"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Médico e microbiólogo. Demostrou a penetración de diversas bacterias a través dos tegumentos animais. Descubriu os esporozoos parasitos dos glóbulos sanguíneos aos que lles deu nome (xénero Babesia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e microbiólogo. Demostrou a penetración de diversas bacterias a través dos tegumentos animais. Descubriu os esporozoos parasitos dos glóbulos sanguíneos aos que lles deu nome (xénero Babesia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade do Baixo Exipto, citada xa polos historiadores da Grecia clásica. Correspónde co actual Qa ṣ r al-Šhām, barrio do centro histórico do Cairo (al-Fustāt). Os romanos, que a chamaron Babylon, situaron, en tempos de Augusto, unha das tres lexións de Exipto. Foi conquistada polo Califa ‘Umar no ano 641. O nome mantívose durante a Idade Media en Occidente como sinónimo do Cairo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade do Baixo Exipto, citada xa polos historiadores da Grecia clásica. Correspónde co actual Qa ṣ r al-Šhām, barrio do centro histórico do Cairo (al-Fustāt). Os romanos, que a chamaron Babylon, situaron, en tempos de Augusto, unha das tres lexións de Exipto. Foi conquistada polo Califa ‘Umar no ano 641. O nome mantívose durante a Idade Media en Occidente como sinónimo do Cairo.
-
PERSOEIRO
Líder dunha conspiración católica (1586) contra a Raíña Isabel I de Inglaterra. Pretendíase entronizar a María Estuardo de Escocia, proxecto que contaba coa adhesión do rei Filipe II. Descuberta a confabulación, Babington foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder dunha conspiración católica (1586) contra a Raíña Isabel I de Inglaterra. Pretendíase entronizar a María Estuardo de Escocia, proxecto que contaba coa adhesión do rei Filipe II. Descuberta a confabulación, Babington foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato ferrosoférrico e cálcico, de fórmula Ca4Fe22+ (OH)2Si10O28. Forma cristais pequenos de formas tabulares ou prismáticas, a miúdo reunidas en agregados bacilares radiados. É de cor negra ou escura, opaco e de brillo vítreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato ferrosoférrico e cálcico, de fórmula Ca4Fe22+ (OH)2Si10O28. Forma cristais pequenos de formas tabulares ou prismáticas, a miúdo reunidas en agregados bacilares radiados. É de cor negra ou escura, opaco e de brillo vítreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tempo cando a chuvia cae miúda sen parar.
-
GALICIA
Franciscano, teólogo e inquisidor. Publicou dous tratados sobre a evanxelización desenvolta polo Apóstolo Santiago na Hispania romana: Defensa evangélica de la cognación y parentesco de nuestro glorioso Apostol y único patrón de España Santiago el Mayor con Cristo Redentor nuestro en cuanto hombre (1630) e Relación sumaria en que se dice haber venido nuestro Apostol Santiago en vida a predicar a España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se dá présa para facer as cousas nin perde a calma aínda que teña motivos.
-
PERSOEIRO
Compositor, noveno fillo do segundo matrimonio de Johann Sebastian Bach. Cursou estudios musicais co seu pai. Nas súas obras, pouco coñecidas, atópanse indicios do estilo galante da influencia italiana que caracteriza ao seu irmán Johann Christian.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estudios de ensino secundario ou medio que facultan o alumno para poder seguir estudios universitarios ou estudios profesionais cualificados.
-
Grao de bacharel.
-
A palabra bacharelato empezou a utilizarse en España a finais do s XVIII, como derivación do título de bacharelato que se concedía na Idade Media ao finalizar a determinantía, ou primeira etapa do ensino universitario. Para poder ingresar nos estudios de bacharelato era preciso acreditar que se recibira instrución en humanidades. Estes estudios tiñan unha duración de seis anos que, unha vez rematados, podían dar acceso a cátedras de universidade. A reforma do marqués de Pidal en 1845 estableceu a separación entre os estudios universitarios e o bacharelato, que se cursou dende entón nos Institutos de Ensino Medio. A partir de 1901 o bacharelato estaba formado por seis cursos que remataban cos correspondentes exercicios de grao (Letras e Ciencias). En 1924 instituíuse a diferenciación entre Institutos Nacionais, de orzamento estatal, e Institutos Elementais, subvencionados polos concellos. En 1926 implantouse un novo sistema que distinguía dous bacharelatos: o elemental e o universitario,...
