"Arán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 317.

  • Xénero de árbores e arbustos, da familia das bignoniáceas, con follas opostas, xeralmente bipinnadas, con numerosos folíolos. Presenta flores en panículas axilares ou terminais co cáliz acampanado, truncado ou con 5 lóbulos e a corola tubular-acampanada de cor azul a violeta, xeralmente bilabiada, con 4 estames. Froito en cápsula bivalva leñosa con numerosas sementes aladas. Comprende 45 especies nativas de América tropical. En Galicia está presente a especie Jacaranda mimosifolia para uso ornamental polas súas atractivas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muncipio da provincia de Cáceres, Extremadura (2.970 h [2001]), situada na comaca de La Vera, a súa economía baséase nos recursos agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Seguidor de M. Fortuny, cultivou a pintura de ambientación do s XVIII (El nieto del general) e o realismo (Una desgracia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito comestible da laranxeira, de forma redondeada ou ovada, de tamaño variable e dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce, aínda que varía segundo as distintas variedades. É dunha gran riqueza alimentaria, ten un elevado contido vitamínico, especialmente de vitamina C, e de diversas sales minerais, tamén contén aminoácidos e pectinas. Existen numerosas variedades que se poden dividir en tres grupos: navel, brancas e sanguina. A laranxa navel presenta un froito secundario interno na parte apical, non ten pebidas e son moi zumentas; a laranxa branca é a máis común, ten pebidas, é doce e saborosa pero sen case zume, e a laranxa sanguina ten a polpa de cor vermella. Ademais de ser consumidas directamente como froita, as laranxas empréganse para preparar confeitos e marmeladas e tamén para obter zume. Da pel extráese o aceite esencial de laranxa.

      1. Materia colorante laranxa.

      2. laranxa básico

        Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.

      3. laranxa de acridina [3,6 -tetrametildiaminoacridina]

        Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para o estampado de fibras como o algodón, seda e la. Tamén se emprega para facer lacas ou tinguir pel.

      4. laranxa de metilo

        heliantina.

    2. Fungo ascomiceto que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, co marxe lobulado e co himenio no interior da copa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida feita a base de zume de laranxa, auga e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de laranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento entre España e Portugal que tivo lugar entre xaneiro e xullo de 1801. Promoveuna Francia para obrigar aos portugueses a renunciar á alianza co Reino Unido. As tropas españolas dirixidas por Godoy acadaron a rendición de Portugal con escasa resistencia e incorporaron a España a cidade de Olivenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben dúas especies do xénero Citrus, C. aurantium e C. sinensis, da familia das rutáceas.

    2. Árbore perenne, de ata 10 m de altura, que presenta copa redondeada, codia de cor verde e talos espiñosos. As follas son coriáceas, alternas, elípticas ou lanceoladas, de cor verde intensa co pecíolo alado. As flores son de cor branca moi perfumadas, solitarias ou en pequenos grupos axilares, con 5 pétalos e numerosos estames, máis grandes que na especie C. sinensis, e froito, a laranxa amarga, en hesperidio de sabor amargo. Florece na primavera e os froitos comezan a madurar en novembro. É orixinaria de China. Cultívase como árbore ornamental en parques e xardíns.

    3. Árbore perenne, de ata 10 m de altura, que presenta a copa redondeada e a codia de cor castaña e lisa. As follas son coriáceas, simples, oblongas, elípticas ou elíptico-lanceoladas, agudas no ápice e con pecíolo estreitamente alado. As flores son solitarias ou en acios, de cor branca con 4 ou 5 pétalos e numerosos estames, e o froito, a laranxa, en hesperidio coa codia bastante lisa e de sabor doce ou agre, pero non amargo. É orixinaria do SL de Asia. Cultívase como árbore ornamental e alimentaria nos países do Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á laranxa ou á laranxeira.

    2. Persoa que vende laranxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Christopher Lee, Terence Fisher converteuno en protagonista das novas versións de Frankenstein (1957) e Drácula (1958). Dentro do cine fantástico interpretou outros personaxes clásicos como The Mummy, Sherlock Holmes ou Rasputin. Da súa filmografía destacan The face of Fu Manchu (1965), Caravans (1978), Mask of Murder (1985), Ivanhoe (1997), Star Wars: Episode II- Attack of the Clones (2002) e The Lord of the Rings (triloxía, 2001-2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi unha das fundadoras do grupo Els Comediants. Das súas actuacións teatrais destacan La Bella Helena (1979), La Senyoreta Júlia (1985) e El dol escau a Electra (1992); e no cine Tacones Lejanos (1991), Actrius (1997) e Morir (o no) (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Gañou a cátedra de Ética da Universidad de Madrid (1955), da que foi afastado por motivos políticos (1965). De ideoloxía cristiá, a súa reflexión filosófica céntrase en problemas éticos. A unha primeira época pertencen os seus libros Catolicismo y protestantismo como formas de existencia (1952), El protestantismo y la moral (1954) e Catolicismo, día tras día (1955). Tamén é autor de Ética (1958), La juventud europea y otros ensayos (1961), Ética y política (1963), Moral y sociedad (1966), El marxismo como moral (1967), La crisis del catolicismo (1969), San Juan de la Cruz (1973), Talante, juventud y moral (1975), Sobre imagen, identidad y heterodoxia (1982), La función social de los intelectuales (1983) e Ética de la felicidad y otros ensayos (1988, Premio Nacional de Ensaio 1989). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller do maharajah.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de fíos, pelos ou cousas semellantes enleados entre si e que son difíciles de separar.

    2. Gran cantidade de cousas mesturadas ou enleadas que son difíciles de separar.

    3. Asunto enleado ou intricado, que presenta unha difícil resolución.

    4. Madeixa de liño ou estopa que xa está fiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de cousas mesturadas ou enleadas que son difíciles de separar.

    2. Trampa ou embuste con que se engana a unha persoa para conseguir algo dela ou poñela nunha situación comprometida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Marañao entre Seoane de Arcos (O Carballiño) e Longos (San Cristovo de Cea). Trátase dunha ponte de cantería construída entre os ss XVII e XVIII con arcos de medio punto de perfil alombado e calzada de pedra. Sitúase no camiño vello de San Bieito de Marañao (San Cristovo de Cea) a San Fagundo (San Cristovo de Cea).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Despois da Revolución de Setembro de 1868, a Junta Revolucionaria encargoulle a redacción dunha declaración de dereitos humanos que serviu como base ao primeiro artigo da Constitución de 1869. Francisco Giner de los Ríos publicou postumamente unha escolma dos seus artigos titulada Estudios jurídicos (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO