"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Activista libertario galego. Dirixiu en Catalunya o xornal Tierra y Libertad, participou no comité de folga durante a Semana Tráxica e formou parte da comisión clandestina da CNT catalá en 1913 e 1914. Participou no Congreso Internacional da Paz celebrado en Ferrol (1915) e celebrou mitins en Betanzos, Pontedeume, Santiago de Compostela e A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Foi un dos primeiros en considerar a natureza eléctrica da materia e, xunto con FitzGerald, explicou o resultado contraditorio do experimento de Michelson sobre a velocidade da luz. A súa idea sobre a contracción da materia producida polo movemento conduciu á teoría da relatividade. Recibiu, o Premio Nobel de Física (1902), xunto con Zeeman, polos seus descubrimentos sobre a influencia do magnetismo no fenómeno da radiación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formulación matemática que, na teoría da relatividade, dá a correspondencia entre as coordenadas x, y, z, t dun sistema de referencia inercial s e as coordenadas x’, y’, z’, t’ doutro sistema S’ que se move cunha velocidade v rectilínea e uniforme respecto ao primeiro e ao longo do eixe x. Se nestas relacións se consideran velocidades v moi inferiores á da luz, obtéñense as fórmulas de transformación de Galileo da mecánica clásica (principio da relatividade de Galileo). Na transformación dun segmento, canto máis grande é a velocidade v do sistema móbil S’ respecto ao s, máis pequeno se ve o segmento no sistema móbil. Este fenómeno denomínase contracción de Lorentz-FitzGerald.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo e deputado. Foi denunciado á Inquisición en diversas ocasións entre 1796 e 1820 por defender posicións atrevidas en materia teolóxica e en 1809 por colaborar cos franceses. Tralo retorno do absolutismo sufriu unha nova persecución (1814-1820). Deputado nas cortes liberais (1820-1823), en 1825 sufriu a represión dos absolutistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Lourenzá. De carácter familiar, foi doado no 969 ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Arcebispo (1772) e cardeal (1789) de Toledo, foi tamén arcebispo de México (1766). En Toledo, fomentou os estudios históricos e litúrxicos e traballou para a conservación do rito mozárabe, do que editou o Breviario. Renunciou ao arcebispado da cidade para quedar en Roma, despois de organizar o cónclave para a elección de Pío VII. Publicou o SS. PP. Toletanorum quotquot exstant opera (en tres volumes, 1782-1783).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e tipógrafo. Membro do consello federal da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Trabajadores (AIT), foi delegado na Conferencia de Londres da AIT (1871). Estableceuse en Barcelona (1874) e ingresou na Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) en 1885. Realizou unha intensa actividade de publicista e formou parte da redacción de Acracia (1886-1888) e El Produtor (1887-1893). Foi o introdutor do sindicalismo revolucionario francés, xunto con José López Montenegro. Desterrado polos feitos da Semana Tráxica de 1909, volveu a Barcelona en 1910 e escribiu El estado (1985), El banquete de la vida (1905), El proletariado militante I e II (1901-1910), El pueblo (1910) e Vida anarquista (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo e historiador. Coñecido como Xocas, foi alumno de R. Otero Pedrayo en Ourense e estudiou filosofía e letras en Santiago de Compostela e Zaragoza. Incorporado ao Grupo Nós, colaborou asiduamente na revista Nós, ademais doutras publicacións galegas e do estranxeiro. Ao comezo da Guerra Civil Española ferírono e durante a súa convalecencia formouse no seu domicilio un destacado parladoiro ao que acudían R. Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas e González Salgado. Ademais, durante esa etapa aproveitou para ler numerosos clásicos galegos e portugueses cos que foi enriquecendo a súa formación intelectual. Posteriormente, exerceu a docencia en Ourense, primeiramente no Instituto e logo no colexio Cardenal Cisneros, e investigou principalmente nos eidos da etnografía, o folclore e a prehistoria de Galicia. Apoiado por Florentino Cuevillas e polo profesor Lluís Pericot realizou diversas escavacións en castros, como a do castro de san Cibrao de Las (1948-1949), en mámoas e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo, xornalista e político. Líder da agrupación do PSdeG-PSOE en Ferrol, traballou en El Correo Gallego e dirixiu o xornal socialista El Obrero. Foi concelleiro en Ferrol en abril de 1931, deputado durante a Segunda República (1931-1936) e participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de 1936. Despois da Guerra Civil Española exiliouse en México, onde escribiu en diversos xornais da emigración e participou na sesión parlamentaria dos exiliados (1945). Foi secretario de Alianza Nazonal Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Francis Lorenzo, comezou a súa actividade como actor no Centro Dramático Galego. En 1985 participou nalgunhas montaxes do Centro Dramático Nacional