"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritor e político. Formouse na Universidad de Deusto e, ao graduarse (1906), regresou a Galicia, onde exerceu como profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor na Universidade de Santiago de Compostela. Simultaneou a actividade académica cos estudios de dereito e coas primeiras incursións en política, na Estrada. Entrou en contacto co rexionalismo galego influído polos discursos de Salvador Cabeza de León, pero o seu contorno familiar, de ideoloxía carlista e tradicionalista, marcou profundamente a súa traxectoria dentro da política nacionalista galega. Os tres grandes piares que constituíron o seu pensamento foron o agrarismo, o galeguismo e o catolicismo. En 1911 trasladouse a Madrid e gañou as oposicións a cátedras de Instituto. Foi destinado a Toledo, e en 1914 permutou a praza e trasladouse a Ourense para exercer a cátedra en Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos. Nesa cidade comezou a súa participación máis activa en movementos de carácter agrarista e católico, e tamén na súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi bispo de Mondoñedo (1761-1779) e impulsou a reforma do seminario da diocese, que comezou coa construción dun novo edificio. Contou coa axuda económica de Xosé Martínez Arce, ex-arcediago de Trasancos, a cambio de abrir no seminario unha escola para nenos, e conseguiu tamén a incorporación dos estudios de filosofía e teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao escudo ou peza completamente chea de losanxes e sen apenas espazo baleiro ente eles, alternando metal e cor. Xeralmente os losanxes son verticais, pero tamén poden representarse en banda ou en barra.

    2. Aplícase ao escudo en losanxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura romboidal que se coloca de xeito que un dos ángulos agudos forma o pé e o seu oposto a cabeceira.

    2. Figura con forma de rombo. As pezas poden estar formadas con losanxes xustapostos e pode pórse en pao, banda, cruz, faixa e barra.

    3. Escudo que ten a forma de losanxe asentado sobre un dos seus ángulos agudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico austríaco. Estableceu a fórmula, non sempre correcta, de moitos compostos químicos e, en 1865, foi o primeiro en calcular o número denominado de Loschmidt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Lalín. Dependeu do mosteiro de Piloño e a partir de 1175 foi priorado de San Lourenzo de Carboeiro. A igrexa que se conserva data do s XII e só segue en pé a ábsida xa que se perdeu a nave. O arco triunfal é de medio punto, con estela sobre columnas encastradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade da transposición de Hofman en que a descomposición dos acilos derivados (como o benzoilo), con axuda de bases como catalizadores forma os isocianatos, que se descompoñen e dan lugar ás aminas primarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade estratigráfica en desuso, pertencente á parte superior do piso Sinemuriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión situada en Escocia, Reino Unido (1.770 km2; 723.700 h [1991]). A súa capital é Edimburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Propúxose establecer unha filosofía que combinase a tradición idealista alemá cunha sólida visión das ciencias da natureza. Foi o autor dos tratados Metaphysik (1841) e Logik (1843), correspondentes aos dous volumes do System der Philosophie (1874-1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Louangphrabang, Laos, situada á beira do Mekong (68.399 h [1985]). É unha antiga residencia real e un centro do budismo laosiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (16.875 km2; 367.200 h [estim 1995]). A súa capital é Louangphrabang.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen actúa con astucia ou picardía para realizar algo que lle convén ou do que vai conseguir algún proveito.

    2. lacazán.

    3. Que ou quen é descoidado no seu aspecto e con escasa desenvoltura nos seus xestos e modos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saltador. Coñecido por Greg Louganis, está considerado o mellor saltador da historia. Gañou a medalla de ouro en trampolín e en plataforma nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984) e nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e foi cinco veces campión do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do S de EE UU, situado na costa do golfo de México (123.677 km2; 4.468.976 h [2000]). A súa capital é Baton Rouge. Limita ao N co estado de Arkansas, ao L co de Mississippi e ao O co de Texas. O relevo é plano, formado por amplas chairas aluviais do baixo Mississippi, o seu delta e o seu afluente Red. A costa é baixa e pantanosa. O clima é húmido e moi caloroso. A poboación está formada polos descendentes dos colonos de orixe francesa e británica. Máis do 56% da poboación é urbana e máis da terceira parte é negra. A cidade máis importante é New Orleans. As condicións agrícolas son excelentes e cultívase arroz, cana de azucre, laranxas, algodón e tabaco. A cría de cabalos é tamén moi importante. As principais industrias son as refinerías de petróleo e azucre, a industria pesqueira, a madereira, a do papel, a do alcohol e a peletería. Explorada polos españois desde 1519, os franceses iniciaron a súa conquista a finais do s XVII e denominárona Louisiana na honra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Arteixo. Foi construída no s XII, en estilo románico, do que conserva a ábsida orixinal, abovedada con dous arcos apuntados e reformada no s XIX con compoñentes neoclásicos. O retablo é obra de Ferreiro e do pintor Landeira (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado á beira do Miño, preto de Ourense. Puido fundalo o abade Senior no s IX e ser doado ao mosteiro de Celanova por Ramiro II a petición de san Rosendo no ano 941 . Na actualidade é a igrexa de San Martiño de Alongos (Toén).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mos. Caracterízase por conservar a porta e o tímpano románicos, con ornamentación por ambos os dous lados. O anverso decorouse cunha cruz rodeada de rosetas con bólas e con axadrezado e o reverso cun entrelazado cruciforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado á beira do Miño preto de Santa Ouxea, entre os concellos de Barbadás e Toén. Foi fundado polo confeso Fafila e o seu fillo Egas, que o doaron no ano 952 e, dirixido por san Rosendo e o abade Fránquila, polo que pasou a depender de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado aos pés do coto Louredo ou coto do Castro, no concello de Barbadás ou Toén. Foi fundado antes do s X e pertenceu a Santa Comba de Naves.

    VER O DETALLE DO TERMO