"Eza" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 269.

    1. Calidade de mol.

    2. Falta de enerxía ou vigor.

    3. Gusto pola excesiva comodidade e regalo na maneira de vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Illa (Lobios). O seu cumio acada os 867 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de mórbido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Moreda (Monforte de Lemos). Realizouse entre os ss XIII e XV, formou parte do recinto medieval da cidade, e converteuse nun símbolo do poder dos condes de Lemos nesas terras. Destaca a torre da homenaxe, que se realizou en cantaría, con planta cadrada e catro andares que lle conferiron unha altura próxima aos 30 metros. Ten unha escaleira de acceso á parte superior, con remate ameado, desde a que se divisa todo o val de Lemos. No interior acolle unha exposición de mobles restaurados que doou o doutor X. López Suárez. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de morno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Mota (Guntín). Fundouna o conde de Lugo, Ero Ordoñez, no s IX, e foi destruída polos irmandiños no s XV. En 1613, xa como parte do señorío do bispado de Lugo, comezou a súa reconstrución. Ten varios corpos arrimados, dos que destaca unha torre central cuadrangular, e conserva parte das súas murallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xa de Irán (1941-1979), fillo e sucesor de Reza I de Irán. Coñecido como Reza Pahlawī, en 1979 tivo que exiliarse pola revolución que converteu Irán nunha república islámica. Á súa morte, o seu fillo Reza foi proclamado xa de Irán no exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto da realidade tal como é independentemente da intervención e a acción humanas. Neste sentido, a natureza contraponse tanto á técnica como á arte e á cultura.

      2. Conxunto dos campos, os bosques e montañas, o mar, os ríos e lagos, a vexetación e a fauna, en oposición á cidade e á civilización.

      3. natureza morta

        Xénero pictórico que ten como tema exclusivo obxectos inanimados de diversa índole como froita, flores ou obxectos. Como xénero autónomo, a súa orixe sitúase no gótico tardío e nos inicios do Renacemento. Comezou a adquirir importancia na segunda metade do s XVI e sobre todo no s XVII con autores como F. Zurbarán, D. Velázquez, Caravaggio, P. Rubens e Rembrandt. Foi cultivado tamén no s XVIII, no XIX con F. Goya, V. van Gogh e P. Cézanne e no s XX polo cubismo, o surrealismo e o hiperrealismo, entre outras vangardas e posvangardas.

      4. reinos da natureza

        Coxunto dos tres ámbitos ou das tres maneiras de ser da realidade natural: o mineral, o vexetal e o animal.

      1. Esencia ou atributos propios dun ser.

      2. Maneira de ser.

      3. Conxunto de condicións físicas e morais do home.

      4. Principio constitutivo dunha cousa e no que consiste o fondo dun ser. Equivale á esencia, entendida en sentido físico. Segundo Platón, hai que diferenciar o que é por natura e o que é por convención, é dicir, aquilo que é determinado segundo un propósito humano.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de marzo de 1991. Subtitulada “Revista bimestral” e dirixida por Evelia I. Carballo e Xosé A. Pintos, foi unha publicación especializada con información sobre a natureza galega. De carácter divulgativo, favoreceu o coñecemento, a valoración e a defensa do medio natural cunha gran preocupación polas especies en extinción en Galicia. Incluíu seccións sobre enerxías renovables, asociacións ecoloxistas, entrevistas e bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de nobre.

    2. Estrato social máis alto da sociedade durante o Antigo Réxime. Os seus membros gozaban de certos privilexios por dereito hereditario (nobreza de sangue ou de natureza), por concesión do soberano (nobreza de privilexio) ou polo exercicio de determinados cargos públicos (nobreza civil ou de cargo). Na Baixa Idade Media, tivo un marcado carácter señorial, estreitamente vinculado á terra, sen cuxa posesión  non era posible a condición de nobre. En xeral, durante a época de expansión territorial, desde o s XIII ao XVI, estiveron fielmente ao servizo da monarquía e ocuparon os altos cargos nas empresas militares, ás que axudaron tamén economicamente. A partir do s XV o seu número aumentou considerablemente por privilexio real, pero a súa importancia política minguou. Gozaban de certos privilexios. Estaban suxeitos só á xurisdición do rei, non estaban obrigados a seguir ao exército real fóra do territorio do seu domicilio, os seus bens non podían se alleados por débedas, e non podían ser encarcerados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que presenta follas simples e enteiras, flores pequenas de cor azul agrupadas en cimas e froito en aquenio. Atópase principalmente en lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Foi costumista e a súa obra caracterizouse polas descricións polo miúdo das paisaxes de Bohemia oriental e das súas xentes. Destaca a súa novela Děti čistého živeho (Os fillos dos puros viventes, 1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e conquistador. En 1527 realizou a primeira expedición a Florida e chegou ata a costa do golfo de California e Tenochtitlán. En 1540 organizou unha nova expedición ao río Paraná como capitán xeneral, gobernador e adiantado do Río de La Plata. Chegou á illa de Santa Catalina (Brasil), desde onde emprendeu unha expedición á cidade de Asunción, en Paraguay. Fundou Puerto de los Reyes (1543), e en 1544, por mor dunha revolta, foi destituído e encarcerado. Filipe II indultouno e nomeouno membro do consulado de Sevilla. Escribiu Naufragio de Alvar Núñez Cabeza de Vaca y relación a la jornada que hizo a la Florida con el adelantado Pánfilo de Narváez, coñecido como Naufragios (1542), e Relación y Comentarios de lo acaecido en las dos jornadas que hizo a las Indias (1555).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Soutochao (Vilardevós). O seu cumio acada os 749 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Carteire (Palas de Rei). De orixe medieval, pertenceu a Xoán López Pardo Andrade en 1585.Ten planta rectangular e irregular adaptada ao cumio rochoso que lle serve de chan. Realizada en cachotaría e cantaría de granito, conserva dous escudos no interior. Ten unha capela de planta rectangular con cuberta a dúas augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na fundación do PSOE (1888), que abandonou en 1921, para fundar o Partido Comunista Obrero Español (PCOE).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atracción dun corpo pola masa dun astro a causa da gravitación. No caso da Terra, a pesadeza dun corpo é o resultado da combinación da forza da gravidade e da forza centrífuga. A pesadeza na superficie dun astro depende da masa e do raio. A bordo dunha astronave ou doutro enxeño espacial é nula; o astronauta, en estado de ausencia de pesadeza, parece que flota no aire. A pesadeza artificial pode ser considerablemente inferior á da Terra.

    2. Peso dun corpo por unidade de masa, igual á aceleración do seu movemento de caída libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das partes que, xuntadas convenientemente unhas con outras, forman un obxecto.

      2. peza anatómica

        Cada unha das partes dun cadáver preparada para os estudos anatómicos.

      3. peza polar

        Parte do circuíto magnético dunha máquina eléctrica situada entre a culata e o entreferro, que comprende o núcleo e, eventualmente, a expansión polar.

      1. Obxecto ou elemento independente que forma parte dun conxunto.

      2. Obxecto interesante ou precioso coleccionable ou que forma parte dunha colección.

    1. Cousa ou produto concibido como parte doutros da mesma especie.

      1. Calquera dos elementos que constitúe unha vestimenta.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de pobre.

      2. Condición de quen se atopa nun estado de miseria relativa ou está privado da manutención ou dos medios necesarios ante certas eventualidades como a enfermidade. Demostrada legalmente esta situación por medio dun certificado expedido polo concello ao que se pertence, pódense ter acceso a formas especiais de asistencia e beneficencia.

      3. Situación relativa de determinadas zonas ou países respecto doutros considerados ricos, que incide fundamentalmente nun reparto desigual da renda. Estas zonas ou países atópanse na imposibilidade de acadar un crecemento autosostido a causa das súas relacións económicas internas, que impiden o avance da produción e da renda total obxecto de reparto. Esta situación, denominada círculo vicioso da pobreza, materialízase na existencia dun baixo nivel de demanda, un mercado pequeno e unha escasa posibilidade de aforro. A insuficiente dispoñibilidade de capital obriga a traballar con produtividades moi baixas, que dan lugar a unha produción escasa e a unha renda que obriga a volver a comezar un proceso con idénticas limitacións.

    1. irtude moral que ordena a conduta humana en relación aos bens deste mundo, e que pode esixir ata o desprendemento material voluntario, forma extrema xeralmente chamada pobreza evanxélica, seguindo os consellos evanxélicos e o espírito da primitiva comunidade de Xerusalén, descrita nos Feitos dos Apóstolos.

    VER O DETALLE DO TERMO