"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toén baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Toén. Construída en estilo románico a finais do s XII e comezos do s XIII, ten unha soa nave e ábsida rectangular con arco triunfal apuntado apoiado en semicolumnas pegadas. A portada principal ten unha dobre arquivolta apuntada, con decoración axadrezada a exterior. No tímpano destaca a cruz de Malta. A cornixa decórase con métopas, canzorros e outros elementos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos feacios.

    2. Individuo deste pobo.

    3. Pobo mitolóxico de mariñeiros descendentes de Féax. Orixinarios do país de Hiperia, de onde foran expulsados polos cíclopes, chegaron ata a illa de Esqueria, xa desde a Antigüidade identificada con Corcira (Corfú). O seu rei, Alcínoo, acolleu a Ulises cando volvía de Troia e se dirixía a Ítaca, e deulle un navío no que efectuaría a última etapa da súa viaxe. Non obstante , Posidón, co permiso de Zeus, castiga os feacios transformando en rocha a nave e rodeando a capital dos feacios cunha montaña. Tamén chegaron a terras feacias os argonautas, e alí celebrouse a voda entre Xasón e Medea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo poboado de feo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e tallista. Asistiu á Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Presidiu a empresa de mármores e pedras artísticas Mármoles Feal. Traballou a talla en madeira e en pedra. Das súas obras destacan o Cristo Xacente da confraría das Angustias e o altar de mármore e bronce da igrexa de San Francisco de Ferrol, o altar de San Salvador de Fene, o altar e o Corazón de Xesús en Santa María de Neda, o cruceiro en honor de Félix Rodríguez de la Fuente en Alasca e o monumento aos fillos de emigrantes en Palmeira (Ribeira). Recibiu, entre outros galardóns, a insignia de ouro de Ferrol e a Medalla ao Mérito Artístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de feo.

    2. Entidade abstracta constituída polas cousas feas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción, en estado ruinoso, situada en San Vicente de Elviña (A Coruña). Tiña planta en forma de L con patín e capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador noruegués. Realizou augafortes, e nas súas paisaxes apréciase a influencia de J. Constable e C. D. Friedrich. Das súas obras destacan Fervenza de La-Bro e Fervenza ao lado dun muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Aranga baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de santo Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cariño baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro pertencente á diocese de Ourense. Documentado no s XIII, puido estar situado no concello de Calvos de Randín ou no de Boborás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, unha banda de prata engolada en cabezas de dragóns, de sinople, lampasados de goles, e acompañada no alto dunha lúa tornada de prata, e dentro desta, máis preto da súa punta inferior, unha estrela do mesmo metal e no baixo, de dous caldeiros de prata, coas bocas abaixo e caídas as asas, superadas de cinco panelas do mesmo metal, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe epónimo dos feacios, fillo de Posidón e da ninfa Corcira. Reinou na illa de Corcira (Corfú) e tivo dous fillos, Alcínoo, o seu sucesor, e Locro, epónimo dos locrios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1957 para promover a cooperación entre institucións, entidades, organismos e persoas que por todo o mundo se dedican á investigación teatral. Publica a revista Theatre Research International, e celebra un congreso cada catro anos, xunto con seminarios e outras actividades. Ocúpase da supervisión de traballos como a World Encyclopedia of Contemporary Theatre e dun importante banco de datos sobre bibliotecas, museos, fondos bibliográficos, investigadores e liñas de investigación arredor do feito teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de descentralización teatral que se iniciou en 1935 e que constituíu a primeira iniciativa de financiamento público das artes escénicas en EE UU. Dirixido pola directora Hallie Flanagan, tiña como obxectivo ofrecer traballo aos profesionais da escena afectados pola crise económica e promover a difusión dos produtos escénicos en todo o territorio estadounidense, con espectáculos para todo tipo de públicos, desde a infancia e a mocidade ata as minorías lingüísticas emigrantes. Nas diferentes unidades de produción que se estableceron atópanse artistas notables como Orson Welles, Arthur Miller, Paul Green ou Elmer Rice. Produciu centos de espectáculos que foron contemplados por decenas de millóns de espectadores, e na maioría deixábase sentir unha lectura crítica da realidade social e política dunha época chea de conflitos e transformacións, e esa foi a causa de que en xuño de 1939 o Congreso dos EE UU cancelase o proxecto e acusase aos seus promotores e directores de esquerdismo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba realizada para detectar os azucres redutores presentes nunha solución mediante unha disolución de sulfato de cobre(II) e outra de tartrato sódico alcalino. Mestúranse estas dúas disolucións en cantidades iguais e, se hai axente redutor, aparece un precipitado de cor vermella. Descubriuna o químico alemán H. Ch von Fehling.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución de sulfato de cobre(II), hidróxido de sodio e tartrato sódico-potásico (sal de Rochelle) que se emprega para detectar azucres, aldehidos e outras substancias redutoras nunha solución, polo feito de que a acción do reactivo produce óxido de cobre(I) (Cu2O) de cor vermella. Descubriuno o químico alemán H. Ch von Fehling.

    VER O DETALLE DO TERMO