"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (2.100 km2; 43.387 h [2000]). A capital é Lorengau (5.829 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir á man.
-
-
de manuscribir.
-
Que está escrito á man.
-
Libro escrito á man. Tamén se denomina códice cando se refire aos manuscritos antigos e medievais escritos en papiro, pergameo ou papel. Entre os manuscritos máis destacados que recollen a literatura galega medieval destacan o Cancioneiro da Ajuda (A) (ss XII-XIV), escrito a dúas columnas, por unha soa man, en letra gótica francesa; e os apócrifos italianos Cancioneiro da BibliotecaVaticana (V), escrito en papel de liño a unha columna ata o caderno décimo e a dúas columnas o resto, en cursiva humanística de varias mans de finais do s XV ou inicios dos XVI, e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B), escrito en papel de peor calidade por tres mans diferentes en letra gótica decadente e cursiva humanística. As Cantigas de Santa María consérvanse en tres códices españois, escritos en letra gótica francesa do s XIII con coidadas miniaturas e un códice italiano escrito en letra gótica moi estilizada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de leis brahmánicas. Atribúese tradicionalmente a Manu, e contén observacións sobre as cerimonias domésticas, os ritos fúnebres, os sacrificios e a pureza cerimonial.
-
-
Acción e efecto de manter ou manterse.
-
Conxunto de alimentos que necesita unha persoa ou animal para sobrevivir.
-
Conxunto das operacións de manexo, transporte e almacenaxe de materiais. Comprende desde a chegada dos materiais necesarios no proceso produtivo ata a saída do almacén de expedición e faise necesaria para levar a cabo a fabricación dun produto. Hai que ter en conta que as operacións de manutención encaréceno. Isto fai que os problemas de circulación do material teñan unha consideración moi importante xunto aos factores de produción clásicos: man de obra, material e máquinas. Na manutención hai que diferenciar entre a manipulación, que pode efectuarse desde a zona que é posible abastecer sen moverse do lugar, e o transporte interno, que ten unha dimensión fóra da zona de abastecemento e supón unha locomoción. Nun proceso de fabricación débese considerar, en primeiro lugar, se a distribución da maquinaria ten por finalidade establecer liñas de fabricación continuas ou ben agrupar as máquinas segundo as operacións que fan. Nestes dous casos, a mellor distribución, desde o...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pano co que o cura se enxuga as mans durante a misa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia italiana de humanistas, editores e impresores do s XVI. Iniciada por Aldo Manuzio, foi continuada primeiro polos Torresani (1515-1529) e logo por estes xunto ao fillo de Aldo, Paolo Manuzio (Venecia 1512-Roma 1574). Este separouse dos Torresani en 1540 e publicou edicións de autores clásicos, como a versión latina do Demóstenes (1554), unha colección de epístolas de estilo ciceroniano e unhas antigüidades romanas en catro volumes (1560). O seu irmán, Antonio Manuzio (?-1559), foi libreiro e impresor en Boloña (1556-1557). O fillo de Paolo, Aldo Manuzio , continuou coa imprenta, e publicou Epitome ortographiae (1575) e o seu comentario á Ars Poetica de Horacio.
-
PERSOEIRO
Humanista, impresor e editor italiano. Coñecido como o Vello, foi preceptor dos príncipes de Carpi (1483), e un deles, Alberto Pio, financiou a súa imprenta establecida en Venecia (1493). Excelente helenista, reuniu un grupo de colaboradores na Academia Aldina, onde se ocupou da edición dos clásicos grecolatinos (Teócrito, Hesíodo ou Virxilio, o Órganon aristotélico, Marcial e Cicerón). Como editor publicou textos de gran rigor filolóxico, cun excepcional traballo tipográfico. A importancia do seu legado está no abandono dos tipos góticos en favor da littera antiqua, a creación dun alfabeto completo que se converteu en clásico ata a aparición do roman du roi Louis XIV, a creación dos tipos cursivos e o deseño clásico dos tipos gregos, tradición que non foi abandonada ata finais do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mañiza.
-
-
Relativo ou pertencente á illa de Man e á súa lingua.
-
Lingua gaélica da illa de Man que se extinguiu como lingua natural no s XX.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se lle bota a comida aos animais, xeralmente ao gando e aos porcos, feito de maneira que só poidan acceder a el coa cabeza.
-
-
Comida apetitosa ou exquisita.
-
Calquera outro tipo de alimento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de pesca, semellante ao xeito, que consiste nunha rede rectangular que se lanza ao mar con violencia para pescar sardiña, xurelo ou xarda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘domingo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san Xosé Manyanet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de lagoas e marismas, situada na depresión Kuma-Manyč, e que separa a chaira de Europa Oriental da precaucásica. É considerada convencionalmente como a fronteira entre Europa e Asia.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Mezquita baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Castela-A Mancha, subafluente do Tajo a través do Jarama (88 km). Nace na serra de Guadarrama, próximo ao porto de Navacerrada, corre en dirección S, pasa por Manzanares el Real e Madrid e desemboca no Jarama.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, drenado polo río Azuer (17.917 h [2001]). É un centro vitícola da Mancha, onde se elaboran viños e licores. Posúe cultivos de cereais, patacas e viña, así como gandería. Destaca a industria alimentaria, química e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama, drenado polo río Manzanares, onde forma o pantano homónimo (4.547 h [2001]). O castelo, residencia dos marqueses de Santillana e dos duques do Infantado, foi construído no s XV.
VER O DETALLE DO TERMO