"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • Homicidio dunha persoa relevante polo seu cargo ou poder, especialmente o dun xefe de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de magnificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que magnifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canto que, segundo o Evanxeo de san Lucas, entoou a Virxe cando visitou a súa curmá santa Isabel despois da Anunciación. Leva este nome por ser a palabra latina coa que comeza (“Magnifĭcat anĭma mea Domĭnum”). A liturxia católica adoptouno como pregaria que se canta ao final das vésperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de grandioso ou magnífico.

    2. Grandeza ou xenerosidade nos actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa admiración polo seu esplendor ou grandiosidade.

    2. Que actúa con magnificencia ou xenerosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que posúe unhas calidades excelentes.

      2. Que posúe excelentes calidades intelectuais e morais.

    1. Tratamento honorífico que se lle dá a persoas ilustres, en especial aos rectores das universidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Čel’abinsk, Rusia, situada á beira do río Ural (424.000 h [1997]). É un dos centros metalúrxicos máis importantes de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Característica dun corpo que pode ser medida.

    2. Importancia ou grandeza de algo.

      1. Característica dun astro relativa á súa luminosidade, que consiste nun valor numérico que se atribúe arbitrariamente e que permite establecer unha clasificación comparativa. Xeralmente emprégase a magnitude aparente.

      2. magnitude absoluta

        Magnitude aparente que tería un astro se se situase a unha distancia de dez parsecs da Terra. A magnitude absoluta M relaciónase coa magnitude aparente m pola fórmula M = m + 5 log 10 D, onde D é a distancia do astro á Terra medida en parsecs.

      3. magnitude aparente

        Medida do fluxo luminoso que un observador terrestre recibe dun astro. Antigamente, Hiparco de Nicea clasificou as estrelas visibles segundo unha escala de magnitudes, que ía de 1 a 6. Actualmente, defínese a partir da lei de Pogson, de maneira que os valores da magnitude aparente así definida coinciden cos da escala antiga. 

      4. magnitude bolométrica

        Magnitude aparente medida computando a enerxía total radiada polo astro, é dicir, as radiacións ultravioletas, visibles e infravermellas.

      5. magnitude fotográfica

        Magnitude aparente dun astro medida utilizando como detector unha placa fotográfica normal.

      6. magnitude fotovisual

        Magnitude fotográfica dun astro medida cunha placa fotográfica que ten unha sensibilidade comparable á do ollo humano para todas as lonxitudes de onda da luz visible.

      7. magnitude visual

        Magnitude aparente dun astro medida utilizando o ollo humano como instrumento de detección.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que destaca pola súa grandeza ou importancia.

    2. Aula Magna.

    3. carta magna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do nome persoal latino Magnus/Magna, testemuñado como cognome en época republicana, que deriva do adxectivo magnus ‘grande, forte, poderoso’. O xeneral romano Cneo Pompeio (s I a C) recibiu o agnomen de Magnus polos seus logros militares. Entre os santos que levan este nome figuran un mártir de Umbría (s III) celebrado o 15 de febreiro, un mártir de Milán (s III) celebrado o 6 de agosto e un bispo de Milán (s VI) celebrado o 5 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico francés. Foi un dos introdutores da sistemática moderna prelinneana. Presentou por primeira vez a idea de familia e esbozou un principio de clasificación natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que pertence ao xénero Magnolia, da familia das magnoliáceas.

    2. Flor desta árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe no fitónimo magnolia, flor orixinaria de América bautizada deste xeito por Linneo en honor ao botánico francés Pierre Magnol (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das magnoliáceas, que presenta follas simples, alternas, elípticas, coriácea e dunha cor verde escura brillante, flores moi vistosas, con numerosas pezas periánticas e froito en plurifolículo. Son propias do SL de Asia e da América do N atlántica. En Galicia están presentes a especie M. denudata e a M. grandiflora.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás magnoliáceas.

    2. Planta da familia das magnoliáceas.

    3. Familia de plantas arbóreas ou arbustivas, da orde das ranais, de follas simples, alternas e xeralmente enteiras, flores terminais, solitarias, hermafroditas, acíclicas, con pezas periánticas a miúdo numerosas e con xineceo súpero e froito en plurifolículo ou en plurinúcula. Son naturais de Asia, Insulindia e América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de ata 30 m de altura, follas perennes, alternas, pecioladas e enteiras de cor verde intenso, flores moi grandes de cor branca, solitarias na terminación das ramas, moi recendentes, e froito oval. Florece de maio a xullo. É natural do sueste de EE UU, e é moi apreciado como árbore ornamental. Existen diversas variedades entre elas M. grandiflora var. lanceolata e M. grandiflora var. gloriosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás magnoliofitinas.

    2. Planta da subdivisión das magnoliofitinas.

    3. Subdivisión de espermatófitas que comprende as fanerógamas anxiospermas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa de fotógrafos creada en París en 1947 por Robert Capa, Henri Cartier-Bresson, David Seymour e George Rodger. Baixo a presidencia de Capa e, trala súa morte, de Seymour, crearon a súa primeira oficina en Nova York (1948). Subministraron aos medios unha crónica fotográfica dos acontecementos mundiais cunha visión comprometida coas víctimas e coa explotación humana e sempre baixo a premisa de ofrecer imaxes sen manipulación ou censura.

    VER O DETALLE DO TERMO