"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
flordelisado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
filpar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
florideofíceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade xónica situada na costa occidental de Asia Menor. Fundada segundo a lenda polos atenienses procedentes da Fócida cara ao s X a C, integrouse na Confederación Xonia dende o s VII a C. Destacou como punto de partida para expedicións de colonización no Mediterráneo Occidental e polas costas do S de España. Sobre o ano 600 a C fundaron Marsella e pouco tempo despois Empúries. Conquistada polos persas no 546 a C, os focenses emigraron masivamente ás colonias de Alalia e Massilia. Trala derrota contra os etruscos e os cartaxineses na Batalla de Alalia (537 a C), perdeu as súas colonias no Mediterráneo Occidental. Os romanos incorporárona á provincia de Asia no 196 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asteroide número 25 do catálogo, descuberto o 6 de abril de 1853 polo astrónomo francés Jean Chacornac (1823-1873) dende Marsella. A órbita ten unha excentricidade de 0,253 e o semieixe maior vale 2.402 UA. A inclinación do plano orbital respecto ao de Xúpiter é de 22° 9’ e o período sideral é de 1.358 días. Na oposición a magnitude aparente é de 10,5.
-
-
Afogar por mor da calor.
-
Estar inquedo.
-
Comezar a secar as plantas, especialmente os piñeiros.
-
-
-
Lanzar foguetes.
-
Saír correndo con moita rápidez.
-
-
-
Ondular a folla dun instrumento cortante, especialmente da gadaña por estar mal afiada.
-
Abrandar a froita moi madura.
-
Ondularse a folla da gadaña por mor dun mal cravuño.
-
Abrandarse moito a froita ou empezar a podrecer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estar voluntariamente sen traballar ou sen facer nada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘amañar paraugas’.
-
-
Pasar rapidamente as follas dun libro, revista ou calquera outra publicación.
-
Ler un libro ou calquera outra publicación de forma rápida e superficial.
-
-
-
Lugar resgardado na costa ou nun río onde se deixan fondeadas as embarcacións.
-
Cala estreita, de paredes escarpadas e rochosas, que forma unha pequena enseada.
-
-
-
Asegurar unha embarcación ao fondo por medio de áncoras ou amarras.
-
Quedar unha embarcación asegurada por medio de áncoras ou amarras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo comunitario que se encarga do financiamento dos investimentos que programa e xestiona a Comisión Europea. Ten como obxectivo a consolidación do principio de solidariedade entre os estados membros, o desenvolvemento harmonioso da comunidade e a superación dos problemas de adaptación ao mercado interior. As súas accións diríxense cara a política agrícola común, as áreas atrasadas, as zonas industriais en declive, o emprego xuvenil e o paro. Dentro deste organismo están o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo de Organización e Garantía Agrícola (FEOGA) e o Fondo Social Europeo (FSE).
-
CIDADES
Cidade do departamento do Serna e Marne, Francia (15.942 h [1999]). Situada ao SL de París, ao NL do bosque de Fontainebleau e a tres quilómetros da beira esquerda do río Sena. É un núcleo turístico e residencial. Foi fundada en 1527 por Francisco I nun antigo refuxio de caza. Nela asináronse diversos tratados internacionais. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo real francés situado no bosque de Fontainebleau. Iniciouno Francisco I, que en-cargou as obras a Gilles le Breton e S. Serlio; posteriormente, Enrique II encomendoullo a F. Primaticcio e P. Delorme, e durante o reinado de Luís XVIII, J. A. Cerceau, que fixo a escaleira de ferradura. J. A. Gabriel traballou por orde de Luís XV nun dos pavillóns da fachada principal; e Napoleón I fixo cambiar algunhas das estancias a P. F. Fontaine e C. Percier. Foi sede da sinatura de diversos acordos políticos, entre outros, Luís XIV asinou en 1685 o edicto que revogaba o Edito de Nantes; España e Francia asinaron un tratado polo que acordaban a repartición de Portugal en 1807; e Napoleón asinou a súa primeira abdicación en 1814. Foi prisión do Papa Pío VII (1812-1814) e cuartel xeral das forzas da OTAN en Centroeuropa (1949-1966).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola arquitectónica, escultórica e pictórica que naceu en Fontainebleau por mor da chegada de artistas italianos chamados por Francisco I para decorar o palacio. Foi continuadora do manierismo italiano con influencias flamengas e locais e de estilo elegante, obra de G. B. Rosso e F. Primaticio, e dos seus seguidores, N. dell´Abate, Pellegrini i Majorici e de artistas franceses como J. Goujon, J. Cousin e A. Caron. Os artistas que traballaron para Enrique IV coñécense co nome de segunda escola de Fontainebleau. Caracterizouse pola perfección material. Entre outros destacaron T. Dubreuil d´Anvers, J. Bunuel de Blois, A. Dubois d´Anvers e M. Fréminet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordos asinados na cidade francesa de Fontainebleau en 1743, 1807 e 1814. O primeiro foi o segundo dos Pactos de Familia. O segundo, asinado entre Godoy e Napoleón, o 27 de outubro de 1807, estableceu a ocupación e partición de Portugal, de xeito que o N pertencería ao rei de Etrutia, neto de Carlos IV; as provincias de Alentejo e Algarve pasaban a mans de Manuel Godoy, primeiro ministro español; e o resto de Portugal estaría administrado polos dous países, Francia e España. A presenza das tropas francesas en España deu lugar, sen embargo, á guerra con Francia. O 11 de abril de 1814 pactouse a situación de Napoleón, trala súa abdicación.
-
GALICIA
Litógrafo. Con Secundino Cores, fundou e dirixiu a Revista de Galicia (1886). Foi promotor, xunto a Curros Enríquez, da constitución en La Habana, en 1905, da Asociación Iniciadora y Protectora (AIP) da Academia Galega, e impulsor da creación do Himno Galego, solicitado por el mesmo a Pondal e Pascual Veiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador. Formouse na École des Beaux-Arts. Recibiu a influencia de Manet e Degas e participou nas exposicións impresionistas. Dedicouse á caricatura e foi un precursor do expresionismo. Nas súas augafortes cultivou un misticismo relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO