"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín tardío Eustachius, testemuñado só na época cristiá, tirado do grego posclásico Eustachios, variante de Éustachys, nome masculino grego que corresponde ao adxectivo ε ὐ στάχυς, composto de ε ὖ ‘ben, bo’ e στάχυς ‘espiga’; xa que logo, ‘que dá boas espigas’, ‘fecundo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma s II) Mártir cristián. Nun principio foi un xeneral romano, baixo Vespasiano e Tito, que loitou activamente contra os xudeus. Afeccionado á caza, conta a lenda que un día, perseguindo un cervo, viu que o animal lucía unha cruz entre a corna, e unha voz sobrenatural incitouno á conversión, polo que decidiu bautizarse xunto coa súa familia. De contado sucedéronlle unha serie de desgracias, quedou sen facenda e tivo que emigrar. Cando o Imperio entrou en crise, o Emperador Adriano fíxoo volver e seica obtivo grandes vitorias militares; pero, por terse negado a facer sacrificios ante os deuses, condenouno ao martirio. Comparte en Galicia o padroado dos cazadores con san Humberto e san Xián. Na iconografía viste a clámide dos militares romanos e leva como atributos persoais, un cervo cunha cruz entre a corna -ou só a cabeza ou a cornamenta do cervo-, amais dunha espada ou outros instrumentos de caza. A súa festividade celebrábase o 20 de setembro pero a reforma litúrxica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trompa de Eustachi
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Luni 220 - Roma 7.12.183) Papa (275-283). Estableceu que os mártires fosen cubertos coa dalmática e instituíu a bendición da colleita dos campos. A súa festa celébrase o 8 de decembro.
-
PERSOEIRO
Escultor e pintor grego. Discípulo de Lisipo, esculpiu en bronce a imaxe colosal da Tyche ou Fortuna de Antioquía, coñecida polas copias romanas feitas en mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. De orixe belga, formouse na Académie des Beaux-Arts de Bruxelas (1889-1890) e na École des Beaux-Arts de París (1892) con P. V. Galland. En 1893 converteuse en discípulo de Gustave Moreau. Fixo composicións ao aire libre caracterizadas por un sintetismo cromático que anunciaba o fauvismo. Entre outras obras destacan L’espagnol à Paris (O español en París, 1899) e Promenade du dimanche (Paseo do domingo, 1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘con ánimo equitativo e benévolo’. Emprégase en dereito para indicar que se resolve ou xulga segundo as normas da equidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘en igualdade de méritos’. Adoita empregarse en concursos, certames, competicións ou probas, para indicar que dous ou máis concursantes resultaron empatados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Departamento de administración das finanzas públicas do Reino Unido. Introducido en Inglaterra por Enrique I en 1106, ten as súas orixes no tribunal de finanzas da Curia Regis normanda. Era responsable da recadación das rendas reais por medio do alto exchequer, que se encargaba das contas, e do baixo exchequer, que se ocupaba da recadación dos impostos. Desde o s XIII configurouse como un organismo xudicial encargado dos contenciosos co tesouro real e a partir do s XVIII converteuse no ministerio de Finanzas baixo a dirección do chancellor of the Exchequer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autorización para executar nun Estado unha sentenza ditada por un tribunal ou órgano xudicial doutro país estranxeiro. En España, o exequatur outórgao o Tribunal Supremo (TS), ao que se lle debe presentar a sentenza legalizada e traducida ao castelán. A parte interesada (o reo) e o ministerio fiscal deben ser citados polo TS para comparecer e facer as alegacións que estimen oportunas. Oídas as partes ou, no seu defecto, transcorrido o prazo establecido para a comparecencia, o TS resolverá nun auto irrecorrible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás exequias. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cerimonias funerarias que se lle fan a un defunto. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esqueleto exterior ao corpo dun animal e que lle serve de protección. Os diversos grupos de animais teñen un exoesqueleto que se adapta á súa condición de vida: mobilidade, crecemento, etc. Nos corais e moluscos, que fan vida sedentaria, o exoesqueleto é ríxido e sérvelles de sostemento; os sales de calcio forman o exoesqueleto do coral, e a conquiolina, o calcio e a aragonita, o dos moluscos. Nos branquiópodos é calcario. Nos briozoos é de quitina, ás veces calcificada ou de paredes xelatinosas. Nos artrópodos, que teñen unha vida activa con moita mobilidade, fórmase por quitina córnea en placas independentes que se articulan; ás veces pode haber sales de calcio para endurecelo. Nos anélidos existe unha cutícula resistente e elástica, e moitos peixes teñen unha armadura externa. Nas tartarugas existe o caparazón típico, e algúns mamíferos, como o armadillo, presentan placas óseas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico semanal da emisora FM Radio Cosmos de Sierra Grande, en Río Negro (Arxentina). Presentábao Xerminal Filgueira todos os domingos á mañá e ofrecía informacións tratadas cun agudo acento crítico.
-
-
Calidade de exquisito.
-
Cousa exquisita.
-
-
-
Que ten un sabor excepcionalmente bo.
-
Que destaca polas súas calidades de gran finura, delicadeza ou perfección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecequías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Túnel escavado na rocha de 500 m de lonxitude, construído en tempos do Rei Ezequías, que unía unha fonte situada fóra da cidade de Xerusalén cunha piscina no interior da mesma. Aseguraba o abastecemento de auga a Xerusalén en caso do sitio da cidade.