"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente aos lucánidos.

    2. Insecto coleóptero da familia dos lucánidos.

    3. Familia de insectos coleópteros, da suborde dos escarabeoideos, que está formada por individuos de dimensións grandes ou medias, coas mandíbulas moi desenvolvidas no macho e máis pequenas na femia, cun claro dimorfismo sexual. As larvas son xilófagas. Algunhas das especies máis características que se poden atopar en Galicia son Lucanus cervus cervus (en status de conservación) e Platycerus spinifer.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Lucania ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Lucania.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo lucano.

      2. Individuo do pobo lucano.

      3. Pobo sabelio do S de Italia que se estableceu no territorio da actual rexión da Basilicata. Enfrontouse coas colonias gregas da costa e as cidades italiotas. Posteriormente aliouse cos romanos, pero rebelouse contra o seu dominio durante os enfrontamentos co rei Pirro, na Segunda Guerra Púnica e na Guerra Social.

    1. ariedade lingüística italorrománica do grupo meridional intermedio que se fala en Lucania.

    2. Pezas de cerámica producidas na antiga Lucania, de imitación ática con figuras vermellas, pero cuns caracteres estilísticos particulares. A produción, iniciada probablemente por ceramistas de orixe grega activos en Heraclea a finais do s V a C, distínguese polas figuras alongadas de expresións patéticas. Representan personaxes cunha pomba na man e tamén putti coas ás despregadas. Dentro deste grupo inclúese tamén a escola de Paestum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino, fillo de Marco Aneo Mela e sobriño de Séneca. Foi educado en Roma e perfeccionou a súa instrución en Atenas, onde compuxo diversos poemas, que se perderon, como Iliacon, sobre a Guerra de Troia, ou Catachthonion, sobre o mundo dos mortos. En Roma, Nerón acolleuno no círculo dos seus amigos e, co gallo das festas que lle foron tributadas (Neronia, 60), compuxo as Laudes Neronis, polas que foi coroado como poeta e recibiu, antes da idade regulamentaria, a questura e o sacerdocio augural. Pouco despois (62), publicou os tres primeiros libros do seu poema Farsalia. Rompeu as súas relacións con Nerón, que o privou de recitar versos e de defender plets. Imbuído das ideas estoicas, anticesarianas e republicanas, foi un dos xefes da conspiración de Pisón (62); ao ser descuberta, foi detido e condenado. Foi admirado na Antigüidade, durante a Idade Media e o primeiro humanismo, e foi considerado un dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros, da familia dos lucánidos, ao que pertencen as vacalouras ou escornabois. Son de gran tamaño e teñen moi desenvolvidas as mandíbulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Especializouse en Paleografía e Diplomática na Universidade de Santiago de Compostela e foi secretario xeral da universidade (1961-1968), vicerrector (1968-1974) e reitor (1974-1975). Concelleiro e primeiro tenente de alcalde no concello de Santiago de Compostela (1955-1961), foi deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), presidiu a Confederación Gallega de Cajas de Ahorros (1965-1980) e foi vicepresidente da Caja de Ahorros de Galicia. Escribiu El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza (1951), La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro (1958), El archivo del monasterio de San Pedro de Ramiras en la Edad Media (1981), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995), El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media (1996) e El Archivo del Monasterio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da Junta de Castilla y León polo Partido Popular (1991-2001), ministro da Presidencia (2001-2002) e presidente do Senado en (2002-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. O seu estilo é o resultado da unión das influencias italianas recibidas a través do seu mestre C. Engebrechtszoon, con elementos fantásticos que teñen orixe na pintura de H. Bosch. O seu naturalismo anuncia a pintura holandesa do s XVII. Entre as súas obras destaca Lot e as súas fillas, o tríptico do Xuízo Final (1526) e os gravados Ecce Homo e Camiño do Calvario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xudeu helenizado. Evanxelista, foi discípulo de san Paulo. Considérase un dos autores tradicionais dos Evanxeos (o terceiro) e do Libro dos Feitos dos Apóstolos. Acompañou a san Paulo a partir da súa segunda viaxe por Grecia e Italia. Segundo a tradición foi célibe e morreu aos 84 anos; outras narracións considérano membro do grupo de discípulos de Xesús Cristo, pintor e mártir. Patrón