"CIC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  • Aparato de gravación cinematográfica que superpón ao mesmo tempo unhas pulsacións luminosas que posibilitan a medición do tempo. Permite a obtención de cronociclogramas e o estudo da secuencia de movementos dun traballo manual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravación cinematrográfica obtida cun cronociclógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • elocípede ou motocicleta de catro rodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo serbio. Foi profesor en Belgrado e, dende 1866, foi membro da academia iugoslava de Zagreb. Autor das primeiras gramáticas da lingua serbia, editou moitos textos do serbio antigo. Foi un dos primeiros estudiosos da gramática histórica e da dialectoloxía da lingua serbia: Historia das formas das linguas serbia e croata da metade do s XVII (1874) e Dicionario dos monumentos literarios serbios (1863-1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á deuterotocia.

    2. Que é producido por deuterotocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. En 1920 trasladouse a Rio de Janeiro, onde coñeceu os modernistas (1925-1927) e realizou a súa primeira exposición individual (1928). As súas primeiras obras mostraron un surrealismo de carácter erótico. Trala Primeira Guerra Mundial evolucionou cara á xeometrización, onde resaltou a relación entre ciencia e arte. En 1948 realizou en Recife un dos primeiros murais abstractos de América do Sur. Retornou á figuración nos anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao proceso biolóxico que acontece cada dous anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciclo teórico para motores de combustión interna que desenvolveu e patentou Rudolf Diesel en 1893. Neste ciclo pódense distinguir catro partes: a compresión adiabática do fluído motor, o abastecemento de enerxía a volume constante, a expansión adiabática, e a cesión de enerxía a presión constante. Na realización práctica do ciclo Diesel conséguese o abastecemento de enerxía por medio dunha combustión lenta. A primeira proba dun motor que funcionaba segundo este ciclo fíxoa Diesel coa axuda da empresa Krupp, para o que empregou carbón pulverizado como combustible, e en 1897 púxose a punto o primeiro motor que funcionou con aceites pesados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á distocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico semisintético do grupo das tetraciclinas cun amplo espectro de actividade que inclúe bacterias Gram-positivas e Gram-negativas, como as dos xéneros Rickettsia e Clamydia. De acción bactereoestática, é a única tetraciclina que se pode administrar en caso de insuficiencia renal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta serbio. Foi representante do simbolismo serbio e defensor da arte pura. Escribiu libros de viaxes e ensaios filosóficos, morais e estéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘emporcallar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento oficial do Sumo Pontífice dirixido á Igrexa universal, que se emprega para formular indicacións urxentes, aclarar puntos da doutrina ou formular opinións sobre situacións ou problemas que requiren unha toma de posición urxente. As encíclicas cítanse polas súas palabras iniciais en latín. Nos primeiros tempos do cristianismo tomaba a forma dunha misiva que se lles enviaba aos fieis, pero dende o pontificado de Benedicto XIV (1740-1758) convertéronse en actas papais, con forma epistolar, dirixidas a todas as comunidades eclesiásticas a través dos bispos. Con Gregorio XVI (1831-1846) xeneralizouse o uso das encíclicas, que acadou a súa máxima expresión con León XIII (1878-1903), quen escribiu 75, e que as converteu en instrumento de expresión doutrinal da Igrexa ante os problemas concretos do seu tempo, especialmente nas súas implicacións éticas e sociais. En función da materia que desenvolvan hai: encíclicas doutrinais, as que pretenden expor a doutrina da Igrexa ou clarificar...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de todas as ciencias.

      2. Libro escolar que contén un tratado de cada materia estudada na escola.

    1. Recollida do contido das diversas disciplinas nunha soa obra. Este significado inicial e etimolóxico foi evolucionando co tempo ata designar a obra en que se expón, en artigos separados e con maior ou menor profundidade, o conxunto do saber, ben nunha materia determinada, ben en varias ou en todas as disciplinas en que se clasifica o coñecemento humano. Segundo a súa organización, as enciclopedias poden ser sistemáticas (metódicas ou temáticas), as primeiras en aparecer, e alfabéticas, máis recentes e frecuentes hoxe en día. Se a enciclopedia abrangue o conxunto de todas as disciplinas, dise que é xeral ou universal, mentres que se só recolle os coñecementos dunha determinada materia ou grupo de materias relacionadas, é especializada ou particular. As enciclopedias poden referirse a todo o mundo (o termo “universal” tamén pode referirse a isto) ou centrarse nun país, ou grupo de países, ou en entidades xeográficas máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encyclopédie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada por Ir Indo Edicións desde o ano 1999 e que continúa unha importante traxectoria da editorial a prol da cultura galega. Ademais do editor Bieito Ledo Cabido e do director Xosé A. Perozo, o equipo que elabora a EGU está composto por 28 redactores, todos eles licenciados cunha formación específica en lexicografía, bioloxía, historia, antropoloxía, arte, xeografía, literatura, música, etc; 59 asesores, expertos nos principais eidos de coñecemento, que documentan o labor dos redactores, e máis de 500 colaboradores, especialistas nas diferentes disciplinas, xunto cos profesionais da fotografía, edición, maquetación, deseño e gráficos, informática e cartografía. Á parte da calidade da edición (encadernación de guaflex, impresión en cuadricromía, maquetación moderna), cómpre destacar as características da EGU, que inclúe 30.000 ilustracións en cor (con cadros sinópticos, gráficos, táboas, etc), 200.000 entradas e unha cartografía actualizada das 53 comarcas administrativas galegas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ferrol o 1 de maio de 1872 e dirixida por Xulio Sandino Barcón. Subtitulouse “El álbum de la familia”. No seu editorial informaba sobre a inclusión de artigos de ciencias, literatura e artes, ademais de novas sobre sucesos políticos en España e no estranxeiro. No seu primeiro número inseriu o poema “A Cuba”, de Xoán Manuel Pintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á enciclopedia.

    2. Que ten carácter de enciclopedia.

    3. Que posúe moitos e variados coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isión da natureza e da sociedade propia dos creadores da Encyclopédie, que rexeitaba o dogmatismo e a tradición establecida, baseándose no racionalismo e no empirismo, e que pretendía acadar a obxectividade crítica mediante a unión entre a ciencia e a técnica. Xurdiu como variante radical da Ilustración e definiu os ideais dun grupo da burguesía francesa, integrado por industriais, comerciantes, artistas, técnicos, científicos e administradores. Ordenaba as realidades de forma que constituían unha totalidade coherente e comprensible. O seu humanismo e a súa actitude antiteolóxica levounos a un materialismo antimetafísico nas ciencias naturais e na teoría do coñecemento (sensismo). No campo socioeconómico, acolleu algunhas doutrinas e directrices fisiocráticas xunto cos postulados de liberdade de produción e de comercio. As súas teorizacións políticas asentáronse sobre os principios da soberanía nacional, liberdade individual do cidadán e igualdade xurídica. O seu interese por atopar...

      1. Posesión do conxunto dos coñecementos humanos ou de campos moi variados.

      2. enciclopedismo pedagóxico

        Afán desmedido por aprenderlles aos alumnos elementos de moitas ciencias coa pretensión de enchelos de múltiples coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao enciclopedismo ou á Encyclopédie francesa.

      2. Seguidor do enciclopedismo.

      3. Autor da Encyclopédie francesa.

      1. Relativo ou pertencente á unha obra enciclopédica.

      2. Autor dunha obra enciclopédica.

    VER O DETALLE DO TERMO