"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción situada en Cambeda (Vimianzo). Ten planta rectangular con muros de cachotaría e cantaría. Destaca o escudo de pedra coas armas dos Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha banda de sinople, cargada dunha aguia, ao natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. A súa obra evolucionou desde a figuración e o cubismo ata a abstracción xeométrica, con cores planas e puras sobrepostas, e liñas rectas e oblicuas. Influenciado por Kandinskij, Mondrian ou Paul Klee caracterizouse pola súa tendencia á depuración e á simplificación matemática. Aínda que realizou estudos de arquitectura, a partir de 1939 dedicouse á pintura. En 1954 realizou a súa primeira escultura, faceta artística que abandonou para retomala en 1963. Destacan Homenaje a Paul Klee (1948) e as series Ascendente (1954) e Monroy (1974). Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1999), a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1982) e o Premio Velázquez de las Artes (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado a poucos quilómetros ao SL da capital provincial (1.727 h [2001]). A súa economía é agrícola e gandeira, con industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. De nome Aldo Giurlani, formou parte dos movementos literarios vangardistas. Loitou contra o convencional, polo que participou en diversas revistas de compromiso social e escribiu o manifesto futurista Il controdolore (1914). Publicou I cavalli bianchi (1905), Il codice di Perelà (1911), Le sorelle Materassi (1931), I fratelli Cucoli (1948) e Viaggio sentimentale (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Artes (Carballo). Ten planta rectangular e dous andares, cun engadido perpendicular nunha das esquinas. Foi construído en cachotaría agás os vans, os esquinais e a cheminea, que foron realizados en cantaría. Na fachada principal destaca o escudo de armas dos Villardefrancos, Bermúdez, Castro, Pardiñas e Moscoso, enmarcado nun frontón. Conserva un hórreo, unha capela e unha fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilaza (Gondomar). Presenta planta en forma de L, cun corpo baixo engadido. Realizado con granito enfoscado nalgunhas partes, na fachada N ten unha escaleira que desemboca nun patín e se prolonga nunha balconada. Ten unha pequena solaina e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado no pantoque do barco ao ser este levantado por unha onda e chocar coa seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reporteiro gráfico especializado en fotografar famosos sen o seu consentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave duns 14 cm, que se caracteriza pola presenza dunha mancha azul no peito do macho na súa plumaxe estival, mentres que no outono a gorxa é branca ao igual ca as femias. Os dous teñen a parte superior do corpo parda e a inferior branca, e dúas manchas vermellas na cola. As patas e pico son negros. En España pode observarse a súa presenza de paso como ave estival no norte e como invernante no sur. En Galicia a súa presenza é rara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada de Amoeiro (Amoeiro). Trátase dun edificio de grandes dimensións e con dúas plantas en forma de L. Situado nun terreo con pendente descendente, destaca a fachada sur cunha solaina cun longo tramo corrido sobre trece columnas e unha balaustrada de granito. Conta cun patio que discorre paralelo ao lado máis longo. A parte máis curta do L remata na súa parte máis exterior nunha torre cun balcón. Nos arredores sitúanse construcións de uso agrícola e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Parada (Nigrán). Posiblemente construída en dúas etapas entre os ss XVI e XVIII, mantén parte da súa estrutura orixinal aínda que perdeu os signos de fortaleza. Destaca a escalinata e os balcóns sobre canzorros de fábrica barroca. Ten un portón en arco de medio punto rematado por pináculos con bólas e cara a un lado un escudo de armas dos Araúxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel que recobre a parte externa de certos tipos de froitos ou tubérculos, especialmente cando se separa ao pelalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos parazoos.

    2. Animal do grupo dos parazoos.

    3. Grupo de animais eucariotas pluricelulares sen verdadeiros tecidos que só inclúe o filo dos poríferos ou esponxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Evolucionou desde o realismo poético dos primeiros libros, Vint poemes civils (1967), ata a unha poesía máis elaborada e vinculada á lírica europea e estadounidense, como en Latituds dels cavalls (1973), Focs d’octubre (1992, premio Ciutat de Barcelona) e Natura morta amb nens (2000). Traduciu ao catalán The Haw Lantern (1993, Premio de la Crítica Serra d’Or) de Seamus Heaney e The Lord of the Rings (1954) de J. R. R. Tolkien, e reuniu a súa obra poética no libro Triomf del present. Obra poètica 1975-1983 (1991, premio Lletra d’Or 1992). Foi presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1998) e, desde 1998, da Institució de les Lletres Catalanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Salcedo (Pontevedra). Ten planta en forma de U e capela de planta rectangular con entrada pola edificación e polo exterior. Ten un hórreo sobre o muro exterior da leira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sobrán (Vilagarcía de Arousa). Construírono en 1591 Xoán Daval e María Pérez de Leiro. Posteriormente pertenceu aos marqueses de Casa Pardiñas. Ten dous andares e planta rectangular, unida a unha torre de tres alturas. No exterior destacan o balcón voado sobre canzorros. Ten unha capela que data de1598.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora, condesa de Pardo Bazán. De familia nobre, trasladouse a Madrid en 1869, e alí entrou en contacto cos parladoiros literarios, o Ateneo e o mundo aristocrático, ademais de asistir con asiduidade ás sesións do Congreso. As súas viaxes por Francia, Inglaterra ou Italia foron moi enriquecedoras para a súa formación, e nelas coñeceu a diversos personaxes como os irmáns Goncourt e É. Zola. Foi unha muller cunha cultura literaria moi extensa, xa que leu con especial interese a autores da literatura europea da súa época como Juan Valera, Benito P. Galdós, Peray e Vitor Hugo, e sobre todo a un emerxente Émile Zola. A súa curiosidade intelectual estendeuse tamén a outros campos, como a filosofía e a ciencia. A súa produción literaria comezou coa publicación do libro de poemas Jaime (1876), dedicado ao seu fillo. Despois do éxito logrado con esta obra, o seu traballo literario centrouse na publicación de ensaios en revistas, feito que a colocou na vangarda da crítica literaria de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e militar. Formou parte do Batallón Literario durante a Guerra de Indepencia e acadou o grao de tenente coronel. Presidiu a primeira Xunta de Censura (1810) e formou parte no Trienio Liberal da Deputación Provincial da Coruña. En 1821 asinou unha denuncia contra o goberno pola falta de liberdade de prensa e foi deputado nas Cortes por Pontevedra (1834-1836).

    VER O DETALLE DO TERMO