Lucania
Lucania
Antiga rexión de Italia que comprendía os territorios situados entre o baixo Sele, ao N, o Badrano, ao L, e o Sinni, ao S. Colonizada polos gregos, desenvolveuse con esplendor ata que, ao producirse as guerras entre os seus poboadores e os romanos e, posteriormente, as campañas contra Aníbal e Pirro, iniciou a súa decadencia. O nome de Lucania designou oficialmente a rexión italiana de Basilicata entre 1932 e 1947.