"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

    1. Conxunto de árbores e plantas moi espesas.

    2. Cadro que representa unha paisaxe chea de árbores, arbustos e animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor dominicano. De nai galega e pai catalán, en 1939 fundou na clandestinidade o Partido Revolucionario Dominicano. Oposto á ditadura de Trujillo, viviu durante 24 anos no exilio. Foi elixido Presidente da República Dominicana (1963) e, deposto por un golpe militar, antes dun ano marchou da illa. Volveu máis tarde, sendo derrotado nas eleccións de 1966 polo conservador Joaquín Balaguer. De novo abandonou a illa ata 1970. En 1973 creou o Partido da Liberación Dominicana e nos anos 1974, 1986, 1990 e 1994 foi derrotado sucesivamente por Joaquín Balaguer nas eleccións presidenciais. Destacou como contista de temas rurais: Camino real (1933), La muchacha de la Guaira (1955). Escribiu novela (La mañosa, 1936), biografías (Hostos, el sembrador, 1943) e ensaios políticos (Bolívar y la guerra social, 1966; De Cristóbal Colón a Fidel Castro, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e arqueólogo. Logo de estudar Filoloxía Clásica e formarse en Arqueoloxía e Prehistoria con Meyer e Ulrich von Wilamowitz-Möllendorf en Alemaña, realizou unha verdadeira renovación da prehistoria peninsular. Foi catedrático de Historia Antiga e Medieval na Universitat de Barcelona dende 1916 ata 1939 e na Universidad Autónoma de México dende 1941. Publicou, entre outros traballos, Prehistoria catalana (1919), La arqueología prerromana hispánica (1920) e Etnología de la península Ibérica (1934). Foi organizador e director do Servei d’Investigacions Arqueològiques do Institut d’Estudis Catalans e dirixiu o Museu d’Arqueologia de Barcelona. Membro de Acció Catalana e conselleiro de Xustiza do goberno da Generalitat de Catalunya (1937-1939), exiliouse ao final da Guerra Civil. Dende 1948 a 1952 foi unha figura sobranceira da división de Filosofía e de Humanidades da UNESCO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Coñecido por poñer a punto o proceso Haber-Bosch de obtención do amoníaco a escala industrial. Recibiu xunto con F. Bergius o Premio Nobel de Química no ano 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o Bosco (š-Hertogenbosch 1450? - 1516) Nome co que se coñeceu o pintor e debuxante holandés Hieronymus van Aeken. En 1486 ingresou na confraría da Nai de Deus onde, ademais de pintar, se ocupaba da representación de misterios. En 1493 fixo os debuxos para as vidreiras da catedral de San Xoán de š-Hertogenbosch. En 1504 o arquiduque Filipe o Fermoso, encargoulle un cadro sobre o Xuízo Final. Boa parte da súa produción desapareceu por causa das iras iconoclastas. Atribúenselle unha trintena de obras: datables cara ao 1480 figuran Os pecados capitais e O escamoteador; do período 1485-1505 son probablemente O barco dos tolos e os trípticos da Alegoría do carro de feo, do Xardín das delicias e de A tentación de Santo Antonio; realizadas despois de 1505 son o tríptico da Epifanía, O fillo pródigo e as pinturas sobre o tema das aldraxes a Cristo. A obra do Bosco é un testemuño da época na que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político holandés. Foi gobernador xeral das Indias Orientais Holandesas (1830-1833) e ministro de colonias (1834-1839). Escribiu a obra Posesións holandesas en Asia, América e África (1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e industrial alemán. Iniciouse nos EE UU, onde traballou con Sigmund Bergmann e Thomas A. Edison. En 1886 fundou en Stuttgart a industria que leva o seu nome. En 1902 o seu colaborador, G. Honold inventou a buxía Bosch, que axudou ao desenvolvemento do automóbil, xunto con outros elementos de Bosch: magneto, luces, equipos de inxección, equipos de acendido, freos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educadora suíza. Na escola de Muzzano realizou a primeira experiencia sobre o método Montessori, narrada en Il Diario di Muzzano (1919-1920). En 1924 fundou en Agno a scuola serena, escola rural considerada a ideal polos pedagogos da Escola Nova. Escribiu, entre outras obras, L’ecole sereine d’Agno (A escola serea de Agno, 1928) e Liberdade educativa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte e pintor. É autor de Carta del navegar pittoresco (Carta da navegación pitórica, 1660) e de Riche minere della pittura venezina (Ricas maneiras da pintura veneciana, 1674), onde defendeu a preponderancia da cor sobre o debuxo na pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Licenciado en Belas Artes na Universidad de Salamanca. Nos anos oitenta mantivo unha importante relación co Expresionismo. Actualmente o seu traballo pitórico, de técnica mixta, evidencia estruturas reticulares que pertencen á natureza. Realiza paisaxes nas que está presente a abstracción, realizadas con papel de fotografía e serigrafía, e onde interveñen as imaxes orixinadas a partir do ordenador. Das súas últimas producións destaca Valla (1999), realizada en obra orixinal serigráfica. A parede dunha galería ou a invasión dun espazo urbano -instalación nun valo para carteis publicitarios realizada o 15 xaneiro 1999-, son algúns dos lugares onde esta obra se sitúa, en continua mutación e transformación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Baloncesto Bosco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cursou estudios de Literatura na Facultad de Filosofía y Letras de Bos Aires onde coñeceu a Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), unha galega natural de Vilanova de Arousa que inspirou a súa obra poética en galego. Gran coñecedor da literatura arxentina e da gauchesca, desenvolveu a súa obra de creación nas letras arxentinas, xunto a Olga Orozco, María Granata, Ana María Chouhy Aguirre, Juan Rodolfo Wilcok, Basilio Uribe e Enrique Molina, entre outros, cos que conformou a denominada Xeración Arxentina do Corenta. A práctica totalidade da súa obra, agás algúns versos publicados na prensa bonaerense, permaneceu inédita. Entre a súa produción lírica atópanse catro dos oito poemas que escribiu en galego e que foron recollidos en 1994 nunha edición elaborada por Xesús Alonso Montero co título Oito poemas en lingua galega. Os poemas en galego foron escritos en agosto de 1939. Morreu no ano 1943, suicidándose nas augas do Río de La Plata. Postumamente se publicou parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Castelnuovo don Bosco, Becchi, Piemonte 1815 - Turín 1888) Eclesiástico e pedagogo, coñecido como Don Bosco. En 1841 iniciou a tarefa pastoral entre os nenos. En 1859 fundou a futura congregación salesiana. En 1886 visitou Barcelona, e recibiu unha doazón de terreos no Tibidabo, onde se erixiu unha pequena ermida. Escribiu ao redor de 150 obras de divulgación, principalmente histórica, didáctica e apoloxética. Como pedagogo foi partidario do sistema preventivo, da participación completa do mestre na vida dos alumnos e da educación postescolar; deu moita importancia á formación para o traballo (talleres nas escolas, escolas profesionais, etc) e humanizou a disciplina escolar. Foi o primeiro que enviou os eclesiásticos ás universidades do estado. Canonizado no 1934, a Igrexa Católica celebra a súa festa o 31 de xaneiro. É patrón dos editores (1936) e dos aprendices (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hieronymus Bosch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten abundancia de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [ou Bošcovič Rudžer Josip] (Ragusa, actual Dubrovnik, Dalmacia 1711 - Milán 1787) Físico, astrónomo e matemático. Estudiou Física e Matemáticas no Collegium Romanum, e en 1726 entrou na Compañía de Xesús. Con Cristopher Mainer, mediu o arco de meridiano entre Roma e Rímini (1750-1753). Dende 1773 ata 1782 dirixiu en París o departamento de Óptica Naval. Na súa obra fundamental, Theoria philosophiae naturalis redacta ad unicam legem virium in natura existentium (1758), criticou os conceptos fundamentais da obra de Newton, considerándoos similares aos suscitados polo esquema cartesiano, e fixo unha xeneralización da acción a distancia entre dous puntos como principio explicativo básico aplicable a calquera fenómeno. A súa obra permaneceu esquecida ata a fin do s XIX. Amosouse contrario á teoría da propagación rectilínea da luz en Dissertatio de lumine (Disertación sobre a luz, 1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e botánico indio. Estudiou en Calcuta e en Cambridge. Exerceu como profesor de Física no Presidency College de Calcuta (1885-1915). En 1895 comezou a estender os experimentos de Hertz ao dominio das ondas de radio moi curtas, para constatar a natureza idéntica das ondas electromagnéticas e das radiacións luminosas. Realizou estudios sobre fisioloxía vexetal con aparellos deseñados por el mesmo e comparou os procesos vitais dos animais e das plantas. Cando se retirou, fundou e dirixiu (1917-1937) o Bose Research Institute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Deuse a coñecer con Cronaca di un amore (Crónica dun amor, 1950) e La signora senza camelie (A señora sen camelias, 1953), de Michelangelo Antonioni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel González Bosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático. Rematou os estudios en 1915 e comezou a traballar no Colexio Universitario de Calcuta. En 1921 deixou Calcuta e estableceuse na Universidade de Dacca. En 1924 enviou a A. Einstein un traballo sobre a teoría cuántica, que o mesmo Einstein fixo publicar, traducido ao alemán, cunhas notas súas. Mantivo contactos con De Broglie en Francia, e con Einstein, Max Born e Heisenberg en Alemaña. Destacou pola súa Estatística matemática (1925), xeneralizada despois por Einstein e coñecida como estatística de Bose-Einstein, que permite estudar as radiacións electromagnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO