"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
-
Acción e efecto de diversificar ou diversificarse.
-
Reorganización da xestión empresarial para obter unha ampliación da gama de produtos vendibles e aumentar, polo tanto, a participación no mercado. Pode afectar ao proceso interno de produción, cando o obxectivo é loitar contra as flutuacións cíclicas ou estacionais das vendas.
-
-
-
Facer algo vario ou diverso.
-
Facerse algo variado ou diverso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta diversidade de formas.
-
-
Acción e efecto de divertir ou divertirse.
-
Cousa que divirte.
-
Calidade de divertido.
-
Operación destinada a divertir ou desviar a atención do inimigo.
-
-
-
Que presenta múltiples aspectos.
-
Que son diferentes ou pertencen a unha especie ou clase distinta.
-
Máis dun ou un número máis ou menos numeroso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa que divirte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lista de personaxes que se sitúa ao comezo das edicións de textos teatrais. En ocasións, os nomes van seguidos dunha breve caracterización descritivo-narrativa na que se reflicte a visión que o autor ten dos personaxes para orientar o xuízo do lector. Pode engadirse tamén a mención dos actores que representaron por primeira vez a obra, así como a data, teatro e cidade na que tivo lugar a estrea. A orde na que se dispoñen, o seu número, os nomes, o sexo, a idade, etc, adiantan información para a comprensión da peza. Por extensión, alude aos personaxes dunha obra narrativa ou dramática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica británica realizada en 1929. Foi dirixida por John Grierson e interpretada por actores non profesionais. É un documental cinematográfico sobre a pesca do arenque que destaca polo realismo co que se trata e porque foi o que sentou as bases do cine documental británico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica británica realizada en 1988. Foi dirixida por Peter Greenaway e interpretada por Bernard Hill, Joan Plowrigth, Juliet Stevenson, Jolly Richardson e Jason Edwards, entre outros. É a historia de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia que afogan os seus maridos. O xuíz non culpa a ningunha porque mantén relacións con algunhas delas, sen saber que con iso se vai converter na cuarta víctima. Este é un dos filmes máis visuais de Greenaway e destaca pola simetría, as referencias pitóricas, o barroquismo e as formas xeométricas e arquitectónicas.
-
PERSOEIRO
Exiptólogo e escritor. Estudiou leis na Universidade de Göttingen e exiptología en Berlín con Lepsius. Dende 1875 ensinou exiptoloxía en Leipzig. Escribiu novelas de tema histórico sobre Exipto, entre as que destaca Serapis, Der Kaiser. En Tebas descubriu un papiro da dinastía XVIII, coñecido como Papiro de Ebers, no que se compilan diversos textos médicos de períodos anteriores que se remontan ata o 3500 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo que relaciona os parámetros físicos do transistor bipolar coas características que presentan as tensións e as intensidades dos seus terminais.
-
CIDADES
Cidade do land de Brandenburgo, ao NL de Berlín, Alemaña, na marxe dereita do canal de Finow (53.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor dinamarqués. Formouse en París con J. L. David, e en Roma. Foi profesor da Academia de Copenhague. Pintou escenas mitolóxicas, paisaxes e vistas arquitectónicas, pero dedicouse fundamentalmente ao retrato. As súas obras amosan a pureza da liña e a claridade neoclásica. Entre outros, destaca o Retrato de Thorvaldsen (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor holandés. Traballou con Artus Qullinus na decoración do novo Stadhuis de Dam (1950-1954) e na tumba do Feldmarschall Otto van Sparre. En Amsterdam realizou monumentos públicos en mármore, entre os que destaca o Mercurio da Bolsa da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de emerxer.
-
Reaparición dun astro despois da súa eclipse ou ocultación por outro.
-
Ascensión de terra firme na zona litoral, por riba do nivel do mar, debido a diversos procesos xeomorfolóxicos e tectónicos.
-
Proceso no que a zona intermareal queda ao descuberto polo refluxo mariño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trío de rock británico formado polo teclista Keith Emerson, o baixista Greg Lake e o batería Carl Palmer. Debutaron en 1970 no festival de Wight. Abandeirados do chamado rock sinfónico, distinguíronse por unha posta en escena espectacular. O grupo autodisolveuse en 1980.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo, médico e botánico. Despois de viaxar aos EE UU e a Inglaterra, escribiu novelas policiais e empregou a fotografía para as súas investigacións ornitolóxicas. Asociouse á Royal Photographic Society e expuxo parte das súas imaxes en Pall Mall. A partir de 1884 trasladouse á zona pantanosa dos “Broads”, onde fotografou o folclore, os costumes, a flora e a fauna do lugar. Defensor da fotografía realista, á que consideraba unha arte independente, opúxose ás manipulacións manuais dende o British Journal of Photography. Recibiu grandes influencias de Turner, Whistler e dos impresionistas franceses. Despois de estudar os traballos de H. von Helmholtz sobre a visión humana, chegou á conclusión de que o punto de vista e a distancia son os dous vectores que coordinan a perspectiva de composición de toda imaxe fotográfica. Ademais de publicar oito series de fotografías en cartafois, escribiu Life and Lanscape on the Norfolk Broads (1886), en colaboración con Thomas Goodall;...
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e poeta estadounidense. Estudiou en Harvard e exerceu a docencia en Boston. Licenciado en Teoloxía, estudiou a Kant e, influído por Thomas Carlyle, William Wordsworth e Samuel Taylor Coleridge, converteuse en abandeirado do idealismo transcendental norteamericano. Expresión deste idealismo é a súa obra Nature (Natureza, 1836), onde proclamou a necesidade de vivir segundo o espírito e en relación mística coa alma do mundo. Entre 1840 e 1844 colaborou no xornal The Dial. Da súa produción destaca Representative Men (Homes representativos, 1850), English Traits (Trazos ingleses, 1856), May-Day and Other Pieces (May-Day e outras pezas, 1867) e The Condut of Life (Conduta de vida, 1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra publicada por Ir Indo Edicións desde o ano 1999 e que continúa unha importante traxectoria da editorial a prol da cultura galega. Ademais do editor Bieito Ledo Cabido e do director Xosé A. Perozo, o equipo que elabora a EGU está composto por 28 redactores, todos eles licenciados cunha formación específica en lexicografía, bioloxía, historia, antropoloxía, arte, xeografía, literatura, música, etc; 59 asesores, expertos nos principais eidos de coñecemento, que documentan o labor dos redactores, e máis de 500 colaboradores, especialistas nas diferentes disciplinas, xunto cos profesionais da fotografía, edición, maquetación, deseño e gráficos, informática e cartografía. Á parte da calidade da edición (encadernación de guaflex, impresión en cuadricromía, maquetación moderna), cómpre destacar as características da EGU, que inclúe 30.000 ilustracións en cor (con cadros sinópticos, gráficos, táboas, etc), 200.000 entradas e unha cartografía actualizada das 53 comarcas administrativas galegas...
-
PERSOEIRO
Microbiólogo norteamericano. Estudiou nas universidades de Yale e Harvard, na que se doutorou en Microbioloxía no 1930, e onde exerceu como profesor ata 1946. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na busca de vacinas eficaces contra as enfermidades de orixe bacteriana ou vírica. En 1954 outorgóuselle, xuntamente con Frederick C. Robbins e Thomas H. Weller, cos que colaborou durante moitos anos, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola obtención do virus da poliomelite nun cultivo de tecidos humanos non nerviosos (epitelial e muscular), o que permitiu obter a vacina contra a mesma. A finais dos anos cincuenta produciu, xunto con outros investigadores, a primeira vacina contra o virus do sarampelo.
VER O DETALLE DO TERMO