lucano -na

lucano -na

(< topónimo Lucania)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Lucania ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Lucania.

  1. [ETN/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo lucano.

    2. s

      Individuo do pobo lucano.

    3. s m

      Pobo sabelio do S de Italia que se estableceu no territorio da actual rexión da Basilicata. Enfrontouse coas colonias gregas da costa e as cidades italiotas. Posteriormente aliouse cos romanos, pero rebelouse contra o seu dominio durante os enfrontamentos co rei Pirro, na Segunda Guerra Púnica e na Guerra Social.

  2. s m [LING]

    ariedade lingüística italorrománica do grupo meridional intermedio que se fala en Lucania.

  3. vasos lucanos [ARTE]

    Pezas de cerámica producidas na antiga Lucania, de imitación ática con figuras vermellas, pero cuns caracteres estilísticos particulares. A produción, iniciada probablemente por ceramistas de orixe grega activos en Heraclea a finais do s V a C, distínguese polas figuras alongadas de expresións patéticas. Representan personaxes cunha pomba na man e tamén putti coas ás despregadas. Dentro deste grupo inclúese tamén a escola de Paestum.

Palabras veciñas

Lucaio/Lucaia | Lucania | lucánido -da | lucano -na | Lucano, Marco Aneo | Lucanus | lucas