e a partir de 1990 participou en distintas series de televisión, das que destacaron Médico de familia e Compañeros. En cine traballou con directores como Antonio Drove, Jaime Chávarri e José Luis García Sánchez, e nos filmes Antártida (1995), El Florido pensil (2002) e El año del diluvio (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de programación. Estudiou na Escola de Enxeñeiros Industriais de Madrid e formouse en dirección de teatro e cine pola TAI. Traballou como enxeñeiro de sistemas na central nuclear de Trillo, foi director comercial de RTVE e director xeral de Antena 3 TV (1993-1998). Desde ese ano ocupou os cargos de director xeral de Canal+ e de contidos de programación da plataforma DIGITAL+ de Sogecable ata xaneiro de 2004. Participou como actor secundario nos filmes París-Tombutú (1999), Gitano (2000), Sin noticias de Dios (2001) e Historia de un beso (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Lores (Meaño). En 1688 xa se constata a súa existencia. Conta cunhas escaleiras de acceso ao atrio e varias construcións anexas. Ao pé das escaleiras atópase unha fonte que se supón milagrosa. É moi coñecida a romaría de san Bieito a este santuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán, situado nunha zona montañosa das serras de Zagros (28.392 km2; 1.656.952 h [estim 2001]). Comprende as terras de pasto e os establecementos das tribos lurs. Ten agricultura e practícase o nomadismo. A súa capital é Khorramābād (272.851 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na represión da revolta republicana en Ferrol (1872) e ascendeu a capitán e a xeneral de Brigada. Loitou contra os carlistas e Afonso XIII concedeulle o título de conde do Grove. Escribiu Tratado de balística de las armas rayadas (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Ingresou no Colexio de Artillería en 1799 e participou na Guerra de Indepedencia. Pola súa ideloloxía liberal foi nomeado xefe político interino de Galicia e presidente da Deputación galega (1822). Director da Fábrica de Armas de Trubia e de Sargadelos, en 1828 acadou o grao de tenente coronel e foi profesor da Academia de Artillería, director da Mestranza da Coruña (1833) e gobernador da Coruña (1834). Representou a Galicia no parlamento nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841. Ascendeu a brigadier en 1842 e chegou a mariscal de campo en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, na costa occidental de EE UU (3.694.820 h [2000]; 16.373.645 h [2000] na área metropolitana). Situada ao pé da Cordillera Litoral, esténdese pola chaira litoral desde os montes de San Gabriel ata as baías de San Pedro e de Santa Monica. O seu desenvolvemento demográfico foi constante e constitúe a segunda metrópole do país. A composición étnica da poboación, moi heteroxénea, rexistra importantes colonias de mexicanos, chineses, xaponeses, filipinos e negros. O núcleo primitivo da cidade é da primeira metade do s XIX, e presenta un aspecto colonial español. É centro turístico grazas á explotación das súas praias, como as de Long Beach ou Santa Monica, así como pola sona das súas residencias de inverno, aínda que o elemento máis importante para o auxe inicial da explotación turística foi o asentamento dos estudios cinematográficos na ladeira de Hollywood, ao NO de Los Angeles. A explotación e refinamento do petróleo, xunto coas construcións aeronáuticas, son...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en EE UU en 1881 por Nathan Cole e Thomas Gardiner. Ao ano seguinte, o coronel Harrison Gray Otis converteuse en socio desta publicación e da Weekly Mirror, e fusionounas para crear o grupo Times-Mirror Company (1884). A partir da década de 1960, a publicación comezou a súa expansión e pasou a ser unha das máis relevantes do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión da resistencia dos áridos no desgaste. Maniféstase pola diminución das dimensións das partículas dunha mostra (expresadas en porcentaxe en peso, sobre o peso inicial, das partículas que non pasan por unha criba determinada) experimentada pola fretaxe das partículas coas bólas de aceiro que contén o aparato de ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía, forma parte do PSOE dende 1979 e exerceu a medicina ata a súa elección como concelleiro do Concello da Coruña en 1983. Durante a súa carreira na corporación municipal xestionou as áreas de Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo. Tras desempeñar os cargos de tenente de alcalde e portavoz do Goberno municipal, é alcalde da Coruña dende marzo do 2006, despois de que Francisco Vázquez fora nomeado embaixador no Vaticano. Losada renovou nas eleccións xerais de marzo do 2008 a súa acta de senador pola provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Coordinou a administración local no Val de Lemos durante a República e, en 1978, foi vicepresidente da comisión mixta de transferencias Xunta-Deputacións e vogal da comisión de toponimia de Galicia. Publicou, en colaboración con Eduardo Seijas, a Guía del camino francés de la provincia de Lugo (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO