"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Marrocos e en 1926 ascendeu a xeneral. Foi deputado agrario por Cuenca (1931-1933) e subsecretario do ministerio da Guerra (1935). Participou nos preparativos do alzamento de xullo de 1936 e dirixiu en Madrid a rebelión do Cuartel de la Montaña, polo que foi sometido a consello de guerra e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘navalla’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘coitelo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asceta hindú que mediante intensas prácticas místicas consegue unha extraordinaria capacidade de control sobre as súas funcións vitais (ritmo cardíaco, respiración, percepcións sensoriais, etc).

    2. Asceta mendicante mahometano que rexeita a propiedade privada e se somete á vontade divina.

    3. Ilusionista especializado en manifestacións de insensibilidade física, como camiñar descalzo sobre cravos, vidros, brasas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de prácticas dos faquires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xesús Franco González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe imaxinario, con figura de vello, que serve para asustar os nenos pola noite, dicíndolles que os vai levar nun saco se se portan mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspecto ou corte da cara dunha persoa.

    2. Aspecto que toma algunha cousa.

    3. Noxo ou náusea que produce algunha cousa polo seu mal cheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de madeira dun tronco cortado en sentido lonxitudinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter ou causar unha sensación de noxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar en fasquías un tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves ES-TRAD;mso-fareast-language: Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pertencente á FAI constituída en Vigo no mes de xaneiro de 1936. Estivo composta por unha ducia de grupos afíns de Vigo, Tui, A Guarda, Chapela, O Porriño e Moaña que reunían a uns 70 militantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo confederal que reunía os sindicatos de industria pesqueira de Cariño, Espasante, O Barqueiro e Cedeira afectos á CNT. Foi constituído a comezos do ano 1936, conforme ao mandato do pleno da Federación Regional de Industria Pesquera de outubro de 1935, enfocado cara ao agrupamento dos sindicatos mariñeiros de cada bisbarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización dos anarquistas portugueses perseguidos polo réxime de Oliveira Salazar e exiliados en España durante a Segunda República. En Galicia contaba cos grupos de afinidade Os Conquistadores Modernos (Noia), Os Intransigentes e Os Inadaptaveis (A Coruña) e outro colectivo máis en Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1932 para coordinar diversos colectivos anarquistas existentes na Coruña. Na súa constitución tivo un papel destacado o militante do cadro do Sindicato de Panaderos, José Moreno Torres. Dous anos máis tarde o agrupamento de varios grupos anarquistas coruñeses afiliados á FAI adoptou idéntica denominación, impulsada agora polo militante do Sindicato de Transportes, Luis Chamorro, e o anarquista de orixe grega Antonio Fournarakis. Desaparecida trala frustrada revolución de Asturias, reorganizouse a mediados de 1935, contando daquela coa axuda do director do periódico Brazo y Cerebro, Idelfonso González. Ao comezo da Guerra Civil, contaba cos grupos Nervio, Espartaco, Ideal, Los Intransigentes, Los Excomulgados, Sin Dios ni Patria e Ni Dios ni Fronteras, que integraban uns corenta militantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida entre 1914 e 1915 e baseada na efémera Federación de Marineros del Morrazo. Con forte presenza en Marín e Cangas, tentou integrar as sociedades de mariñeiros, maquinistas e patróns de cabotaxe de toda Galicia. Alentada por militantes socialistas, como o marinense Xosé Hervés e o canteiro residente en Cangas Lorenzo Corbacho, tentou intervir no control das artes depredadoras e na erradicación da dinamita nas faenas pesqueiras. Desapareceu en 1922, logo de ter desenvolvido unha intensa conflitividade mariñeira nas rías de Vigo e Pontevedra a finais da segunda década do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída a comezos do verán de 1931 por militantes da CNT galaica. A Federación Regional Marítima (1925) e a Federación Regional Pesquera (1930), constituídas en Vigo baixo a influencia do sindicalista compostelán Xosé Villaverde, foron os antecedentes da súa conformación. Foi a primeira federación de industria que, dun xeito estruturado e organizado, funcionou no mundo sindical galego. Serviu de base á Federación Nacional de Industria Pesquera, creada no outono de 1931, que tivo a sede do seu primeiro comité na Coruña e da que foi o seu secretario o patrón de pesca coruñés Manuel Montes. Na Segunda República, as súas seccións estendéronse por Galicia, de maneira que, en 1936, máis de 40 portos e arredor de 16.000 homes e mulleres estaban representados nela, sobresaíndo os sindicatos da Coruña, Vigo-Bouzas, Marín, Moaña, Cangas, Cariño e Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1625-1647) e stadhouler das Provincias Unidas (1625-1647), fillo de Guillerme I o Taciturno. Sucedeu o seu irmán Mauricio I. Nomeado capitán e almirante xeral das Provincias Unidas (1625), conquistou Hertogenbosch (1629), Maastricht (1632) e Breda (1637). Creou unha poderosa flota naval e impulsou o desenvolvemento do dominio colonial holandés. Coñecido pola súa cultura, atraeu á súa corte, entre outros, a Rembrandt e R. Descartes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Colaborador na prensa, da súa produción destaca o poemario Elexías da revolta illada (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO