"Ames" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 215.

  • PERSOEIRO

    Político escocés, I marqués de Dalhousie. Membro da Cámara dos Comúns (1837) e da Cámara dos Lores (1838), foi partidario das doutrinas do libre cambio. Gobernador xeral de India (1848-1856), durante o seu mandato aumentou o dominio británico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, Reino Unido, situada ao O da área metropolitana de Londres, na beira dereita do Támesis (172.235 h [2001]). Posúe un xardín botánico e un observatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo británico. Asociado (1850-1858) con Felice A. Beato, foi nomeado fotógrafo oficial das forzas británicas na India. Cubriu a Guerra de Crimea (1855) e a caída de Sebastopol, amosando as atrocidades da guerra. Viaxou polo Mediterráneo e Oriente Medio documentando as antigüidades e as paisaxes de Atenas, Malta ou Constantinopla, empregando o calotipo e o colodión húmido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, explorador e mariño da armada británica. Precursor na exploración de terras polares., tomou parte en diversas expedicións cara ao Ártico, onde localizou a illa de Somerset e o polo magnético, e cara ao Antártico, onde descubriu Terra Vitoria e o mar e a barreira de Ross. O seu tío, John Ross (1777-1856), foi tamén explorador e descubriu con el a illa do Rei Guillerme (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantaría. Dirixiu diversas obras na catedral de Ourense en 1557 e traballou en distintos mosteiros de Galicia. En 1564 deu as trazas para o claustro do mosteiro de San Xoán de Poio. Traballou tamén en San Paio de Antealtares e pode que en San Salvador de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Psicólogo. Doutor en Psicoloxía e catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, as súas liñas de investigación céntranse na participación política, nos movementos sociais, na violencia política e no nacionalismo. Escribiu, entre outras obras, Ideología y actitude (1982), Métodos y técnicas de investigación en psicología social (1986) e Psicología política (1996), e con outros autores Xuventude e política en Galicia (1992), Participación política, modelos teóricos (1993), Medios de comunicación de masas y conduta política (1997) e Do descontento á acción: a construción social da protesta (2004), ademais de ser un dos editores de Psicología y derechos humanos (2004) e Madrid 11-M: un análisis del mal y sus consecuencias (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (595 km2; 175.127 h [2001]). A súa capital é Montego Bay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Das súas obras destacan   The Best Man (1964), The War Lord (1965), Planet of Apes (1967), Patton (1970, Oscar ao mellor director en 1971), Papillon (1973), The Bois from Brazil (1978) e Welcome Home (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Monmouth (1663-1685), fillo natural de Carlos II de Inglaterra. Aspirou a suceder a seu pai, pero este deixoulle o trono a seu irmán Xaime. Organizou un exército, que foi derrotado por Xaime II e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao antigo Siam, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante do antigo Siam.

      3. tai.

    1. Gato de orixe asiática, de talle mediano, co corpo alongado e esvelto, a cola rematada nunha punta estreita e coa cabeza triangular e os ollos azuis. O pelo é curto e de cor crema ou gris con marcas máis escuras na zona da cara, orellas e patas.

    2. Irmáns xemelgos que nacen unidos por algunha parte do seu corpo. Aplicóuselle por primeira vez a dous xemelgos de Siam unidos polo tórax, Eng e Chang, que viviron sesenta e tres anos (1811-1874) e tiveron vinte e dous fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, conde de Stanhope. Estudou en Oxford, pero decantouse pola carreira militar. Ascendido a xeneral, conquistou a illa de Menorca para Inglaterra (1708) e chegou a xeneral en xefe das forzas inglesas. En 1710 emprendeu unha campaña vitoriosa, xunto ao xeneral austríaco Starhemberg, e a súa vitoria en Almenara permitiulle ao arquiduque Carlos de Austria reconquistar Aragón. Foi secretario de estado de Xurxo I (1714) e membro do consello real. Interveu na formación da Tripla (1717) e Cuádrupla Alianza (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Tentou a sistematización da economía formulando o que el denominou unha ciencia regular. Predecesor de A. Smith, superouno en orixinalidade en numerosos postulados, aínda que non o fixo en contidos. Publicou An Inquiry Into the Principles of Political Economy (1767).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • James Maintland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático escocés. Estudou a obra de Newton e fixo diversas achegas ao cálculo infinitesimal e ás series infinitas, como a coñecida fórmula que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado en Liverpool, partiu dos principios racionalistas, enriquecidos con recursos baseados na tecnoloxía e nas tradicións autóctonas e populares. Realizou vivendas, arquitectura industrial para a firma Olivetti, museos, como a ampliación da Tate Gallery (1980-1985), e edificios universitarios como a escola de arquitectura da Rice University en EE UU (1979-1981). Recibiu o Premio Prizker en 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Foi profesor nas universidades de Harvard e Cornel en Ithaca. Foi o primeiro en cristalizar un enzima, a urease (1926). Das súas obras destacan Textbook of biological chemistry e Chemistry and methods on enzymes (1943). En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e W. M. Stanley, o Premio Nobel de Química, polo seu descubrimento sobre a cristalización dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Surinam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Surinam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Profesor en Oxford, estudou álxebra, a teoría dos números, as ecuacións e a xeometría analítica, e estableceu a teoría das invariantes coa colaboración de A. Cayley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Catedrático de Estrutura Económica nas universidades de Málaga (1968-1971) e Autónoma de Madrid (desde 1971). Membro do Partido Comunista de España desde 1956, foi elixido deputado por Madrid nas eleccións de 1977 e de 1979 e concelleiro en Madrid (1979). En 1981 abandonou o PCE e en 1985 promoveu a Federación Progresista que, en 1986, se integrou na coalición Izquierda Unida, que lle proporcionou un escano no Congreso de los Diputados en 1986. En 1989 ingresou no Centro Democrático e Social e posteriormente abandonou a política activa. Escribiu Estrutura Económica de España (1960), La República. La era de Franco (1974), A donde vas, España? (1976), La oligarquía financiera en España (1977), El futuro y la nación (1981), España 1931-1975. Una antología histórica (1980), La reconquista del paraíso. Más allá de la utopía (1993) e La construción y las infraestruturas en el escenario de desaceleración...

    VER O DETALLE DO TERMO