1 borra

1 borra

(

  1. s f
    1. Pouso ou sedimento que se forma no fondo de recipientes que conteñen determinados líquidos. OBS: Emprégase tamén en plural co mesmo significado do singular.

      Ex: Non movas moito a botella do viño porque ten borra/borras no fondo.

      Sinónimos: borro, feces, madre.
    2. Residuos que deixa a fermentación da uva ou a decantación do viño.

  2. s f
    1. Substancia negra, produto da combustión, que se adhire aos obxectos e ás paredes como consecuencia da exposición ao fume.

      Ex: Houbo un incendio e as paredes quedaron cheas de borra.

      Sinónimos: borro, feluxe, sarrio.
    2. Restos de ferro e carbón que quedan no lugar da forxa.

  3. s f

    Líquido negro segregado por algúns cefalólopos para defenderse.

    Ex: Gústanme moito as luras feitas coa súa propia borra.

    Sinónimos: borro, sepia, tinta.
  4. s f

    Excremento dun neonato.

    Ex: Axúdame a mudar o bebé para quitarlle a borra.

    Sinónimos: meconio.
  5. s f

    Mestura de terra e cal ou outras substancias que empregan os canteiros para unir as pedras coas que constrúen as paredes.

  6. s f [TÉXT]
    1. Peluxe que se extrae dos panos coas tesoiras.

    2. Desperdicios que solta a la cando se fía.

    3. Restos de algodón ou la, de escasa calidade, que se aproveitan para encher colchóns e almofadas.

    4. Parte menos fina da seda.

    1. Gotas de cera ou esperma que se derraman dunha candea acesa despois de solidificadas.

    2. s f

      Cera en rama.

  7. s f

    Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘viño’.

Palabras veciñas

borough* | Borowczyk, Walerian | Borox | 1 borra | 2 borra | 2 borra | borracha