"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Bolivia (133.985 km2; 2.350.466 h [2001]). A súa capital é La Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de El Salvador (1.224 km2; 278.465 h [estim 1997]). A súa capital é Zacatecoluca (57.032 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (2.331 km2; 112.000 h [estim 1991]). A súa capital é La Paz (11.238 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario publicado en Lugo a partir do 1 de xaneiro de 1869, que non cesou antes de outubro de 1873. Fundado polo impresor M. Soto Freire, foi unha publicación de tendencia absolutista e con colaboracións literarias. Incluíu un suplemento gratuíto con artigos de variedades e foi suspendido por orde gobernativa.
-
GALICIA
Impresor. Herdou os obradoiros tipográficos de seu pai, Agustín Paz, que mantivo en Santiago de Compostela. Rexentounos despois de que o fixese súa nai (558-1563), Beatriz Pacheco, en asociación co libreiro Alonso de Cárdenas. A súa impresión caracterízase pola utilización dos caracteres romanos en substitución dos góticos. Dos seus talleres coñécese a impresión das Constituciones para el buen gobierno de la Iglesia de Santiago (1578) e das Constituciones Reales de la Universidad de Santiago, y sus Colegios Mayor y Menor (1602), ademais de varios Traslados de Privilegios Reales, que se realizaron entre os anos 1580 e 1600. Despois da súa morte, foi o seu fillo, Xoán Pacheco, quen se encargou da imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e economista. Presidente da World Fishing Exhibition en Vigo (1991, 1997 e 2003), foi conselleiro xeral do consello de administración de Caixa Galicia, conselleiro delegado de Pescanova en Vigo e conselleiro de Pescafina SA. Fundador e presidente de Iber Comercio e Industrias SA (IBERCISA), presidiu Eiranova Fisheries Ltd en Irlanda e foi vicepresidente de Pescafresca en Vigo e de Pescamar en Moçambique. Recibiu o Premio Ciudad de Vigo de Economía (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Plovdiv, Bulgaria, situada no val do río Marica (79.476 h [2001]). A súa economía baséase nas industrias conserveiras, téxtiles, do metal e da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor húngaro. Foi xesuíta e o principal ideólogo da Contrarreforma en Hungría. Como escritor está considerado o mellor representante da prosa barroca do seu país e caracterízase pola forza persuasiva dos seus sermóns (1636). Da súas obras destacan o oracional Imádságos könyv (1606) e Hodoegus, vagy Isteni igazságra vezérlö, Kalauz (1613).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
palacio.
-
Casa señorial galega situada no campo, que se destinaba a residencia temporal ou habitual dunha familia fidalga. As súas proporcións son superiores ás das vivendas que a rodean e presenta signos heráldicos nas paredes, ademais de diversas construcións como a capela, o xardín e outras dependencias relacionadas coa súa finalidade económica, como o pombal, os alpendres ou os muíños. Construíronse principalmente no ss XVII e XVIII, na época de triunfo do Barroco, aínda que tamén poden ter unha orixe anterior, e constituíronse como centro de produción agraria en que se centralizaban as relacións económicas e sociais do réxime señorial. Esta tipoloxía rural trasladouse tamén ás vilas e cidades.
O nacemento do pazo como residencia da fidalguía: contexto histórico
Estas construcións xurdiron nun momento histórico concreto e como consecuencia da situación socioeconómica e política que existía en Galicia. Despois das reformas emprendidas polos Reis Católicos, a alta nobreza...
-
-
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Tambre que nace e desemboca na parroquia de Xavestre (Trazo).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe galega.
-
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de prata, unha aciñeira de sinople e ao seu pé, dous lobos de sable, un en cada flanco, afrontados e andantes, e bordo de ouro cargado con oito lobos andantes, de sable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Irixoa situado na parroquia homónima.
-
GALICIA
Actor, guionista, narrador oral e director teatral. Comezou a súa actividade como actor en 1975, destacando na Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Membro fundador da compañía A Farándula (1975), traballou con compañías viguesas ata 1983, cando comezou a actuar con outras agrupacións galegas e co Centro Dramático Galego. Debutou como director con Tranvía Teatro en 1989 coa peza O merlo branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1991). Desde entón escribiu, dirixiu ou fixo adaptacións para varias compañías, especialmente para Ollomoltranvía. Desde finais da década de 1990 participou como guionista en series de ficción para a TVG, como O campo de atrás ou Mareas Vivas (1998). Das súas pezas, algunhas delas dirixidas por el, destacan Raíñas de pedra, A Mostra. Travesura 92 (1991), Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), que recibiu varios premios dentro e fóra de Galicia; O Rei Nu (1995), Nano (1997, Premio María...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo. Forma parte da comisión galega de delimitación territorial e dirixe o grupo de traballo de xeografía para as probas de acceso á universidade no sistema universitario galego. Destacan as súas obras Geografía rural del municipio de Tordoya (1987), La trama de los asentamientos rurales en las Rías Bajas gallegas (1994) e, con X. M. Santos Solla, Bibliografía de xeografía de Galicia (1990), O declive demográfico da parroquia rural galega: o caso da provincia de A Coruña (1994) e Poboación e territorio: As parroquias galegas nos últimos cen anos (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Ten obra na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e nos concellos de Tui, Covelo e O Barco de Valdeorras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Adelán (Alfoz). Conta cunha planta en forma de L, formada por unha torre de tres andares no ángulo e dous corpos engadidos. A fábrica é de cachotaría de granito. Ten un patín de pedra orientado ao poñente. O seu terreo, antigamente rodeado por unha muralla, delimítase polas pistas rurais que o atravesan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Castrelo de Miño. Ten planta rectangular con dous patios e conta con dous andares, segundo a pendente do terreo, descendente de S a N. Posúe unha capela independente.
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 562 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Lagostelle (Guitiriz). O seu cumio acada os 580 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Arbo situado na parroquia homónima.