"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Xornal aparecido na cidade de Lugo en 1931 e subtitulado “Diario de Galicia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario de tendencia monárquica aparecido o 23 de agosto de 1935. Cesou por prohibición gobernativa o 31 de maio de 1936, cando chegaba ao número 226.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista do Centro Galego de Barcelona fundada en 1948. Dirixírona Fernando Neyra, Antonio Lorenzo, Xavier Costa Clavell, Manuel Casado Nieto e Francisco Dapena ao longo da primeira etapa. Nesta mesma participan os autores Luís Pimentel, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, Ramón Piñeiro, Cabanillas, Cunqueiro e Manuel María con entregas literarias, xunto aos ilustradores Prieto Nespereira e Prego de Oliver. Publícanse por vez primeira algúns textos bíblicos en galego. Na segunda etapa, a partir de 1989, editada integramente en galego, dirixe a revista Ramiro López López, actuando como coordinadores Xosé Lois García e Ignacio Carballo. Teñen cabida na mesma espacios de opinión, crónicas políticas, datos sobre economía, emigración e sociedade, xunto ás colaboracións de Camilo Valdeorras, Ramiro Fonte, Xosé Mª Dobarro, Manuel Forcadela, Fernández del Riego, Margarita Ledo, Basilio Losada e Manuel Rivas, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista nada en 1955 e subtitulada “Órgano de la Casa Galicia de São Paulo”. Foi dirixida, nun primeiro momento, por Federico Valeiro Caramés comezando logo unha segunda etapa en xullo de 1963 baixo a dirección de Anxo Nieto Vicente. Colaboran nela Vicente Risco, Antón Fraguas, Manuel María e Luz Pozo Garza. A revista transmitía información referida á actualidade do Brasil e Galicia. Reprodúcense tamén algúns poemas e artigos de Mª Dolores Souto, Xaime Quintanilla, Gumersindo d´Entenza e Fernández del Riego co seu pseudónimoSalvador Lorenzana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia comunista aparecida no ano 1967 e fundada pola Unión de Mujeres Democráticas de Galicia (UMDG), ligada ao Partido Comunista Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación clandestina distribuída polo Movemento Democrático de Mulleres (MDM) na área de Ferrol e A Coruña. O primeiro número saíu a ciclostil no ano 1969 e non acadou unha periodicidade regular. Tiña un carácter axitador arredor das loitas contra a situación de discriminación das mulleres en distintos eidos, ao tempo que recollía loitas obreiras e reivindicacións das liberdades democráticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado a principios da década de 1970, órgano da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos Instrução e Recreio, de San Paulo. O seu director é Olegario Joel Val García. Nel figuran novas e informacións referidas á colectividade galega do Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista do Centro Galego de Maracaibo editada por vez primeira en xuño de 1974. O seu director foi A. Pérez Estévez. Publícanse novas sobre a emigración galega en Venezuela e sobre as actividades do centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial aparecida en Pontevedra a principios do s XX que, entre outros, publicou o libro Proel de Luís Amado Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial ligada á Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires, da que salientan entre outras publicacións Poesía inglesa e francesa verquida ao galego (1949), O que cómpre saber da lingua galega (1969) de Xesús Alonso Montero e Castelao artista de Luís Seoane, xunto a outros libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición coral de Pascual Veiga, con base no poema “A estrela cruñesa” de Francisco María de la Iglesia, estreada con grande éxito en Pontevedra no 1880 polo Orfeón Brigantino. Fóra de Galicia coñécese co nome de Alborada gallega. No certame musical de París organizado co gallo da Exposición Universal do 1889, foi interpretada polo Orfeón Coruñés número 4 e dirixida polo propio Veiga, a quen o goberno francés concedeu as palmas académicas ao tempo que o Orfeón acadaba a Grande Medalla de Ouro. A obra, en fa maior, comeza por un preludio mensural ao que seguen dúas partes que suxiren a alborada característica, unha terceira cunha melodía en dúas frases (baixos e tenores en sucesión), unha cuarta cunha cadencia popular á que segue unha quinta en forma de alborada tipo e dous motivos adicionais para rematar. É obvio, pois, que dende o punto de vista formal, a Alborada de Veiga ten pouco que ver (carácter vocal, preludio non libre, sucesións melódicas, articulación de partes)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal bilingüe e ilustrada, impresa na Habana (Cuba) que nace a finais do ano 1911 e principios de 1912. Aparece subtitulada como “Órgano de la colonia gallega en Cuba”. O seu director e redactor-xefe foi Roberto Blanco Torres. Colaboraban nela Riguera Montero, Lesta Meis, Manuel Murguía, Salvador Rueda, Ramón Carballal e Antonio Rey Soto. Nas súas doce páxinas aparecían diversas “Regionales” con novas referentes a Galicia, e “Contos e lerias”, sección en galego dedicada á literatura, biografías e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo presentado por alguén como verdadeiro sabendo que non o é.

    2. Acción na que unha persoa ou persoas ofenden a outra con acusacións graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira dereita do Guadaira (56.313 h [1996]). Incluída na periferia urbana de Sevilla, ten unha industria diversificada: transformación de produtos agrarios (fariñas e aceite de oliva), cartón, confección, etc. Tamén hai canteiras de calizas. Conserva vestixios romanos, visigóticos e un castelo mudéxar; ademais das igrexas medievais de San Pedro e de Nuestra Señora del Águila e a renacentista de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto dun alcalde abusando da súa autoridade.

    2. Acción feita por unha persoa calquera abusando da autoridade que ten.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Salamanca, Castela e León (1.741 h [1996]). No ano 1964 construíuse o encoro de Aldeadávila, sobre o Douro, cunha das centrais hidroeléctricas máis importantes da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘parvada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de aldraba ou picaporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia en cinco actos de W. Shakespeare. Falstaff, personaxe central que xa aparecía en O rei Enrique V, achégase a dúas damas casadas que o converten no seu xoguete ao longo dunha acción desenfadada e alegre e cun final feliz. Serviu de inspiración ás óperas Die Lustige Welber von Windsor (As alegres viúvas de Windsor, 1849) de O. Nicolai e Falstaff (1893) de G. Verdi.

    VER O DETALLE DO TERMO