"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de desnaturar.
-
Adición a un produto alible de substancias tóxicas, colorantes ou de cheiro desagradable para facelo inalible para as persoas ou os animais, pero utilizable para uso industrial, como é a adición de metanol ao etanol ou o uso agrícola, como é o tratamento de cereais con colorantes indicadores.
-
Modificación da estrutura dun biopolímero por mor dun cambio nas condicións físicas ou químicas do medio, que conduce á perda das súas propiedades naturais. Supón a deformación das cadeas polipeptídicas ou da dobre hélice. No caso das proteínas realízase o tratamento con ácidos, bases ou raios X, e no caso do ADN quentando a mostra que o contén a 90°C ou incubándoa cun pH maior de 10,5.
-
Proceso de engadir outro isótopo a un material fisible co obxecto de facelo inadecuado para o seu uso en armas nucleares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desnaturalizar ou desnaturalizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descomposición dos nitratos do solo en nitritos que, posteriormente, se reducen a nitróxeno molecular ou a óxidos de nitróxeno que pasan á atmosfera. Os nitratos e nitritos actúan como aceptores terminais de electróns na cadea respiratoria coa participación de citocromos e da nitrato ou nitrito redutasa. É un proceso xeralmente anaeróbico que realizan as bacterias desnitrificantes, como Pseudomonas denitrificans, que son máis activas nun medio neutro, rico en materia orgánica e pouco aireado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso político e estratéxico internacional que tende á creación de zonas onde se prohiba a fabricación e almacenamento de armas nucleares. Os precedentes desta proposta son o Tratado do Antártico (1959) e o Tratado de Tlatelolco (1967). Os países escandinavos chegaron a diversos acordos que limitaban a produción e a permanencia no seu territorio de enxeños nucleares, nun proceso de desnuclearización da zona nórdica. Noutros lugares de Europa iniciáronse tentativas semellantes na procura dun proxecto global promovido polo movemento European Nuclear Disarmament co obxectivo de liberar o territorio europeo de armas nucleares, de bases aéreas e submariñas, de centros de investigación e de produción nucleares, e converter Europa nunha “zona franca nuclear”. A eclosión de movementos pacifistas e ecoloxistas nas últimas décadas está directamente ligada a esta preocupación.
-
-
Acción de desnutrir ou desnutrirse.
-
Trastorno na nutrición debido ao predominio da desasimilación (catabolismo) sobre a asimilación (anabolismo); isto provoca un depauperamento progresivo do organismo que pode acabar en caquexia. As causas máis frecuentes son o déficit da alimentación global ou dun dos elementos nutritivos necesarios, a perda da fame, as enfermidades infecciosas, tumorais e endocrinas e os trastornos dixestivos que conlevan unha síndrome de mala absorción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desobstruír.
-
-
Acción de desocupar ou desocuparse.
-
Situación na que se encontra o que non ten traballo.
-
olume da diferenza entre o número de horas traballadas e as que poderían traballar as persoas con capacidade para facelo.
-
-
-
Acción de desodorizar.
-
Eliminación dos compoñentes causantes de cheiros desagradables en alimentos como a auga, o leite, a fariña de peixe, a soia, os aceites ou as graxas. Utilízanse técnicas de quecemento, destilación e absorción de forma unitaria ou en combinación.
-
Eliminación dos fedores e cheiros estraños dun local, dun frigorífico ou de calquera obxecto. Empréganse substancias oxidantes que destrúen os cheiros, como o cloro, a auga osixenada, o cloruro de calcio ou o ozono.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desoficializar.
-
-
Acción e efecto de desolar ou desolarse.
-
Pena ou tristeza moi grande.
-
Destrución de todo o que hai nun lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desoleificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
exoneración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desopilar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separación de substancias adsorbidas sobre un sólido, polo contacto cun fluído adecuado. É a operación inversa á adsorción e adóitase realizar despois desta para recuperar os compoñentes adsorbidos durante a mesma e para rexenerar o adsorbente sólido.
-
-
Acción de desorganizar ou desorganizarse.
-
Estado do que manifesta falta de organización.
-
-
-
Acción de desorientar ou desorientarse.
-
Falta de orientación.
-
Síntoma de alteración mental nos estados de confusión e nas demencias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación do osíxeno libre, non combinado, dalgún produto que o contén disolto, mesturado ou fixado fisicamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desoxidar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que determina a perda do trazo normalmente palatalizado dunha articulación nunhas circunstancias determinadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desparasitar.