"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Estudio das terras nas súas relacións coa agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar gromos unha planta ou árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada polo grupo Irmandade Galega na cidade de Bos Aires no ano 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación asinada en 1936 por Xosé Acuña, pseudónimo de Xosé Filgueira Valverde. Pode considerarse como o primeiro texto dramático orientado á infancia e á mocidade, se ben con anterioridade tivesen aparecido algunhas outras pezas, como as do Arcebispo Manuel Lago González ou Teatro dos Nenos, de Álvaro das Casas (1936). A obra, concibida na liña da peza didáctica orientada a ilustrar as conciencias de lectores e posibles espectadores, dá conta da transformación que sofre Nito, que de ser un señorito da vila se converte nun mozo de aldea facendo seu o ideal da terra e da defensa dos seus sinais de identidade. Xanciño -antes Juanito- transfórmase, logo dun rito iniciático comunitario, nun símbolo daquela caste de fidalgos e ilustrados galeguistas que poboaban as obras de Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte ou Ramón Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba perenne, de 10 a 60 cm de altura, con follas imparipinnadas, flores de 4 pétalos, brancas e en acios, e froitos en silicua. En Galicia atópase amplamente distribuída en ribeiras e lugares húmidos. Emprégase para combater as lombrigas e o escorbuto e utilízanse as follas, de sabor picante, para e elaboración de ensaladas, cremas e guarnicións.

    2. Nome común co que se denominan as plantas dos xéneros Cardamine e Lepidium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ames baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha leira, agra, prado ou outra unidade agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agronomía que ten por obxecto a medida da capacidade produtiva das terras de cultivo, a determinación da diminución de fertilidade que orixina cada colleita e o aumento producido pola restitución ao solo de elementos nutritivos por medio dos fertilizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agricultura que estudia as relacións entre as plantas cultivadas e os animais co clima, o solo e as técnicas utilizadas para mellorar a produción. A mediados do s XIII aplicouse o método experimental que desenvolvera Bacon, investigando as causas das manifestacións agrícolas, o que se pode considerar como o comezo da agronomía. A súa evolución comporta tres etapas marcadas por diversas influencias: a da utilización de maquinaria, aplicación de abonos, etc; a da asociación agropecuaria e a da aplicación dos descubrimentos da microbioloxía. Na produción moderna de recursos de orixe animal ou vexetal ten moita importancia o control dos parámetros externos. No caso dos produtos de orixe animal, o tratamento dos factores ambientais inclúe o clima, o tipo de solo, a comida e a auga. Un dos principais factores que afectan a eficiencia na produtividade é a temperatura de crecemento; a temperatura ideal será aquela que dea a mellor relación entre gramos de produto por gramo de comida...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á agronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que investiga e estudia os principios científicos da ciencia agronómica para perfeccionar a súa práctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bimensual da Sociedade Americana de Agronomía fundada no 1908. Presenta os novos avances sobre cultivos, solos e substratos, agroclimatoloxía, deseño e software agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á agricultura e á gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da química que estudia os procesos relacionados coa agricultura; inclúe a química de fertilizantes, de plaguicidas e fitorreguladores, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Ons, no concello de Brión (203 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no concello de Santiago de Compostela, documentada xa desde o s X, cando sufriu a destrución na razzia de Almanzor. A construción actual levantouse no s XVIII seguindo as trazas do arquitecto Melchor de Prado y Mariño, nun estilo neoclásico. A súa fachada amosa a presenza do clasicismo académico. No seu interior consérvase un importante paso procesional do Nazareno, tamén obra de Prado e Mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saponina extraída das sementes da nixela que é velenosa por mor do seu poder hemolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO