"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • PERSOEIRO

    Médico. Estudiou a carreira de medicina, que rematou en Valladolid con premio extraordinario en 1875. Exerceu como médico en Madrid e realizou diversas viaxes de estudios aos EE UU. Publicou unha Introdución a la Fisiología (1892) e Nociones clínicas de las aguas minerales (1907), un estudo detallado e ordenado sobre as características e efectos terapéuticos das augas, amodo de prontuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fina López Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. En 1984 ingresou na Xunta de Galicia desenvolvendo o seu labor profesional no ámbito da xestión e conservación dos recursos naturais. Coordinou os censos oficiais de aves acuáticas en Galicia dende 1987 ata 1997. É o representante galego no Comité Nacional de Humidais. Publicou diversos artigos sobre ecoloxía de vertebrados entre os que destacan: Primeros datos sobre la dieta de la nutria en aguas continentales de Galicia (1979) e Actividad del corzo en la sierra de los Ancares (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio de estado aplicable ao vapor de auga sobrequentado, baixo o punto crítico e fóra da rexión líquido-vapor; V-b=RT/P-a/Tn onde V é o volume, P a presión, T a temperatura, R a constante dos gases e n (arredor de 10/3), a e b constantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento antrópico da temperatura do planeta ou, máis exactamente, variación dun microclima, especialmente dunha zona urbana ou industrial, causada polo incremento da cantidade de dióxido de carbono liberado á atmosfera, producido principalmente polos procesos industriais de combustión. O aumento de temperatura como consecuencia do incremento de CO2 da atmosfera explícase polo efecto invernadoiro. Recibe o nome de G. S. Callendar, fillo de H. L. Callendar, que avanzou esta idea en 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro inglés. Estudiou os fenómenos termodinámicos relacionados cos enxeños de vapor de auga. Introduciu o termómetro de resistencia de platino, máis exacto ca os anteriores, e propuxo unha ecuación de estado coñecida como ecuación de Callendar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘garfo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Presidente de México (1924-1928). Impulsou unha política de reformas nas que destacaban a reestruturación do exército, a reforma agraria, a loita contra o caudillismo e contra a influencia norteamericana, que desencadeou a sublevación cristera, dirixida por católicos intransixentes. No ano 1928 fundou o Partido Nacional Revolucionario e, como ministro de Finanzas, fixo aprobar a lei Calles (1931). Estivo exiliado entre 1936 e 1941 pola súa oposición ao goberno de Lázaro Cárdenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo romántico. Enxeñeiro e catedrático de Debuxo na Escola d’Enginyers Industrials de Barcelona. Participou nos Jocs Florals de Barcelona desde 1859. A súa obra poética foi recollida no volume Vidrims (1881); posteriormente publicou o poema histórico Mallorca cristiana (1886). Como dramaturgo, entre outras obras, é autor de La romeria de Requesens (A romaría de Requesens, 1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Historia da Arte Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid. Dende 1976 colaborou como crítico de arte no xornal El País. Foi director do Museo del Prado. É autor, entre outros, dos libros: Luis Gordillo (1981), La teoría de la pintura en el Siglo de Oro (1981), España, medio siglo de arte de vanguardia. 1939-1985 (1986), Vanguardia y tradición en el arte español contemporáneo (1988), Pintores españoles entre dos fines de siglo (1880-1990) (1990), Velázquez (1991), Luis Paret y Alcázar (1746-1799) (1991), La imagen románica de España: arte y arquitectura del s XIX (1994), El Greco (1995), El Guernica de Picasso (1999) e Libertad de exposición: una historia del arte diferente (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • gramalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada no ano 1902 polo erudito suízo-americano Henry R. Lang. Esta publicación -de título completo Cancioneiro gallego-castelhano. The extant galician poems of the Gallego-Castilian Lyric School (1350-1450)- constitúe un piar básico no estudo da denominada escola lírica galego-castelá, manifestación literaria encadrada entre a produción trobadoresca dos ss XIII-XIV e as escasas mostras dos Séculos Escuros (ss XVI-XVIII). Recóllense nesta obra 74 composicións escritas entre 1350 e 1450, en galego ou nunha lingua híbrida que mestura elementos e estruturas lingüísticas castelás con outras máis ou menos galeguizadas. Estes poemas atopábanse espallados por diferentes cancioneiros peninsulares dos ss XV e XVI, sendo o Cancionero de Baena o principal fornecedor de autores e poemas desta escola e desta obra de Lang. Exceptuando a Macías o Namorado e aquelas composicións de carácter anónimo, o resto dos autores son de fóra de Galicia (Alfonso Álvarez de Villasandino, o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos paos curvos en forma de “u” ou cada un dos madeiros que atravesan o xugo e nos que se xongue o pescozo do animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do muíño, en forma de pequena canle de madeira, situada na parte de abaixo da moega e destinada ao paso do gran que vai ser moído.

    2. Caixa en forma de pirámide invertida cun burato no fondo onde se bota o gran que vai saíndo cara á moa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Rosalía de Castro, considerada como o primeiro gran título da literatura galega contemporánea e o libro fundacional do Rexurdimento en Galicia, ao ser o primeiro escrito integramente en lingua galega. Na súa elaboración influíu a pegada da música popular, a recuperación romántica da tradición, as culturas autóctonas e as manifestacións populares, e a obra de Antonio Trueba Libro de los cantares (1852). O libro publicouse grazas ao empeño do seu home, Manuel Murguía, quen considerou o seu valor como difusor do sentimento galeguista. A primeira edición, impresa nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel en Vigo, data de 1863, e a segunda fíxose en Madrid (1872), con catro composicións novas. Rosalía foi consciente de que escribía dende un país marxinado e esta obra reflite, a pesar do seu manto folclorista e costumista, unha ideoloxía de defensa e exaltación dos valores específicos de Galicia, ao tempo que denuncia as inxustizas que sufría. Estruturalmente, conta cunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome popular que reciben dous moluscos bivalvos distintos, a navalla e o longueirón, pertencentes ao xénero Ensis.

    2. [Mutinu

    3. Anaco de corda usado nalgunhas artes de pesca, como o cerco e a xábega, que se ata no peche do cinto para levar a rede á terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Piñor baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. O topónimo homónimo é un abundancial formado sobre carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’.

    VER O DETALLE DO TERMO