"Bes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 224.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar haitiano. Participou na rebelión que expulsou os británicos e españois de Haití (1798). En 1807 instaurou unha república no S e O de Haití e enfrontouse a Enrique Christophe (Enrique I de Haití), quen establecera a monarquía no N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de G. Gershwin, sobre texto de Du Bose Heyward e Ira Gershwin, estreada en Boston en 1935. Baséase, en gran parte, en ritmos de jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Verdugo que nace e desemboca na parroquia de Seixido (A Lama).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Verdugo, que nace e desemboca na parroquia de Covelo (A Lama).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. puberdade.

    2. Calidade de pubescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. púbere.

    2. Que está provisto de pelos moi finos, curtos e escasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das grosulariáceas, ao que pertencen as groselleiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no Ripollès (2.033 h [2001]). Destaca a gandaría bovina e ovina e a industria papeleira, a metalúrxica e a de produtos lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña entre 1811 e 1812. Trátase dunha reimpresión da mesma publicación editada na Isla de León, que se caracterizaba polo seu estilo liberal e revolucionario. Editada polos impresores Cándido Pérez e Antonio Rodríguez, e logo nos obradoiros de El Exacto, sucesivamente, atacou todos os abusos administrativos, políticos e militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e revolucionario francés. Exerceu de avogado en Arrás (1781), onde foi elixido deputado do terceiro estado nos Estados Xerais (1789). Transformados estes en Asemblea Nacional Constituínte, formou parte da oposición democrática. Foi presidente do club dos Xacobinos e impulsou a súa evolución democrática. Opúxose á política belicista dos xirondinos, que cría perigosa ao non estar consolidada a obra revolucionaria do interior do país. En 1792, despois da abolición da monarquía, chegou a ser un dos dirixentes principais da Comuna de París. Elixido deputado na Convención Nacional, dirixiu, xunto con Danton e Marat, a política dos xacobinos. Foi partidario da execución de Luís XVI de Francia, da expulsión dos xirondinos e da creación do Comité de Salvación Pública, do que foi o máximo dirixente. Obtivo o apoio dos sans-culottes. A súa actuación autoritaria fixo que perdera o apoio popular e foi guillotinado o 10 de termidor. Coa súa execución, a burguesía moderada recuperou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Dereito, foi profesor titular de historia do dereito na facultade de dereito da Universidade de Vigo. Escribiu Notas sobre la estrutura y funcionamiento del consejo de inquisición, Observaciones sobre la Administración de Justicia en Guipúzcoa durante el antiguo régimen e El Consejo de la Suprema Inquisición: perfil jurídico de una institución (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Traballou en diferentes periódicos madrileños, entre eles, El País e Diario Universal (1917). Publicou El pensamiento y las cosas, El conocimiento y el juicio (1911). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de rubescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que tira a vermello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. brionia.

    2. herba roqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Anélido hirudíneo da orde dos acantobdélidos, e en especial os dos xéneros Branchellion, Glossiphonia, Haemanteria, Marsupiobdella, Haemadipsa, Haemopis, Hirudo, Limnatis e Erpobdella, pertencentes a diversas familias. Teñen en xeral poucos centímetros de lonxitude, corpo cilíndrico e deprimido e coloracións escuras variadas, con dúas ventosas terminais e sen quetas. Viven como ectoparasitos ou fixados temporalmente, son hematófagos e algúns carnívoros. Habitan en augas doces e mariñas e tamén sobre a terra húmida.

      2. Anélido de 6 a 10 cm de lonxitude, de cor gris escura, que habita xeralmente en lagos, ríos e canles, sobre todo de augas corruptas. Posúe unha ventosa oral e outra aboral, e a boca consta de tres mandíbulas dentadas, coas que pode adherirse a peles resistentes e serralas para zugar despois o sangue das vítimas (vertebrados). Durante o estado xuvenil é carnívora, e no adulto hematófaga, puidendo absorber ata 6 veces o seu peso. Antigamente foron moi utilizadas en medicina para practicar sangrías controladas e aínda se utilizan nalgunhas operacións para evitar a formación de coágulos. Poden transmitir outros parasitos, como Trypanosoma granulatum. Contén no seu interior un anticoagulante natural, o hirudin, que lle permite manter o sangue fluíndo antes de alimentarse.

      3. sambesuga do cabalo [Limnatis nilotica, Fam dos hirudíneos]

        Anélido de coloración variable, de 8 a 10 cm de lonxitude e de dentes máis obtusos ca Hirudo medicinalis; adhírese á mucosa bucal de grandes mamíferos (cabalos, bóvidos) mentres beben.

    1. Persoa aproveitada, especialmente a que vive ou se enriquece a costa doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (31.939 h [2001]). Forma un continuo urbano con Barcelona, Badalona e Santa Coloma de Gramanet. Destacan os sectores de transformacións metálicas, construción, madeira e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (23.134 h [2001]). Explótanse canteiras de calcarias para a construción e area de descomposición do granito para vidro, cerámica, cemento e fundición. Ten empresas metalúrxicas, de madeira e coiro, químicas e de artes gráficas. É un centro de segunda residencia e veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO