"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Gramático e pedagogo. Graduouse en Teoloxía na Universitat de Gandia. Organizou o ensino da gramática castelá como base para o estudo da latina. Como pedagogo estableceu un método de ensino para a escola do hospicio de Barcelona e escribiu, ademais de obras didácticas, un Plan de educación primaria (inédito) e un Plan de educación o método para aprender la lengua latina sin las reglas del arte (1804). Así mesmo, é autor dunha serie de tratados de gramática latina e, sobre todo, castelá, da que renovou e impulsou o estudio; o máis importante é a Gramática filosófica y razonada de la lengua castellana. Escribiu a primeira gramática moderna do catalán: Gramàtica i apologia de la llengua catalana, na que traballou entre 1810 e 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico cirurxián e naturalista. Foi profesor de Álxebra e exerceu a cirurxía dende 1778. No transcurso das súas estadías en América, sobre todo en México, estudiou a flora medicinal de Nova España. Dirixiu a expedición organizada polo goberno de Carlos IV para propagar a vacina antivaríola nas colonias (1803-1806). Escribiu Introdución para la conservación y administración de la vacuna, y para el establecimiento de juntas que cuiden de ella (1796).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Partovia, concello do Carballiño, é de orixe romana. Xa no Dicionario geográfico-estadístico-histórico de España (1845-1850) de Pascual Madoz hai referencias a estas augas. O actual edificio data de 1842.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na illa da Toxa, parroquia e concello do Grove, as crónicas aluden ao seu uso en épocas anteriores. A súa utilización comezou a xeneralizarse tralo seu redescubrimento a principios do s XIX. En 1903 constituíuse a sociedade A Toxa S A que transformou o balneario nun destacado complexo turístico-termal que vén funcionando desde 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte de oposición que se disputa entre equipos de cinco xogadores que teñen como obxectivo a introdución dun balón de entre 75 e 78 cm de circunferencia nunha canastra defendida polo equipo contrario. A Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) establece as regras do xogo. Nos EE UU a Asociación Nacional de Baloncesto (NBA) desenvolve a súa competición con regras propias, que difiren das da FIBA en aspectos como a duración dos partidos, o tempo de posesión do balón do que dispoñen os equipos en cada xogada de ataque, limitacións no emprego de determinados sistemas defensivos, distancia da liña de tres puntos, número de árbitros, etc. O terreo de xogo é de chan duro e libre de obstáculos. As canastras, situadas no centro das dúas bandas máis curtas, están constituídas por un círculo metálico do que colga unha rede aberta pola parte inferior; cada canastra vai fixada a un taboleiro de forma rectangular, sostido por un soporte situado fóra do terreo de xogo e que a mantén a unha altura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está cuberto de balor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidad de Mendoza e director de Saúde Pública da Patagonia. En 1936 emigrou a Arxentina onde fundou, xunto con Gumersindo Sánchez, o Sanatorio da Avellaneda e organizou o laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Bos Aires. Entre 1956 e 1959 presidiu a AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi membro do equipo de dirección da editorial Citania. Escribiu artigos en galego como “Galeguismo, folklore, política e bioloxía” ou “Isaac Díaz Pardo” e, baixo o pseudónimo de Luís Estévez, colaborou na revista bonaerense Galicia emigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse nun taller de imaxinería, onde, na realización de imaxes e na restauración de retablos, coñeceu o traballo sobre madeira. Foi alumno de Antonio Faílde na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Interesouse polo tratamento de tipos da vida cotiá, sempre resoltos cunha técnica próxima á da talla en pedra que facía o artista medieval ou á propia imaxinería tradicional galega. Destaca a súa obra de produción de retablos e beléns, onde quedaron resumidas as súas propostas estéticas expresionistas, sempre sobre figuras de pequeno formato, representación dos tipos populares galegos.
    A súa obra máis representativa é o Belén de Baltar ou Belén de Ourense exposto dun xeito permanente na Capela de San Cosme e San Damián ourensana. En 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense encargoulle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escola de Arquitectura de Madrid e na de Barcelona. Dende mediados dos anos sesenta asentouse en Vigo, onde desenvolveu a súa actividade profesional colaborando con destacados arquitectos como Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido. Compartiu o espírito de renovación dos arquitectos da súa xeración. Entre as súas obras destacan o Centro Médico Povisa (Vigo), a rehabilitación de San Caetano, os edificios de Freiremar, Galiciamar e Iberconsa, os centros da Terceira Idade do Carballiño e A Estrada, e o colexio Rosalía de Castro (Vigo). Foi vogal do Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e un dos fundadores do Colexio de Arquitectos de Galicia. Así mesmo, presidiu Sigalsa e foi vogal da Comisión Superior de Urbanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico traumatólogo. Realizou o seu doutoramento en Italia, coa tese Considerazioni sulla sindrome de Munchmayer, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1973 traballou no Hospital Provincial de Santiago de Compostela, onde foi xefe clínico e xefe do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Foi tamén director do Hospital Provincial de Santiago de Compostela (1975-1988). Membro da Sociedad de Cirugía de Galicia, da Sociedad Española de Cirugía e doutras asociacións médicas internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou o seu doutoramento na Universitat de València coa tese Influencias del sistema nérvico central sobre el aparato digestivo, e ampliou a súa formación en Francia. Dende 1976 ocupou o cargo de xefe do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva no Hospital Provincial de Santiago de Compostela. Foi membro da Sociedad Española de Cirugía e da súa homóloga francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Catedrático na Escola Superior Universitaria de Arquitectura da Coruña, traballou en colaboración con José Antonio Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña, cos que compartiu unha estética arquitectónica racionalista na que se mestura o respecto aos materiais autóctonos e a súa vocación de modernidade. Entre as súas obras salientan a Subestación de Fenosa, as Facultades de Filosofía e Ciencias da Educación, a Escola de Estomatoloxía, o Polideportivo do Colexio Peleteiro, o edificio do xulgado de Fontiñas en Santiago de Compostela e o pazo de Xustiza en Vigo. Tamén realizou obras de restauración e rehabilitación na cidade de Santiago de Compostela: claustro e instalacións do Museo do Pobo Galego no Convento de San Domingos de Bonaval, Pazo Xelmírez, biblioteca de San Martiño Pinario e Teatro Principal.
    Así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Utilizou estruturas de ferro, tanto para facer un estilo historicista, reflectido na igrexa parisina de Saint-Augustin (1860-1867), como para crear edificios funcionais, por exemplo os Halles Centrales de París (1853-1858). Traballou na restauración das igrexas de Saint-Germain-des-Prés e Saint-Nicholas-du-Chordonnet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo de liñaxe real visigótica. Fundada por Alarico, que foi elixido xefe no ano 395, a liñaxe extinguiuse no ano 531 coa morte de Amalarico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada da palabra báltico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao baltoeslavo.

    2. Termo que abrangue, baixo unha designación común, dúas familias de linguas indoeuropeas: a das linguas bálticas e a das eslavas. Máis que pola contigüidade xeográfica destes dous grupos, a designación conxunta xustifícase a partir da noción da árbore xenealóxica das linguas, que puidese probar a súa descendencia dunha lingua común báltica da que se ramificaron posteriormente, aínda que algúns estudiosos discuten que esa semellanza constitúa unha proba da súa orixe común e pensan que podería responder a unha influencia mutua máis recente. Conxuntamente acadan os trescentos millóns de falantes aproximadamente, dos que máis da metade empregan tamén o ruso. Entre as principais linguas bálticas cóntase o letón (ou letonio) e o lituano. Algunhas das linguas pertencentes a este grupo extinguíronse, aínda que si se conservan restos escritos en prusiano antigo. Os primeiros textos documentados nestas linguas son do s XIV. Ambas as dúas posúen unha norma propia pero rexistran numerosos dialectos....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao baltofinés.

    2. Grupo de linguas finoúgricas, faladas entre os mares Báltico e Branco, en territorios de Finlandia, Estonia, Curlandia e outras zonas veciñas de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza baltooriental ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza baltooriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sen proveito ou utilidade. OBS: Esta locución tamén se utiliza coas preposicións en e de.

    VER O DETALLE DO TERMO