"BS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 258.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de obstinado.
-
-
de obstinarse.
-
Que mantén con tenacidade unha resolución, un propósito ou unha opinión.
-
Que non cede ás amoestacións ou aos argumentos.
-
Que é persistente e se prolonga moito no tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manterse firme nunha resolución, nun propósito ou nunha opinión.
-
-
Acción e efecto de obstruír ou obstruírse.
-
Táctica empregada nun tribunal, nunha asemblea ou no parlamento para retardar, dificultar ou impedir a toma de acordos.
-
-
Peche ou dificultade de paso dun conduto orgánico causada polas substancias acumuladas no seu interior.
-
obstrución intestinal
íleo.
-
-
Falta que se produce cando un xogador impide a acción dun contrario.
-
Obstáculos postos para impedir ou facer retardar o avance dos inimigos, como poden ser minas, zonas contaminadas, destrucións ou incendios.
-
-
-
Actitude dos que practican a obstrución política.
-
Método que empregan as minorías parlamentarias para facer aprazar a aprobación dunha lei ou unha disposición, sobre a base dunha aplicación estrita dos regulamentos internos parlamentarios ou facendo longas intervencións orais. OBS: Tamén se denomina filibusteirismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao obstrucionismo.
-
Partidario do obstrucionismo.
-
-
-
Impedir ou dificultar o paso por unha vía, conduto ou camiño.
-
Impedir ou dificultar o desenvolvemento de algo.
-
Quedar atrancado o paso por unha vía ou conduto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que obstrúe ou serve para obstruír.
-
PERSOEIRO
Xefe da casa imperial de Austria e das casas reais de Hungría e Bohemia, e pretendente a estes tronos, fillo e herdeiro do Emperador Carlos I (Carlos IV de Hungría) e de Zita de Parma. Exiliouse cos seus pais en 1972, e, despois de asinar unha renuncia aos seus dereitos de sucesión, conseguiu o permiso para residir en Austria. Doutor en Ciencias Políticas e Sociais, foi membro do Parlamento Europeo (1979-1998) e preside, desde 1973, a Unión Paneuropea Internacional. Publicou numerosas obras sobre política, historia e política social europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán. A súa obra, centrada principalmente na temática psicolóxica e social, é a ponte entre o expresionismo e o naturalismo alemán. Da súa produción destacan Die freudlose Gasse (A rúa sen alegría, 1925), Geheimnisse einer Seele (Misterios dunha alma, 1926), Die Büchse der Pandora (A caixa de Pandora, 1929), Das Tagebuch einer Verlorenen (Tres páxinas dun diario, 1929), Der Prozess (O proceso, 1948) e Der letzte Akt (O derradeiro acto, 1955), sobre a caída do Terceiro Reich.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico que se sitúa a 180 km ao NL de San Diego (California), no Mount Palomar, a 1.710 m de altitude. Forma parte dos Hale Observatories xunto co observatorio Wilson. Comezou a construírse en 1928 baixo a dirección do astrónomo G. E. Hale, pero ata despois da Segunda Guerra Mundial non comezou a funcionar o seu telescopio reflector xigante que mide 5 m de diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector pesqueiro con factoría na Coruña. A súa orixe remóntase á sociedade Industrias Marítimas Españolas Sociedad Anónima, creada en Salamanca en 1938. En 1944 chegou a un acordo con ASTANO para acelerar a construción dos arrastreiros. En 1960 entrou en funcionamento a factoría de procesamento da Coruña e a finais da década entrou en crise. En 1973 fusionouse con Agrupación Pesquera Coruñesa SA (Agrupesca) e, intregrada en Pleamar, construíu buques conxeladores de captura do atún. Non obstante, a situación económica non mellorou e a actividade centrouse na factoría, reestruturada en 1987. Incorporou a sociedade Varaderos Cercagrande SA e en 1988 fusionouse con SA Pesqueira Industrial Gallega (Sapig). Coa crise do sector, declarou a suspensión de pagos e en 1992 cesou a súa actividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia artística desenvolvida desde 1950 en EE UU, xurdida como reacción ao expresionismo abstracto. Caracterizouse polo reducionismo e a especificidade no medio pitórico. Carente de narratividade, rexeitaba calquera forma de subxectividade e elixiu a forma e a cor como principais elementos de expresión. O termo foi cuñado polo crítico estadounidense Clement Greenberg, para dar título a unha exposición celebrada en 1964 en Los Angeles County Museum. Algúns dos seus representantes foron F. Stella ou K. Noland.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema para a toma de decisións sobre o mellor uso dos recursos económicos dunha organización, en relación cuns obxectivos, cando falta a experiencia sobre o mercado ou o beneficio. Aplicado principalmente ao sector público para superar as deficiencias nas técnicas orzamentarias, foi implantado por ver primeira en EE UU a comezos da década de 1960.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico situado nas proximidades de San Petersburgo. Foi fundado en 1839 e dispuña dun telescopio refractor de 38 cm que foi durante moitos anos o máis grande do mundo. En 1878 construíuse outro de 78 cm. Destruído durante a Segunda Guerra Mundial, puidéronse salvar as lentes dos telescopios e, acabada a guerra, o observatorio foi reconstruído.
-
-
olver a absorber.
-
Desaparecer algo do lugar onde se produciu pola acción do organismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de reabsorber ou reabsorberse.
-
PERSOEIRO
Arquitecto estadounidense. Formado na École des Beaux-Arts de París, en 1865 instalouse en EE UU onde cultivou o historicismo e utilizou o gótico nas igrexas (Springfield) e o Renacemento nos edificios comerciais (Agawan National Bank). Despois do proxecto da Trinity Church de Boston (1872-1877) iniciou o estudo unitario do espazo interior e dos volumes exteriores dos edificios, e simplificou os elementos decorativos. Os seus almacéns Marshall Field en Chicago (1885-1887), inspiraron a Escola de Chicago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PICOS
Pico das Montañas Rochosas, situado ao O da cidade de Edmonton, Canadá, con 3.954 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO