"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Apelido de orixe galega que tivo o seu primeiro asentamento en Madriñán (Lalín), de onde pasou a América.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un compás de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santo Adrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Propietario do diario La Nueva Época, editado en Ourense, escribiu Guía de Orense (1903-1912) e Sucinta historia de Orense (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Estreou en Ourense (1944) un poema en dous actos, con música do mestre Vide, que era unha escenificación dunha pasaxe da vida de santa Mariña de Augas Santas. Tamén escribiu Arelas iras (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Jean Malouel, fusionou as tendencias flamenga, francesa e italiana, que deron lugar ao chamado estilo internacional. Traballou para Isabel de Baviera (1396) e foi pintor dos duques de Borgoña desde 1398. Realizou o retablo da cartuxa de Champmol Martirio de san Denís (1415).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fundador da literatura didáctica flamenga, realizou adaptacións dos clásicos gregos. No campo da lírica escribiu Eerste Martijn (Primeiro Martín), Dander Martijn (O outro Martín), Der kercken Claghe (Lamentacións da Igrexa) e Van der Lande van Oversee (Do país de ultramar). Escribiu tamén Historie van den Grale (Historia do Graal) e Roman van Torec (Román de Torec), a partir de textos franceses, Merlijns Boeck (Libro de Merlín) e Alexanders Geesten (Historias de Alexandre), e adaptou o Roman de Troie, de Benoît de Sainte-Maure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Ourense a partir do 1 de novembro de 1902 e que cesou entre 1908 e 1909. Subtitulouse “Revista decenal dedicada a la Primera Enseñanza pública, oficial y no oficial”. Estivo dirixida por Anxo Ferrín Moreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Ourense a partir de 1925 e que cesou ao redor de 1936. Dirixida por Xosé Álvarez Vázquez, apareceu baixo o subtítulo “Revista pedagógica”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que se publicou en Pontevedra a partir do 15 de abril de 1885 e que cesou no mesmo ano (nº13). Apareceu co subtítulo “Periódico quincenal de primera enseñanza” e entregouse cos cadernos dunha obra publicada co mesmo nome e que se dedicaba aos mestres españois máis distinguidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ingresou na orde franciscana (1897) e colaborou en El Eco Franciscano. Escribiu Escuela Nocturna Obrera Gratuita. Su valor social (1928) e Presentación de nuestras banderas (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1215-1217), filla de Sancho I de Portugal. Casou con Enrique I de Castela, pero o matrimonio foi anulado por Inocencio III. Regresou a Portugal e fixo restaurar o mosteiro de Arouca, onde profesou e estableceu unha comunidade de monxas cistercienses. Tamén restaurou a catedral de Porto e favoreceu a instalación de franciscanos e dominicanos no Reino de Portugal. A súa festividade celébrase o 2 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e dramaturgo. Publicou a traxedia Merope (1713), imitada por Voltaire ou Alfieri, e na súa recompilación Teatro italiano (1723) recolleu doce traxedias de épocas anteriores. Tamén escribiu obras sobre arqueoloxía, teoloxía, economía, historia e literatura, das que destaca Verona illustrata (1732).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (123.000 h [1997]). É unha cidade portuaria situada á beira do mar de Okhotsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (461.400 km2; 246.100 h [estim 1999]). A capital é Magadan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae escudo partido: primeira partición, de goles, cun castelo de prata, aclarado de azul, sumada a torre da homenaxe dun busto de guerreiro armado, cunha espada denuda, folla de prata e gornecida de ouro, e na esquerda embrazando unha rodela; segunda partición, de ouro, cun carballo de sinople, arrincado e coas landras de prata; na punta ou campaña, ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de azul, unha faixa de goles, cargada de tres flores de lis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicóloga e folclorista. Interesada polas tradicións populares, cancións, instrumentos, traxes e costumes, dedicou a súa atención á obra do músico humanista Francisco de Salinas, á de Dámaso Ledesma e á de Sánchez Fraile. Ocupouse, tamén, do Cancionero popular gallego de Eduardo M. Torner e Xesús Bal e Gay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile (132.034 km2;158.907 h [estim 2001]). A capital é Punta Arenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito de América do Sur, descuberto por Fernão de Magalhães en 1520, que separa o continente sudamericano de Tierra del Fuego e comunica o Océano Atlántico co Océano Pacífico. O único porto é Punta Arenas (Chile).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, dramaturgo e director de teatro. Dirixiu a agrupación teatral Ditea (1960-1990) e publicou obras como Alias Pedro Madruga, A lenda de Xoán Bonome (1993) ou Os rebertes (Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro 1990). Recibiu o Premio María Casares ao labor teatral en 1997.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou no diario brasileiro A Actualidade e en La España, para logo fundar El Diario Español de Montevideo (1906), que dirixiu posteriormente un fillo seu.

    VER O DETALLE DO TERMO