Le Mans. Fundador de numerosas igrexas, invócase contra os cálculos dos riles. O seu culto espallouse por Francia, Alemaña, España e Italia. Na iconografía viste de bispo con báculo e mitra e leva como atributos persoais unhas pedras sobre un libro, ás veces un pavo real ou unha pluma desta ave na súa man. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de librar.

    2. Orde de pagamento que se lle dá a alguén con fondos para que a faga efectiva.

    3. libracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Códice visigótico copiado para os reis Fernando I e Sancha de Castela e León en 1055. Trátase dun manuscrito conservado na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que a súa procedencia sexa posiblemente de San Martiño Pinario. Pedro foi o copista e Fructuoso fixo a iluminación seguindo o estilo da escola leonesa do s X, que se caracterizaba pola súa inxenuidade e encanto. A calidade das ilustracións, incluída a pintura cortesá que retratou os reis recibindo o libro, fixeron deste un exemplar moi apreciado polos estudiosos da arte. O seu nome variou ao longo do tempo desde o de Diurno de Fernando I ata o de Libro de Horas de Fernando I. Formado por 226 folios, sufriu a perda de varios deles e sucesivas restauracións.

    VER O DETALLE DO TERMO