"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • PERSOEIRO

    Profesor, polígrafo, conferenciante, articulista, dramaturgo e director teatral, fillo do académico e secretario da Real Academia Española Emilio Cotarelo Mori. Cursou estudios en Madrid e Oviedo (1889-1899), e foi catedrático de Lingua e Literatura españolas desde 1904 na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi vicerrector e decano da súa facultade de Filosofía e Letras. Presidiu o Ateneo León XIII. En 1909 participou na Exposición Rexional de Santiago, e dous anos despois o seu Teatro de Cervantes foi galardoado co Berwick e Alba da Academia Española. En 1919 deuse a coñecer como narrador con Palladys tyrones e a seguir editou La enseña raída (1922) e El pazo (1923). Desde 1920 foi académico da Academia Galega. A partir de 1923 converteuse no primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro da Academia de Historia e do Instituto de España. A súa actividade teatral centrouse en especial no período 1922-1931, logo de promover o Cadro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Muros e Noia, situada no litoral da parroquia do Freixo de Sabardes (concello de Outes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monte pedrallento de escasa elevación, próximo a outros montes pequenos.

    2. Situación na que se reúne un grupo de xente en estado de grande axitación e desorde facendo ruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de ferro semellante a un martelo, cun dos extremos en forma de pico afiado e o outro romo, empregado polos canteiros para picar e labrar a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • craniomalacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á medusa que presenta unha dobra no bordo da umbrela chamada veo, que cando se contrae permite o seu desprazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido oleoso, mestura de fenois (creosol e guaiacol, fundamentalmente), obtido da destilación do alcatrán de madeira ou da hulla. A creosota da madeira, chamada tamén creosota oficinal, emprégase como antiséptico externo e como expectorante balsámico nas bronquites. A de hulla úsase como preservador da putrefacción da madeira e como saborizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de creosotar.

    2. Que contén creosota.

    3. Acción de creosotar a madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impregnar a madeira de creosota.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crepidotáceas.

    2. Fungo da familia das crepidotáceas.

    3. Familia da orde das cortinariais á que pertencen os xéneros Crepidotus, Flammulaster, Galerina, Gymnopilus, Phaeocollybia, Phaeomarasmius, Pleurotellus, Ramicola e Tubaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crotálidos.

    2. Réptil do grupo dos crotálidos.

    3. Grupo de serpes, da familia dos vipéridos, caracterizadas por posuír unha fosa sensorial peculiar entre o orificio nasal e o ollo. Todos os crotálidos son velenosos. Inclúen seis xéneros, o máis coñecido é o Crotalus. Os demais reciben os nomes de Bothrops, Lachesis e Sistrurus (en América), e Trimeresurus (en Asia). Un último xénero, Agkistrodon, comprende tres especies americanas e nove asiáticas; unha destas, Ahalys, chega ata Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Serpe velenosa do xénero Crotalus, da familia dos vipéridos. Caracterízase por presentar no extremo da cola unha estrutura de aneis córneos, encaixados entre eles, que axita cando se excita de xeito que produce un son peculiar semellante ao do axóuxere. Posúe, entre os ollos e os orificios nasais externos, uns receptores de calor que lles serven para localizar as presas -pequenos mamíferos e aves- na escuridade. Tipicamente americanos, no norte de Arxentina está a especie C. terrificus e en América do Norte están presentes: C. horridus, que vive nos bosques; C. viridis, nas praderías; e C. cerastes, que habita nos desertos e presenta dous corniños.

    2. Instrumento de percusión empregado nas antigas civilizacións orientais para marcar o ritmo das danzas. Semellante a unhas castañolas, está formado por unha parella de valvas de madeira, óso, marfil ou metal que o executante empuña pola extremidade inferior para facelas chocar entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles da familia dos crotálidos ao que pertencen os crótalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo (1781-1797). Licenciouse en Dereito Canónico e foi provisor en Ciudad Rodrigo e cóengo doutoral e deán en Ávila, onde fundou unha academia de leis canónicas. Durante o seu bispado realizou diversas obras na catedral mindoniense, como a prolongación do cruceiro e o peche da capela maior mediante unha reixa de bronce. Construíu tamén parte do palacio episcopal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte máis elevada dun monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Dakota ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Dakota.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo dakota.

      2. Individuo do pobo amerindio dos dakota.

      3. Pobo amerindio da familia síux, establecido primitivamente nas chairas e bosques do N de América, no curso alto do Mississippi, nunha área comprendida entre o Lago Superior e a conca do Missouri, no territorio dos actuais estados de Minnesota, Dakota do Norte e Dakota do Sur. Os dakota dedicábanse á agricultura pero, pola presión dos chippewa, dividíronse en tres grupos: dakota, lakota e nakota, que se espallaron en diferentes direccións, conservando estreitos vínculos. Os dakota estendéronse polas chairas e adaptáronse á caza do bisonte, pero coa expansión dos EE UU cara ao O e a chegada de colonizadores brancos comezaron os enfrontamentos cara a mediados do s XIX. O incumprimento dos diversos tratados que o goberno dos EE UU asinou cos indios provocou diversos enfrontamentos e, baixo o liderado de Touro Sentado e Cabalo Tolo, os dakota derrotaron o xeneral Custer en Little Big Horn (25.7.1876). Despois da matanza de 200 dakotas en Wounded Knee, en decembro de 1890, a resistencia india...

    1. Lingua indíxena de América do Norte pertencente á familia macro-síux do phylum amerindio. A finais do s XVIII falábano unhas 35.000 persoas, pero a posterior dispersión das tribos dakotas asiniboidas, asentadas primitivamente na zona do Alto Mississipi, provocou a fragmentación do dakota en catro dialectos: o santee, o yankton, o teton e o asiniboide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo territorio dos EE UU, explotado e colonizado polos franceses durante a primeira metade do s XVIII. No ano 1763 incorporouse aos dominios da monarquía hispánica como parte integrante de Louisiana, pero logo volveu á soberanía francesa, e no ano 1803 adquiriuno a Unión. En 1861 o Congreso dos EE UU creou o Territorio de Dakota, que comprendía os actuais estados das dúas Dakota, Montana e Wyoming. En 1889 escindiuse en Dakota do Norte e Dakota do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, ao NO da Rexión Central (183.119 km2; 638.000 h [estim 1998]). A capital é Bismarck (53.514 h [1996]). O territorio divídese en tres grandes rexións: o val do río Red, cunha superficie plana apropiada para os pastos, e a Rexión Central e Oriental do río Missouri, formadas as dúas por suaves outeiros. O río máis importante é o Missouri e os seus afluentes (Little Missouri, Hearst e James). O outro gran río é o Red, que percorre o val que leva o seu nome ata desembocar no lago Winnipeg, en Canadá. O seu clima é continental extremo, cunha temperatura media anual que varía entre os 6°C no SO e os 2°C no NO. A precipitación é escasa, uns 380 mm de media anual. A poboación presenta unha taxa de crecemento anual do 0,3% e unha densidade baixa (3,4 h/km2 [1994]). O 42,7% da poboación vive en cidades ou áreas metropolitanas (1996). O 25,3% dos habitantes é menor de 18 anos e o 14,4% ten máis de 65. O índice de mortalidade infantil é de 0,53%. O grupo étnico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, situado ao NO da Rexión Central (199.730 km2; 738.000 h [estim 1998]). A capital é Pierre (13.422 h [1996]). O territorio divídese en catro grandes rexións: a Pradería (Drift Prairie), os outeiros de Missouri, as Grandes Chairas e os Outeiros Negros (Black Hills). A rede fluvial está formada polas concas dos ríos Mississippi-Missouri e os seus afluentes, principalmente o James e o Red. O seu clima é continental, cunha temperatura media anual que varía entre os 5°C ao NL e os 9°C ao SO. A precipitación media anual é do 380 mm. A poboación presenta unha taxa de crecemento anual do 0,3% e unha densidade baixa (3,6 h/km2 [1994]). O 33,3% da poboación vive en cidades ou áreas metropolitanas (1996). O 27,2% dos habitantes é menor de 18 anos e o 14,3% ten máis de 65. O índice de mortalidade infantil é do 0,57%. O grupo étnico maioritario está formado polos descendentes dos europeos colonizadores, que representan o 90,6% da poboación; outros grupos minoritarios...

    VER O DETALLE DO TERMO