"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen murmura.
-
-
Falar en voz baixa, especialmente protestando ou queixándose de algo ou alguén.
-
Criticar ou falar mal de algo ou alguén.
-
Producir un son suave algunha cousa, especialmente unha corrente de auga ou as follas dunha árbore movidas polo vento.
-
Dicir algo en voz moi baixa.
-
Facer comentarios negativos sobre algo ou alguén co fin de prexudicar a súa boa reputación.
-
-
-
Ruído suave e confuso que produce unha corrente de auga, as follas movidas polo vento ou un conxunto de persoas falando.
-
murmuración.
-
-
Ruído grave e suave que se oe nalgúns lugares do corpo por auscultación.
-
murmurio vesicular
Ruído fisiolóxico que se oe ao auscultar o aparato respiratorio dun individuo que respira normalmente e non ten ningunha lesión torácica.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que semella unha mosca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Roma. Ocupa unha boa parte da antiga cartuxa de Santa Maria degli Angeli, construída sobre restos das grandes termas de Diocleciano (298-306), e recolle unha das mellores coleccións do mundo de mosaico, pintura mural e, sobre todo, de escultura antiga. Destacan os restos dunha das ábsidas do caldarium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en Exipto polo xeque Palatino; Ḥ asan al-Bannā’. Nacionalista e xenófoba, acadou unha gran popularidade sobre todo nos medios rurais. En 1948 o seu xefe foi asasinado e o movemento pasou á clandestinidade. Despois de colaborar para que o partido Wafd gañase as eleccións, e conseguilo, foi de novo legalizado (1951), ata que os seus membros foron inculpados dun atentado contra Nasser (1954). A organización prohibiuse durante a apertura política promovida polo presidente A. Sadat e mesmo posteriormente, malia que participaron na vida política do país dentro do Partido do Traballo.
-
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Formouse en Berlín e estudou en Londres a arquitectura e a decoración inglesas do momento. Cando volveu a Alemaña foi un dos participantes da Deutcher Werkbund e representou, dentro do grupo, o denominado funcionalismo integral, defensor da estandarización na arquitectura. Da súa obra destaca Die Englishe Baukunst der Gegenwart (A arquitectura inglesa actual, 1901) e Das Englische Haus (A casa inglesa, 1904-1908)
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos muxiliformes.
-
Peixe da suborde dos muxiliformes.
-
Suborde de peixes perciformes caracterizados pola posición abdominal ou subabdominal das aletas ventrais. Os representantes deste grupo son todos peláxicos, litorais, con algunhas especies de auga doce.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amida derivada do ácido fórmico. Líquido incoloro, de cheiro forte a amina, moi irritante, cun punto de fusión de -61°C e punto de ebulición de 153°C. Obtense por reacción do formiato de metilo con dimetilamina. Emprégase como disolvente, e ten aplicacións en síntese orgánica. Tamén se coñece coa abreviatura DMF.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Autodidacta, recibiu a influencia do impresionismo e do realismo e creou unha obra chea de simbolismos e de visións fantásticas. Da súa obra destaca L’apprenti sorcier (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ananismo que afecta ao corpo ou ao tronco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de nabo.
-
RIOS
Río situado no centro de India (1.250 km de lonxitude). Nace nas montañas de Sātpurā e desemboca no mar de Arabia, no golfo de Khambhāt. É un dos ríos sagrados de India.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos montes de Toledo, preto do encoro de El Torcón (4.015 h [2001]). É un termo rico en bosques e cultivos extensivos de cereais, oliveiras e legumes. A gandaría, de la e porcino, e a elaboración de aceite complementan a súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Madame de Staël ou Germaine de Staël, estivo casada co barón de Staël-Holstein e creou un destacado salón literario, onde promoveu as ideas neoclásicas e románticas. De ideoloxía reformadora e vagamente progresista, escribiu De l’influence des passions sur le bonheur des individus et des nations (1796), Corinne ou l’Italie (1807), De l’Allemagne (1813) e Considérations sur la Révolution française (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inmobilidade dos espermatozoides no esperma.
-
GALICIA
Dramaturgo. Presentou na cidade das burgas a comedia El pecado de Adán (1917), que non chegou a publicarse íntegra, pero da que si saíron partes na revista La Centuria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Formación dunha neoplasia.
-
Proceso de rexeneración dun tecido.
-
-
PERSOEIRO
Físico e químico. Profesor na Universidade de Berlín, investigou sobre electroquímica, estableceu a relación entre a diferenza de potencial de contacto e a presión osmótica dos ións en solución (1899). En 1906 formulou o teorema de Nernst. Recibiu o Premio Nobel de Química (1920), en recoñecemento ao seu traballo en termoquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Denominación xenérica que reciben diversas dermatoneuroses en que non hai ningunha reacción cutánea, so un proído intenso.
-
Proído esencial da pel.
-