dos médicos e dos artistas, na iconografía viste a túnica e palio dos apóstolos e leva como atributos un boi ou touro alado ou sen ás, símbolo de evanxelista, instrumentos de medicina e cirurxía, unha táboa ou icona coa imaxe da Virxe ou un pincel na man. É titular de tres parroquias e patrón dos concellos de Chantada, Mondoñedo e Pastoriza. A súa festividade celébrase o 18 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Moralista xudeu. Foi conselleiro dos Reis Católicos. Escribiu Tratado de vida beata (1843) e Tractado de gualardones. En 1503 foi procesado pola Inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Siracusa 283? - 304?) Virxe e mártir. De culto moi antigo, o relato da súa paixón di que foi martirizada (304) durante a persecución do Emperador Diocleciano. As súas reliquias, veneradas primeiro en Siracusa, foron trasladadas a Constantinopla e Venecia. Avogosa da vista, ela mesma arrincara os ollos por amor a Cristo ou para mandarllos ao seu prometido, era venerada polas costureiras e aprendizas. Na iconografía represéntase como unha bela moza que viste elegantes roupas e que leva como atributos a palma do martirio nunha man e na outra un prato con dous ollos. Santa Lucía é patroa dos concellos de Cenlle, Larouco, Meaño, Moraña, Pontedeva e é titular de catro parroquias: A Alence (As Nogais), Guntín (Monforte de Lemos), Rairo (Ourense), Rairos (Ribas de Sil) e Vilaboa (A Veiga). A súa festividade celébrase o 13 de decembro, agás en Dumbría onde a celebran o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Foi martirizada en Bizancio. A súa festividade celébrase o 18 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán Paulo I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo, eséxeta e mártir. Foi sacerdote en Antioquía, onde desenvolveu unha nova doutrina, que se considerou como unha das fontes do arianismo. Foi o primeiro tradutor da Biblia hebrea ao grego. Fundador da escola esexética de Antioquía, reaccionou contra a interpretación alegórica da Biblia e dedicouse á interpretación literal e histórica da mesma. Teoloxicamente defendeu o subordinacionismo (Fillo e Espírito Santo son inferiores ao Pai). Segundo a súa lenda, sometérono ao suplicio da fame durante catorce días e despois tirárono ao mar cunha pedra atada ao pescozo; no mar o seu corpo pasou outros catorce días e no décimo quinto un arroaz levou o seu corpo á ribeira. Esta lenda pode ser a orixe da tradición do traslado do seu corpo a Helenópolis, na costa de Bitinia. Na iconografía adoita representarse xunto con Marciano, case espidos, atados a un tronco dunha árbore ou a unha columna e con tizóns acendidos baixo os pés. A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Beauvais e mártir. Predicou os Evanxeos na Galia e morreu decapitado (290) baixo Xuliano o Apóstata. Na iconografía leva a cabeza nunha man, como san Denís. A súa festividade celébrase o 8 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. A súa obra é moi variada, comprende diálogos (Diálogos das meretrices, Diálogos dos deuses, Diálogos mariños e Diálogos dos mortos), panfletos (O pescador, Temón, O galo), narracións fantásticas (Historias verdadeiras) e obras en verso (Tragodopodagra e Epigramas). Manifesta diversas tendencias, unha retórica e sofista, de carácter lixeiro, outra filosófico-moral, de actitude cínica e escéptica, e outra satírica, na que ataca feitos e personaxes da época. Usou unha lingua elegante, e foi considerado un cínico que só quería facer rir o público burlándose de todo. Influíu na literatura medieval, como en Liutprando, na bizantina, en Erasmo, Rabelais, Maquiavelo e Cyrano de Bergerac, na picaresca castelá, en Swift e en Voltaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Lucianus, patronímico de Lucius, que despois pasaría a ser nome propio. Ten o hipocorístico Chano. Destacaron san Luciano de Antioquía (235?-312?), san Luciano de Beauvais (s III) e santa Luciana (s IV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Mártir. Foi bautizada por san Valentín e morreu martirizada xunto co seu pai, san Nemesio, co que está enterrada na Via Apia. A súa festividade celébrase o 31 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir lendaria. É a patroa das mulleres preñadas e dos presos. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (ss III - IV) Senador de Cirene. Converteuse ao cristianismo ao ver o valor de san Teodoro, retirouse a Chipre e morreu na persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Fillo dun rei inglés, foi convertido pola súa irmá santa Emérita e introduciu o cristianismo na Retia. Morreu lapidado polos pagáns. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO