"Aïr" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
PERSOEIRO
Pintor, gravador e escultor. Coñecido como Edgar Degas, nome co que asinaba as súas obras. Recibiu a influencia de Ingres, aínda que a súa formación se debeu principalmente ao estudo dos antigos mestres no Musée du Louvre e ás súas estancias en Italia (1854-1859). Formou parte do grupo do Café Guerbois (1866) e foi un dos organizadores da primeira exposición dos impresionistas (1874). Participou nas outras mostras impresionistas, agás a de 1882. Comezou facendo cadros de historia, entre outros, Jeunes filles spartiates provoquant des garçons à la lutte (1860), pero centrouse no retrato, dos que destaca La famille Bellelli (1858-1867), e nas carreiras de cabalos, como Joquies davant les tribunes (1869-1872). Asiduo á l’Opéra de Paris, pintou escenas de ballet e danza, entre outras, L’École de danse (1874) e Danseuse à la barre (1880), que tamén cultivou na escultura, entre outras, La petite danseuse de quatorze ans (1881). As...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo e paleontólogo francés. Foi profesor no Museo de Historia Natural de París, e creou o museo zoolóxico do Jardin des Plantes. Protexido por Napoleón, participou como científico nas expedicións a Exipto (1798) e Portugal (1808). Estudiou os organismos monstruosos e chegou a formular unha teoría completa sobre esta nova ciencia que denominou teratoloxía. Foi distinguido cunha cátedra na Sorbonne e dedicouse ao ensino, ás buscas paleontolóxicas, e á publicación de artigos e libros entre os que destacan Philosophie anatomique (1818-1822), Principes de philosophie zoologique (1830) e Études progressives d’un naturaliste (1835). Algunhas das súas observacións e doutrinas foron recollidas por Darwin.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión situada no centro de Canadá e dos EE UU que se estende desde o escudo canadense ata a chaira costeira do golfo de México. Ao O limita coas Montañas Rochosas, e ao L coa rexión das praderías e a chaira aluvial do Mississippi. Xeoloxicamente está formada por xistos, arxilas e areas sedimentarias con algún depósito glacial. O clima é árido, e os ríos principais que a atravesan son o Missouri, o Arkansas e o Colorado de Texas.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Paraguay, na Región Oriental (3.846 km2; 173.070 h [estim 1998]). A capital é Villarrica (27.812 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial francesa fundada en 1826 por Louis-Christophe Hachette con sede en París. Edita libros, cun amplo catálogo, prensa e material audiovisual. Entre as súas publicacións destacan o Ditionnaire de la langue française de E. Littré (1863) e o Ditionnaire de l´Académie (1886). Adscrita ao grupo Hachette-Filipacchi, en España conta coa revista Hola e cos grupos Zeta e RBA. É a primeira editora de revistas do mundo, con 216 títulos en 34 países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chaira sedimentaria que une a península do Deccan co Himalaia. É unha conca aluvial formada desde o Terciario e recuberta de materiais procendentes da erosión do Himalaia. Esténdese entre o golfo de Bengala e o mar de Arabia. Drénana os ríos Indo, Ganxes e Brahmaputra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación galeguista fundada en Bos Aires en 1941. Inspirada por Castelao, levou a cabo actividades de tipo cultural e político en defensa da lingua galega durante os seus trinta e dous anos de existencia, nos que estivo presidida por persoeiros como Alonso Ríos, Rey Baltar e Ricardo Flores. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo e pediulle á ONU a condena do goberno franquista (1946) e levou a cabo unha campaña contra o emprego da bandeira monárquica nos centros galegos (1948). Organizou numerosas conferencias, exposicións de pinturas e colaborou coa Intersocietaria Gallega e con A Nosa Terra.
-
PERSOEIRO
Bailarina, cantante e actriz. Coñecida como Zizi Jeanmaire, en 1939 debutou no ballet da Ópera de París. Actuou nunha ducia de filmes e gravou discos con outros cantantes franceses. Co seu marido, Roland Petit, dirixiu o Casino de París (1969-1972), e posteriormente colaborou no ballet de Marsella, que dirixiu ela mesma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Renée Marcelle Jeanmaire.
-
PERSOEIRO
Trobador galego. Pertencente a unha familia burguesa de Santiago de Compostela, cultivou a súa poesía a partir de 1270 na corte de Afonso X e tal vez, tamén, de Sancho IV, onde se relacionou con Johan Vasquiz de Talaveira, con quen mantivo unha tenzón, e Per’ Eanes Marinho. Consérvase unha abondosa obra lírica da súa autoría, conformada por 81 composicións, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. O corpus componse de 47 cantigas de amigo, nas que se dá fundamentalmente unha adecuación ao xenero da cantiga de amor sen concesións a motivos popularizantes, 21 cantigas de amor (1 pastorela), 11 escarnios (6 persoais, 3 de amor e 2 sociais) e 2 tenzóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da wilāya de Kairouan, Tunisia (102.634 h [1994]). Fundada en 670 por ‘Uqba ibn Nāfi’, gobernador de Ifrīquiya, acadou un gran desenvolvemento como capital da dinastía aglábida (s IX). Pola súa situación xeográfica, foi codiciada polos bérberes e conquistada polos normandos en 1148. Co traslado da capital a Mahdia (947) comezou a decadencia que non superou ata mediados do s XVIII, baixo os reis husenitas. A mesquita, fundada por ‘Uqba (s VII) e reconstruída (836) por Ziyādat Allāh, é de estrutura andalusí. A UNESCO declarou a cidade Patrimonio da Humanidade en 1988.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (6.712 km2; 563.200 h [estim 2000]). A súa capital é Kairouan.
-
-
(Toquio 1915) Matemático xaponés. Profesor nas universidades de Toquio, Princeton e Stanford, estudiou a utilización da teoría dos feixes en topoloxía alxebraica. É autor do teorema de K.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Predicador francés. Avogado, entrou no seminario e foi ordenado sacerdote en 1827. En 1830 fundou, xunto con Lamennais e Montalembert, o periódico L’Avenir, que foi condenado por Gregorio XVI en 1834. Someteuse e arredouse de Lamennais, co que polemizou. Obtivo o restablecemento da orde dos dominicos en Francia e, en 1840, pronunciou os votos. Entre 1850-1854 e 1858-1861 foi o superior da orde. Desde 1835 destacaron as súas conferencias en Notre-Dame de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MONTES
Monte (564 m alt) situado entre os concellos de Oímbra, Verín e Monterrei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: ladral.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador valón. Foi pintor oficial de Amsterdam e rival de Rembrandt. Cultivou a pintura mitolóxica e de historia. En 1684 estableceuse na Haia, onde decorou as estancias de Guillerme III de Inglaterra e o Binnenhof. Cara a 1690 quedou cego e dedicouse á teoría da arte e escribiu Grondlegginge der Teekenkunst (Fundamentos do debuxo, 1701) e Het Groot Schilderboot (O gran libro da pintura, 1707).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión francesa propia da escola fisiocrática para designar a doutrina que preconiza a non intervención do estado na vida económica e defende o capitalismo e a libre competencia. Fai referencia ao principio segundo o que se se permite a libre actuación dos individuos no terreo económico, perseguindo cada un o seu interese persoal, actuará seguindo unhas leis inmutables polas que se establecerá unha harmonía económica natural. Esta idea foi retomada por Adam Smith e polos economistas clásicos británicos, e sintetizou o pensamento político liberal oposto ás monarquías absolutas e ao conservadorismo que defendían a liberdade económica, o constitucionalismo e a ausencia de intervención estatal no comercio exterior e nas prácticas mercantís. Esta teoría foi ampliada por economistas británicos como David Ricardo e John Stuart Mill. A finais do s XX rexurdiu debido as privatizacións industriais feitas polo estado e pola diminución do papel do sector público.