"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Instrumento que se utiliza para medir a presión dos fluídos, especialmente dos gases, contidos nun espazo pechado. Os máis primarios, cunha boa precisión, baséanse na igualdade de presións que hai nos diversos puntos dun mesmo plano horizontal dun fluído en equilibrio (manómetros de columna). Para medir presións moi altas pódense utilizar manómetros balanza, como os de Stückrath ou de Stanton. Outros manómetros, como o de Lissell, baséanse na variación da resistencia eléctrica dun condutor filiforme. Os manómetros técnicos renuncian a unha gran precisión. O máis utilizado é o de Bourdon, que se basea na modificación da forma dun tubo espiral metálico colocado de maneira que un dos seus extremos, fixo e aberto, está en contacto co fluído, e o movemento do outro extremo, móbil e pechado, indica a presión. Para medir a presión dos gases no interior dunha arma de fogo empréganse manómetros balísticos, para a presión dun fluído en movemento utilízanse os tubos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Mañón, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ortegal, ao N da Comunidade Autónoma de Galicia e ao NL da provincia da Coruña, situado a 43° 38’ de latitude N e 7° 44’ de lonxitude O. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao L co Mar Cantábrico e cos concellos do Vicedo e Ourol (A Mariña Occidental), ao S co concello das Pontes de García Rodríguez (Eume) e Muras (Terra Chá), e ao O co concello de Ortigueira (Ortegal). Abrangue unha superficie de 82,2 km 2 cunha poboación de 1.693 (2007), distribuída nas parroquias de Bares, As Grañas do Sor, Mañón, Mogor e As Ribeiras do Sor. A súa capital é O Porto do Barqueiro, na parroquia de Mogor, situada a 121 km da cidade da Coruña e a 143 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Mondoñedo e ao partido xudicial de Ortigueira.
    Xeografía física
    Forma unha estreita e longa franxa de terreo entre as provincias de Lugo e A Coruña ocupando a vertente occidental do río Sor. A anchura media é de 3.500 m mentres que a lonxitude é...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína protagonista da novela de A. F. Prévost Histoire du chevalier des Grieux et de Manon Lescaut (1731). Manon, unha cortesá, é redimida pola paixón e polo amor fiel que un home, des Grieux, lle profesa ata a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera dramática en catro actos, con música de Giacomo Puccini (1858-1924), con libreto de R. Leoncavallo, G. Illica, G. Giacosa, M. Praga, D. Oliva e G. Ricordi, inspirada na novela Histoire du Chevalier des Grieux et de Manon Lescaut do abade Prévost. Estreada no Teatro Regio de Turín o 1 de febreiro de 1893, a súa acción desenvólvese en Francia durante a segunda metade do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Arousa situada na parroquia de Abanqueiro (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da armadura antiga que cubría as mans.

    2. Luva con dous compartimentos, un para o dedo polgar e outro para os demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para reducir a presión dun gas e regular o fluxo, especialmente o de saída do gas comprimido nun cilindro ou depósito. Acostuma ser unha válvula reguladora de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monosacárido natural do grupo das aldohexosas, que se presenta na natureza polimerizado nas sementes dalgúns vexetais e nos animais, en forma libre ou como compoñente de glicoproteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que se emprega para indicar e, indirectamente, medir presións de gases.

    2. Aparato que se emprega para detectar variacións da presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten maña ou que se lle dá ben facer algo.

    2. Que sabe conseguir o que quere con astucia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para regular a presión de saída dun gas contido dentro dun depósito ou dunha bombona, que consta dunha válvula reguladora manual e dun manómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e combatente armenio. Fundou en Francia as revistas Tchank e Machagouyt. Ao estalar a Segunda Guerra Mundial formou en Francia un grupo de combatentes composto por húngaros, italianos, españois, armenios e xudeus, coñecido como grupo Manouchian. Foi detido e executado xunto con outros membros do seu grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel J. Francisco Prieto Comesaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no ángulo de confluencia dos ríos Llobregat e Cardener (63.981 h [2001]). A economía baséase nas actividades industriais e nos servicios. Dentro do sector primario destacan os cultivos de regadío e a gandería porcina e bovina. A industria está moi diversificada, aínda que destacan o sector metalúrxico, o químico e o da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Manresa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Manresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e muralista. Participou en proxectos urbanísticos e decorativos (Mirador del Río, 1973), e realizou pinturas informalistas e obras abstractas, das que destaca Más allá de la ceniza (1977). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe da nobreza castelá que se constituíu dunha rama da familia dos Lara. O seu fundador foi Rodrigo Pérez Manrique , señor de Amusco e meiriño maior no reinado de Afonso VIII. A liñaxe resistiu a crise do s XIV e converteuse nunha das máis sólidas na época dos Trastámara. Tierra de Campos foi o núcleo dos seus dominios, pero a súa influencia estendeuse posteriormente á rexión septentrional de Castela. A familia continuou coas ramas laterais de Castañeda-Aguilar de Campoo, que foron sucesivamente condes de Castañeda e marqueses de Aguilar de Campoo. Os membros da rama colateral foron condes de Treviño e duques de Nájera. A última descendencia da familia ostentou o título de conde de Paredes de Nava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo, tío de Jorge Manrique e sobriño do marqués de Santillana. As súas poesías consérvanse en dous manuscritos, localizados na Biblioteca Nacional de Madrid e no Palacio Nacional. Da súa obra destacan os poemas didácticos e moralizantes, proba da súa integridade política, e a Representación del Nacimiento de Nuestro Señor, unha das primeiras mostras de drama litúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO