"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

      1. Pouso ou sedimento que se forma no fondo de recipientes que conteñen determinados líquidos. OBS: Emprégase tamén en plural co mesmo significado do singular.

      2. Residuos que deixa a fermentación da uva ou a decantación do viño.

      1. Substancia negra, produto da combustión, que se adhire aos obxectos e ás paredes como consecuencia da exposición ao fume.

      2. Restos de ferro e carbón que quedan no lugar da forxa.

    1. Líquido negro segregado por algúns cefalólopos para defenderse.

    2. Excremento dun neonato.

    3. Mestura de terra e cal ou outras substancias que empregan os canteiros para unir as pedras coas que constrúen as paredes.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aprecio esaxerado, feito cara aos demais, das calidades propias ou dos seus intereses.

    2. Xoguete en forma cónica, rematado na parte inferior por unha punta de metal, que se fai bailar lanzándoo cunha corda.

    3. lesma do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aprecio esaxerado, feito cara aos demais, das calidades propias ou dos seus intereses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bota de coiro empregada para gardar ou levar viño.

    2. Xoguete en forma cónica, rematado na parte inferior por unha punta de metal, que se fai bailar lanzándoo cunha corda.

    3. lesma do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado dunha persoa que bebeu alcohol de maneira excesiva.

    2. e

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen está baixo os efectos do alcohol.

    2. Que ou quen se emborracha a miúdo.

    3. e

    4. Aplícase a algúns froitos, como o pexego e o melocotón, que teñen a carne moi saborosa e unha cor como a do viño tinto claro.

    5. Aplícase ao biscoito, pan ou outro alimento enchoupado nunha bebida alcohólica -especialmente viño e licor-, almíbar ou leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se emborracha con frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Escrito de primeira intención no que se poden facer supresións, mudanzas ou adicións. Constitúe un piar fundamental dentro do que se coñece como xenética textual posto que reflicte todo o proceso de desenvolvemento da escrita desde o seu comezo ata chegar ao texto definitivo.

      2. Debuxo inacabado ou imperfecto.

      3. Libro no que os comerciantes e empresarios fan anotacións para facer logo as contas.

    1. Peza de tea ou obxecto provisto dun feltro para borrar os encerados.

      1. Ferramenta dos programas de pintura e de manipulación fotográfica que borra nunha imaxe de mapa de bits. Pódese axustar o tamaño da goma de borrar virtual e a forma de borrado para adaptalo ás necesidades. Algúns programas axustan incluso a forma en que traballa o borrador, que pode borrar por completo ou soamente aclarar a cor.

      2. Calidade de impresión que se pode obter nalgunhas impresoras, coa que se poden ler ben os textos ao tempo que se gasta menos tinta ao imprimilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Tratáse dunha forma híbrida en canto á grafía, xa que o nome de lugar ao que remite é Borraxeiros, parroquia da comarca do Deza. O topónimo pode indicar un lugar abundante en borraxes ‘planta herbácea anual ou vivaz, da familia das borraxináceas’ ou ser un derivado de borralla ou borrallo ‘brasa, montón de terróns queimados no monte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada do apelido Borrageiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Borrallo.

    2. Liñaxe galega que leva como armas: en campo de prata, unha banda axadrezada de ouro e goles en dúas ordes, engulida en cabezas de dragantes, de sable (ou sinople).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Foi catedrático de Dereito do Traballo na Universitat de València e participou na fundación da Facultat d’Econòmiques da que foi director xerente. En 1967 ocupou a cátedra de Política Social e Dereito do Traballo na Universidad de Madrid. Foi director da Academia de Derecho do Sindicato Español Universitario (SEU). Colaborador da Revista de Derecho Mercantil, publicou Derecho del trabajo: (apuntes y guiones) (1967) e El cambio laboral en la década de los 90 (1991), xunto con outros autores. Realizou a edición anotada de Leyes laborales y de seguridad social (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Traballou na diocese de Tui no segundo terzo do s XVIII. Consérvanse unha custodia dourada e un cáliz en Santiago de Covelo (Mondariz), e unha cruz na parroquia de Páramos (Tui).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e dramaturgo. Coñecido como Moncho Borrajo, despois de estudar o bacharelato en Vigo, trasladouse a València, onde se formou en arquitectura. Posteriormente abandonou esta titulación e marchou á Escuela San Carlos de València, para formarse como aparellador e en Belas Artes. Nestes anos tomou conciencia da súa identidade galega e participou en diversos actos públicos interpretando cancións en galego, castelán e valenciano. En 1970 gañou o premio de debuxo universitario do Colexio de Arquitectura e en 1972 obtivo o II Premio da Canción Universitaria. Ademais, foi seleccionado para o XIII e XIV Premio Internacional de Debuxo Joan Miró. A partir de aquí realizou exposicións por diversas galerías de España. En 1976 recibiu a medalla ao mérito artístico e pouco despois fundou a biblioteca e o grupo de baile galego do Centro Galego de València. A partir de 1985 dedicouse plenamente ao mundo do espectáculo.Como humorista destacou sempre pola súa enorme capacidade para a improvisación....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou Deseño e Decoración en Madrid. Nos anos setenta asentouse en Galicia. Foi profesor de Arte na Universidade Laboral de Ourense. Traballa tanto sobre madeira como sobre aceiro, na procura dunha escultura arquitectónica onde os efectos sobre os materiais sinteticen as formas case abstractas dos apeiros de labranza. A influencia de Oteiza ou Chillida reflíctese no tratamento dos espacios interiores e exteriores das súas pezas, moitas veces resoltas seguindo fórmulas industriais. Expuxo na Mostra Atlántico-83 e na Expo-92 de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Residuo pulverulento, de cor agrisada, que queda despois dunha combustión completa. Nas aldeas aínda existe o costume de mesturar a borralla con patacas partidas para a semente, xa que esta é un magnífico fertilizante.

    2. Po moi miúdo.

    3. Chuvia case imperceptible ou néboa que molla.

    4. Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘cemento’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de borralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar da cociña de leña onde se xunta e recolle a borralla.

      2. Oco situado debaixo da porta do forno da cociña de ferro ou parte traseira da lareira, onde se depositaba a borralla logo de arder a leña.

    1. Monte de pedras e terra producido pola caída dun muro.

      1. Lugar do campo ou do monte rozado destinado a queimar as pólas e os restos que logo servirán de fertilizante.

      2. Montón de pólas ou restos que despois de queimarse, se aproveitan as súas cinsas como fertilizante para os terreos.

    2. Néboa densa e baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oco situado debaixo da porta do forno onde se recolle a borralla.

    2. Disfrace de entroido que consiste nun traxe normal con moitos farrapos, mal remendado. Leva amais un saco de cinsa e un anteface na faciana.

    VER O DETALLE DO TERMO