"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla voante que contén as sete cantigas de amigo de Martin Codax. Identificado na tradición manuscrita galego-portuguesa coas siglas R, PV ou N, foi escrito a finais do s XIII ou comezos do s XIV e conserva a notación musical de seis das cantigas. Presenta particularidades paleográficas próximas ás do Cancioneiro da Ajuda e ao das Cantigas de Santa María, e na súa elaboración participaron polo menos tres persoas. O pergameo, utilizado para encadernar un códice do s XIV, foi descuberto polo libreiro Pedro Vindel (1914) en Madrid e a primeira noticia da súa existencia publicouse na revista Arte español. Posteriormente foi adquirido polo musicólogo Rafael Mitjana, ata que pasou ao bibliófilo Otto Hass e, finalmente, vendeuse en 1977 á Pierpont Morgan Library, de Nova York. Del fixéronse diversas edicións facsímiles en 1915, 1982 e 1986.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Misia, situada a uns 20 km do Mar Exeo. O seu territorio corresponde con Bergama, en Turquía. Coñecida desde o 401 a C, Filetairo converteuna en capital do reino dos atálidas (282-133 a C). Viviu o apoxeo do cuarto reino helenístico no s II a C, sobre todo grazas á alianza de Eumenes II con Roma, contra os seléucidas. Atalo III entregou a cidade aos romanos e chegou a ser capital da provincia de Asia. Foi centro de cultura helenística, cunha importante biblioteca fundada por Eumenes II. Nos seus talleres reais houbo especialistas en pergameo e cerámica bronceada. Destaca o altar de Pérgamo, santuario helenístico, consagrado a Zeus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola neoplatónica fundada no s IV por Edesio e difundida por Flavio Claudio Xuliano. Destacaron os mestres Máximo, Crisanto, Pricio, Eusebio, Salustio e Eunapio de Sardes, que escribiu Vidas dos sofistas (400?), unha crónica da escola.
-
-
Enreixado, xeralmente de madeira, disposto a modo de teito e sostido por pilastras ou columnas, en que se colocan cepas ou plantas gabeadoras.
-
Especie de xardín que teñen algunhas casas nas partes altas ou terrazas.
-
Estrutura formada por columnas levantadas sobre un muro baixo e coroadas por un lintel que se colocaba entre o presbiterio e a nave da basílica paleocristiá para servir de elemento divisorio. É o precedente do iconostasio e, probablemente, da balaustrada que nas igrexas occidentais separa o presbiterio.
-
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudou en Nápoles con F. Durante e Francesco Feo. Deuse a coñecer con música relixiosa, especialmente cunha Misa solemne e co drama sacro San Guglielmo d’Aquitania (1731). Compuxo óperas serias, como La Sallustia (1731), e intermezzi cómicos como o titulado La serva padrona (1733). Tamén escribiu unha Misa romana en fa maior (1734) e a célebre Stabat Mater (1736), ademais doutras óperas serias e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas).Ten planta en forma de U e dúas alturas; á principal accédese por unha dobre escalinata con solaina, sostida por columnas e cunha balaustrada. O recinto completouse cun hórreo e unha capela exenta de grandes proporcións e planta rectangular, e está rodeado dunha muralla cun gran portal de acceso que leva o escudo de armas dos Correa.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter comarcal editada en Carballo a partir de 1997. Estaba dirixido por Xosé Manuel Lema e integrado no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu as informacións municipais, deportivas, culturais ou sociais das localidades en que se distribuía, Carballo, Cerceda, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, na corte de Afonso X e probablemente tamén na de Afonso III de Portugal. Pola temática dalgunha das súas composicións, especialmente as dirixidas contra Deus, pensouse na súa orixe hebraica. Os tres cancioneiros principais recollen 52 composicións súas, que amosan a unha gran capacidade innovadora, mesmo no nivel lingüístico xa que empregou neoloxismos e recuperou algunhas expresións arcaicas. Segundo os xéneros, a súa produción divídese en 35 cantigas de amor, como “[A]y mia sennor e meu lum’e meu ben!”, con xogos de rima e o emprego do dobre e da palabra rima. Noutras composicións amorosas, relacionadas co amor cortés, o trobador amósase innovador e transgresor ao revelar o nome da amada, como en “Joana, dix’ eu, [S]ancha e [M]aria”, ou mesmo ao dirixirse a Deus achegándose á blasfemia, como “Nunca Deus quis nulha cousa gram ben”. Tamén é autor de dúas composicións de amigo e trece burlescas, como “Dom’na Maaria [N]egra, ben talhada” e “Maria...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor alemán. Iniciouse no mundo dos libros na libraría Ettinger, ata que en 1785 fundou en Gotha unha editorial que, máis tarde, se transformou en Instituto Editorial Xeográfico. Nel colaboraron destacados xeógrafos e intelectuais da época, como Berghaus, Diez, Reichard e Sydow. Das súas publicacións destacan Almanach Gotha e Stieler’s Hand Atlas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Belas Artes, na especialidade de gravado, caracterizase polo seu costumismo onírico e infantil, inscrito nunha escenografía festiva que aglutinou seres humanos, artefactos voadores, animais domésticos ou especies vexetais. Inspirouse en estilos tan variados como o graffiti, o cómic, o deseño gráfico e a figuración libre da década de 1980. Destaca La fortaleza (1996), Bodegón e iglesia (1997) e La catedral de Santiago (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da cidade de San Petersburgo ata 1914.