-
Modalidade de ensino secundario, promovida dende 1945 en Xenebra e auspiciada pola UNESCO, que pretende establecer un programa común de estudios a nivel internacional e proporcionar un título de admisión común á universidade.
-
Estudios de ensino medio laboral que formaban bachareis nos graos elemental e superior. Tiñan como obxectivo, segundo a Lei do 16 de xullo de 1949, preparar os alumnos para o seu ingreso nos centros especiais técnicos. Para acceder a estes estudios, o alumno debía ter cumpridos os 10 anos e superar un exame de ingreso. Os estudios de bacharelato laboral estruturábanse en dous ciclos: o elemental, con materias comúns e materias especiais para cada modalidade, duraba cinco anos e diferenciaba os seus obxectivos escolares segundo se tratase de alumnado feminino ou masculino; e o superior, ó que se accedía despois de ter superado o elemental e un exame de reválida, cunha duración de dous cursos tamén con materias comúns e específicas para cada modalidade; ao rematalo debíase superar un exame de reválida. As modalidades de bacharelato superior eran: agrícola-gandeira, industrial, marítimo-pesqueira e administrativa (feminina). Esta modalidade de bacharelato foi extinguida en...
-
-
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor de Historia e de Filosofía das Ciencias en Dijon e despois na Sorbona. Dedicouse sobre todo á Epistemoloxía, á Filosofía das Ciencias e á Psicanálise, en xeral. O recoñecemento da complexidade das teorías científicas obrigouno a refutar as simplificacións introducidas polas interpretacións racionalistas. Afirmou a existencia dun novo espírito científico, oposto tanto ao predominio antigo e medieval da imaxe como ao esquema xeométrico moderno. Realizou o intento de ampliar o marco e a estrutura da razón. Fronte á pretensión dos saberes absolutos, Bachelard destacou a necesidade de aterse a coñecementos aproximativos, dominados polo probabilismo. As súas obras principais son: La valeur indutive de la relativité (O valor indutivo da relatividade, 1929), Le nouvel esprit scientifique (O novo espírito científico, 1934), La dialectique de la durée (A dialéctica da duración, 1936), Le rationalisme appliqué (O racionalismo aplicado, 1949),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bacterias que viven en suspensión en augas continentais ou mariñas formando parte do plancto. Aliméntanse de materia orgánica soluble liberada polo metabolismo e a descomposición doutros organismos de toda a columna de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de toxinas bacterianas no sangue.
-
-
Toxina de orixe bacteriana.
-
Toxina destrutora de bacterias.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Real Academia de San Fernando, seguiu as normas neoclásicas. Participou na construción do Arsenal do Ferrol desde 1771. Na cidade departamental traballou nas obras da Igrexa concatedral de San Xián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona, no ano 1948 chegou a catedrático de Gramática Histórica da Lingua Española na Universidade de Barcelona e en 1977 a catedrático de Gramática Histórica Catalana. Foi reitor da Universidade de Barcelona (1978-1986). Desde 1987 foi o responsable do equipo catalán de PatRom (Patronímica Románica), dicionario histórico das liñaxes románicas. Desde 1989 presidiu a Sección Filolóxica do Instituto de Estudios Cataláns e foi presidente de honra da Société de Linguistique Romaine. A súa investigación no campo da lingüística histórica, sobre todo catalá, está dentro da tradición de Ramón Menéndez Pidal: tratou temas morfolóxicos, sintácticos, fonéticos, semánticos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Teoloxía e dominico. Formou parte da comisión de reforma que preparou o documento Consilium de emendanda Ecclesia (Consello da Igrexa reformada, 1538). Contribuíu á aprobación dos estatutos da Compañía de Xesús por Paulo III (1540). Nomeado cardeal (1542), foi membro do consello romano para o Concilio de Trento na súa primeira etapa.
VER O DETALLE DO TERMO