"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
Que está cheo ou sucio de borralla.
-
Que é da cor da cinsa.
-
Aplícase ao tempo meteorolóxico cando hai moita néboa.
-
-
-
Brasa miúda que se conserva baixo a cinsa para manter vivo o lume.
-
Morea de terróns queimados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que pode ter a súa orixe nun alcume ou ben nun topónimo. Tanto o alcume como o topónimo deben remitir ao substantivo común borrallo ‘brasa; montón de terróns queimados no monte’, termo procedente de borra composto coa base prelatina *borr- ‘montón’. Como alcume podería caracterizar a un individuo ao que lle gustaba estar a carón do lume, xunto á borralleira.
-
-
Trazo, deseño ou debuxo mal feito.
-
Mancha producida por unha gota de tinta que cae sobre o papel no que se está a escribir ou risco que se fai sobre algo escrito.
-
Escrito cheo de riscos ou de letras que non se entenden, especialmente o que fan os nenos nos seus primeiros exercicios caligráficos.
-
-
-
Facer desaparecer por calquera medio o que está escrito, debuxado, pintado ou gravado. OBS: O complemento directo pode ser o obxecto que contén o que se borra.
-
Facer raias sobre algo que está escrito para impedir que se poida ler ou para invalidalo.
-
Provocar que algunha cousa desapareza. OBS: O suxeito é sempre inanimado.
-
Facer desaparecer a imaxe, o recordo ou as pegadas de algo inmaterial da memoria individual ou colectiva.
-
Dar(se) de baixa nunha lista, asociación ou outro organismo.
-
Desaparecer algunha cousa que está escrita, pintada, impresa ou gravada.
-
Irse da memoria individual ou colectiva.
-
-
Poñer a cero unha báscula flip-flop ou unha posición de memoria.
-
Facer que unha pantalla quede en branco. En moitas versións de BASIC e outros contornos interactivos, o comando Clear ou ben asigna todas as variables como cero, ou libera a memoria que se lle asignara para fins específicos como, por exemplo, matrices.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de Fuliola (Lleida). A rama galega viu desde Mallorca e estableceuse en Pontedeume. Algúns dos galegos levan as mesmas armas ca os das Illes Balears: escudo cortado coa primeira partición, en campo de prata, cun touro andante ao natural; e a segunda partición, axadrezado de ouro e sable.
-
PERSOEIRO
Actor. Consagrouse definitivamente co personaxe Manelic de Terra baixa (1897). Estivo no Romea en calidade de primeiro actor e codirector (1901-1904). Actuou en Madrid -con interpretacións en El alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca e en El abuelo de B. Pérez Galdós- e en América Latina. Volveu a Barcelona (1917) e actuou no Poliorama (1936-1939). En 1939 reapareceu coa estrea La santa hermandad de E. Marquina e La santa virreina de J. M. Pemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Alteración atmosférica forte acompañada de vento, chuvia e, ás veces, raios, especialmente no mar.
-
Centro de baixas presións (presións inferiores a 1.013 mb) da atmosfera. As borrascas que afectan a Galicia están asociadas á fronte polar e proceden do Océano Atlántico, polo que ao chegar ao país adoitan deixar precipitacións.
-
-
-
Que anuncia borrasca ou ten as súas características.
-
Con moita axitación ou violencia.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Activo en Girona na segunda metade do s XIV, foi discípulo de Pedro Serra. Traballou na sé de Girona en 1380 e, en 1383, estableceuse en Barcelona. Realizou, entre outros, os retablos dos Set Goigs de la Mare de Déu (Os sete gozos da Nai de Deus), para Copons (1402); do Salvador de Sant Salvador de Guardiola (Bages); da capela de Sant Antoni, da sé de Manresa (1410); retablo maior de Sant Pere de Égara, en Terrasa (1411); retablo maior do convento de Santa Clara, de Vic (1415). No ano 1419 cobrou o remate do retablo maior do mosteiro de Santes Creus, comezado por Guerau Gener. Foi o representante máis coñecido da pintura gótica catalana, caracterizado polo Expresionismo, a forza da cor e a variedade de policromía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que compraba e vendía borra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[Borago officinalis, Fam das boraxináceas]
-
-
Néboa mesta e baixa, formada con frecuencia sobre o mar.
-
Envolvemento do aire debido á auga que absorben os núcleos de condensación existentes na atmosfera. Por arrefriamento do aire, condénsase o vapor de auga e aumenta o envolvemento ata formarse unha néboa de arrefriamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo onde se plantan ou nacen as borraxes.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Borrageiros.
-
Liñaxe orixinaria de Borraxeiros, en Agolada. Emprega as variantes gráficas Borrageiros, Borragueiros ou Borrajeros. As súas armas levan, en campo de goles, un carballo ao natural e, detrás del, unha barra de ouro; bordo tamén de ouro. Outros traen, en campo de goles, unha árbore de sinople, perfilada de prata, saínte da punta do escudo e, detrás dela, unha barra de ouro; bordo do mesmo metal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Real Despacho do 21 de xaneiro de 1761, co vizcondado previo de Parada (Amoeiro) a Xaquín Salgado e Enríquez, señor da xurisdición e fortaleza de Borraxeiros, en Agolada. En 1958 este título foi rehabilitado por Manuel Taboada Roca. Leva como armas, escudo acuartelado: primeiro cuartel, coas armas dos Taboada; segundo cuartel, coas armas dos Camba; e terceiro cuartel, coas armas dos Salgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en San Cristovo de Borraxeiros (Agolada). De planta rectangular, está articulado en dúas alturas: planta baixa e piso. A cuberta é a catro augas. No interior alberga un patio central. As ameas e as torres nos ángulos danlle un aspecto de fortaleza. Conserva armas dos Salgado e dos Fiaños.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Agolada. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII e reconstruído en 1705, só resta unha porta situada na fachada principal e parte dos muros da nave. No interior, a nave presenta dous pares de columnas entregas con capiteis de follas, unha das bases está decorada con arquiños de ferradura e de medio punto. A portada conta cunha dobre arquivolta, decorada con bólas, que se sostén sobre catro columnas con capiteis vexetais con mazás. O tímpano decórase co relevo dunha cruz grega rodeada por un semicírculo de arquiños de ferradura.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina literaria coa novela Cabeza de chorlito (1991), traducida ao castelán en 1993, e continuou con Criminal (1994), coa que acadou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega e o Premio San Clemente de lectores novos; Eu é (1996) e Contos malvados (1998). Ten participado ademais en varias publicacións colectivas como Antídotos contra a suor, promovido por O Correo Galego en 1995, co relato “Os gardacostas”; en Novo do trinque (1997) coa narración “Publicidade sen lucro”, e en Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas co relato titulado “Graceland”.
VER O DETALLE DO TERMO