-
PERSOEIRO
Matemático ruso. Investigou e publicou sobre a teoría de ecuacións en derivadas parciais, a teoría de probabilidades e as ecuacións diferenciais ordinarias. Foi condecorado coa orde de Lenin e recibiu diversos premios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Comezou a destacar na política en 1854 como integrante do Partido Democrático. Afirmou que só na república federal o “contrato libre” ou o pacto permitían substituír a autoridade como base das relacións sociais. O seu programa reformista preconizaba a reconstrución administrativa das rexións históricas como estados autónomos e o acantoamento da Igrexa e do exército. Exiliado en París (1866-1868), rompeu cos xefes dereitistas do Partido Democrático e volveu a España cando foi elixido deputado a Cortes (1869-1873). A partir de 1870 o seu papel foi hexemónico na dirección do Partido Republicano Democrático Federal (PRDF). Despois dos fracasos electorais de 1871 e 1872, non puido conseguir a formación dun centro maioritario. Nomeado ministro de Gobernación (1873) da Primeira República Española, o seu prestixio acadou o punto máis alto en abril, cando abortou o intento do golpe de estado dos radicais. Con todo, como presidente do Consello de Ministros (11 de xuño-18 de xullo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. Voluntario na guerra ruso-polaca, contrabandista, bandido e membro dos servizos secretos da URSS, foi condenado a morte en 1930. Comezou a escribir en prisión cando lle foi conmutada a pena de morte e obtivo moito éxito coa obra autobiográfica Kochaneck wielkiej Niedzwiedicy (O namorado da Osa Maior, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de KwaZulu/Natal, situada en República Sudafricana (156.473 h [1991]). Fundada polos bóers en 1838, é un centro comercial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Inicialmente cultivou un estilo romántico próximo ao de Nerval ou Baudelaire e, co tempo, avanzou cara ao surrealismo e o erotismo sutil. Anacrónico no tratamento dos temas, escribiu tanto novela como poesía, e da súa obra destacan Dans les années sordides (1943), Le lis de mer (1956), La motocyclette (1963), La marge (1967, Premio Gongourt), Sous la lame (1976) e Le deuil des roses (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de rapina, de entre 68 e 91 cm de lonxitude, que presenta o corpo robusto, de cor castaña, a cabeza e a cola branca e as ás moi desenvolvidas, sen diferenzas entre sexos en canto á cor. Habita nas ribeiras do mar, onde se alimenta de peixes, e ocasionalmente, doutras aves mariñas. Pode localizarse en Groenlandia, Mongolia e no N de Europa (Escandinavia e Islandia), e raramente na Península Ibérica.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Pulau Pinang, Malaisia, situada na illa homónima (180.573 h [2000]). O resgardado porto queda separado da costa occidental da península de Malacca por un canal de 5 km de ancho. Ademais de refinarías de estaño, posúe industria arroceira, de aceite de coco, de xabóns e artesanía de bambú.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista francés. En 1933 realizou o Hôtel Latitude 43 en Saint-Tropez e, xunto con Mallet-Stevens, o Pavillon de la Lumière da Exposición Universal de París de 1937. Tamén foi autor da urbanización de Saarbrüken e do Mémorial de la Déportation, na illa da Cité (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Condesa de La Fayette e coñecida como Madame de La Fayette, foi dama da corte de Versailles e amiga da marquesa de Sévigné, coa que formou parte do grupo de mulleres “Les Précieuses”, que impuxeron uns modais e un xeito de falar refinados na corte de Luís XIV. Publicou anonimamente diversas novelas, das que destacan La princesse de Montpensier (1622) e La princesse de Clèves (1678).
VER O DETALLE DO TERMO