"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor de Filosofía e Letras da UNAM e investigador no Instituto de Investigaciones Históricas desde 1957, especializouse na América precolombina. Dirixiu o Instituto Indigenista Interamericano e o Instituto de Investigaciones Históricas da UNAM. En 1988 foi elixido investigador emérito da UNAM. Director da Academia Mexicana de la Historia (1996), en 1997 foi nomeado director da Nueva Biblioteca de México da UNAM. Entre as súas obras destacan La visión de los vencidos (1959), Los antiguos mexicanos a través de sus crónicas y cantares (1961) e Literaturas indígenas de México (1992). Recibiu o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2001) e o Premio Bartolomé de las Casas (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha cor parda semellante á pel do león.

      1. Aplícase ao leopardo que mira de fronte.

      2. Aplícase á cor escura que se empregaba en Inglaterra nas pezas que denotaban bastardía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante, escultor, enxeñeiro, arquitecto, músico, filósofo e inventor. En 1469 entrou no taller de A. Verrochio en Florencia, onde colaborou no Battesimo di Cristo e na Annunziazione (1474). No retrato de Ginevra Benci (1478-1479), na Adorazione dei Magi, inacabado (1481), e en San Girolamo (1482) plasmou os seus estudios sobre os efectos de luz e utilizou o sfumato ou fusión da luz e da sombra. En 1480, ao servizo de Luís I de Milán, fixo algúns proxectos arquitectónicos, unha escultura de Francesco Sforza, e pintou o retrato de Cecilia Gallerani, a Vergine delle rocce (1483-1493) e a Ultima Cena (1499) para o convento de Santa Maria delle Grazie. En 1499, ao ser ocupado Milán polos franceses, foi a Mantua, onde fixo o retrato de Isabella d’ Este, a Venecia e a Florencia, onde ata 1506 traballou no fresco da Bataglia d’Anghiari para o Palazzo Vecchio, fixo o cartón para Sant’Anna...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomé Leonardo de Argensola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lupercio Leonardo de Argensola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Señor da corte de Clodoveo I, converteuse ao catolicismo e seguiu a san Remixio. Construíu o mosteiro de Noblac, preto de Lemosín, lugar de peregrinación moi frecuentado na Idade Media. A súa festividade celébrase o 6 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leonardo Fibonacci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Taumaturgo da orde franciscana, predicou por Italia e defendeu a devoción do via crucis. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xermánico de tradición franca, documentada no s VI como Leonhart ou nas formas do latín medieval Leonardus, Lionardus ou Lonardus, composto do préstamo do latín *leo- ou *lewo- ‘león’ e o adxectivo *hardhu ‘forte, valeroso’. Presenta a forma hipocorística Nardo/Narda. Teñen este nome san Leonardo de Noblac (s VI), celebrado o 6 de novembro, e san Leonardo de Porto Mauricio (1676-1751), celebrado o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estudiou en Nápoles. Da súa produción destacan I Pagliacci (1892), que o converteu nun dos destacados da escola verista da ópera, Chatterton (1896), La bohème (1897), eclipsada pola homónima de Pucini, Zazà (1900), Tormenta (1914), de ambiente sardo, e Edipo re (1920, póstuma). Foi tamén autor dos libretos que empregaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (695-698). Era estratega da Hélade, e foi elixido emperador polo Partido dos Azuis en 695, despois da revolta contra Xustiniano II. Durante o seu mandato Bizancio perdeu o dominio sobre Cartago, polo que foi destronado por Tiberio II en 698.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s VII) Bispo de Saintes (590-640). Acolleu o bispo de Aleth, cando fuxía de Bretaña. A súa festividade celébrase o 19 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Cesarea de Capadocia. Enfrontouse aos arianos na época do Emperador Constantino e foi martirizado xunto con santo Hilario. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no nome grego Leontios, derivado do adxectivo leontios ‘semellante a un león’, ‘leonino’. Teñen este nome san Leoncio (s IV), bispo e mártir de Cesarea (Capadocia), celebrado o 13 de xaneiro; e san Leoncio de Saintes (s VII), celebrado o 19 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Serra Leona (LE). Está dividido en 100 céntimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. En 1944 afiliouse ao Partito Democrazia Cristiana e foi vicepresidente (1948-1949) e presidente (1955-1963) da Camera dei Deputati. En 1963 e 1968 foi primeiro ministro de gobernos de transición e senador vitalicio desde 1967. Elixido presidente da república (1971-1978), dimitiu a causa dun escándalo económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Destacado guionista e asistente de directores importantes como William Wyler, converteuse no máximo expoñente do subxénero spaghetti western cos filmes Per un pugni di dollari (1964), Per qualche dollare in piú (1965), Il Buono, il brutto, il cattivo (1966) e Unce Upon a Time in America (1984), epopea sobre o gangsterismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde están encerrados os leóns.

    2. Espacio moi desordenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a León (cidade, provincia ou antigo reino) ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de León.

      1. Relativo ou pertencente ao leonés.

      2. Lingua que se estendía polo antigo reino de León, desde Asturias ata Badajoz, e que aínda se fala no occidente de Cantabria, parte das provincias de León, Zamora, Salamanca e norte de Cáceres. Os seus trazos máis destacados son: ditongación de Ŏ latino en ue, ua, uo (PŎRTA > puerta/puarta/puorta) e de Ĕ latino en ie, ia (PĔDEM > pie/pia); mantemento dos ditongos decrecentes ou, ei (CAUSA > cousa, LAICU > leigo); fenómeno da metafonía en que as vocais finais i, u pechan a vogal tónica: a > e (guetu ‘gato’), e > i (pirru ‘can’), o > u (puzu ‘pozo’); a apéntese de i en final de palabra (braciu ‘brazo’, pastiu ‘pasto’); a palatalización de L- inicial latino (LUNA > lluna; LOPU > llobo); [ ] procedente de -X- e -SC- (ASCIATA > eixada), así como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Cofundou a revista Officina (1955) e codirixiu Alfabeta. Da súa produción destacan Fumo, fuoco e dispetto (1956), La cantica (1959), Un lavoro mentale (1976) e Campo di battaglia (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO