"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo húngaro. Foi expulsado por Hitler (1933) e, en Londres, intentou fundamentar filosoficamente as teorías sociolóxicas coa obra Ideology and Utopia (1936). Rexeitou as ditaduras totalitarias e interpretou a crise política do seu tempo como o paso dun tipo social de pensamento a outro dominado pola planificación, que reflectiu en Diagnosis of Our Time (1944) e Freedom, Power and Democratic Planning (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta finlandés. Malia que a súa obra é escasa, foi un dos poetas máis representativos da nova Finlandia, e adaptou moitos clásicos á súa lingua. Da súa obra poética destacan Säkeitä I-II (Estrofas, 1905-1910) e Virratyven (A calma da corrente, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico inglés. Foi pastor anglicano e converteuse ao catolicismo (1851) e chegou a ser arcebispo de Westminster (1865). Defendeu a doutrina da infalibilidade pontificia no Concilio Vaticano I e foi elixido cardeal en 1875.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista británica. Despois da súa primeira novela, The Wind Changes (1937), as súas vivencias da Segunda Guerra Mundial marcaron toda a súa carreira novelística posterior, como se reflicte na súa Triloxía dos Balcáns, formada por The Great Fortune (1960), The Spoilt City (1962) e Friends and Heroes (1966). A súa obra rematou con The Sum of Things (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro austríaco. Por conta de Austria, deseñou armas, especialmente fusís militares e pistolas automáticas que foron empregados polos exércitos alemán, austríaco, romanés ou neerlandés. Tamén alcanzou gran prestixio o seu rifle de caza, con mecanismo de ferrollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador italiano. Foi secretario do Vicerrei Carlo Fiz e a partir de 1833 recibiu o título de barón do Rei Carlos Alberte II. Foi en varias ocasións presidente do Senado e contribuíu á recompilación de leis e á distensión do feudalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización secreta anarquista andaluza, que se fixo pública en 1883. Fóronlle atribuídos asasinatos, actuacións violentas e delitos comúns. A relación que as autoridades estableceron entre a organización e a Federación de Trabajadores de la Región Española, provocou unha gran represión sobre esta. En 1903 foi revisado o proceso e os presos foron liberados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘presión’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha máquina ou dun medio de locomoción.

      2. Conxunto de movementos para posicionar unha embarcación por medio do temón e das velas ou hélices.

      3. Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha aeronave, provocadas pola acción do piloto sobre os elementos de mando. Clasifícanse en manobras normais de voo, que poden ser básicas (despegue, aterraxe, cambios de altura ou xiros) ou avanzadas, e manobras acrobáticas.

      4. Conxunto de operacións que consisten nunha serie de movementos efectuados por un vehículo automóbil como consecuencia da acción do piloto ou condutor sobre os mandos do vehículo.

      5. Conxunto de operacións que teñen lugar nas estacións para facer trens ou desfacelos, encaixar vagóns ou desencaixalos, cambialos de lugar ou orde, ou ben para cambiar de locomotora ou de vía.

      6. Conxunto de cambios que se efectúan no estado dos sinais, as agullas ou diversos dispositivos, co fin de que os trens sigan un itinerario determinado.

    1. Serie ordenada de movementos que realizan un corpo de tropas ou unha escuadra como exercicio e, con frecuencia, simulando un combate. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    2. Conxunto de accións que se fan para acadar un fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen manobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer manobras con algo.

    2. Executar manobras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que manobra con facilidade, xeralmente o barco e as tropas militares.

    2. Que manobra con malicia para conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Manuel/Manuela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manómetro que leva un dispositivo que rexistra a presión medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘artista’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Rodríguez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista romanesa. Foi profesora do departamento de lingüística románica da Universidade de Bucarest (1957-1978), e desde 1979 exerce o seu labor en California. Escribiu Sistematica substitutelor din româna contemporan ǎ standard (1968), Gramatica comparat ǎ a limbilor romanice (1971) e Struturalismul lingvistic (lecturi critice) (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘mestre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que trata da medida da presión de fluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á manometría ou ao manómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO