"Galle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 217.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución con sede en Santiago de Compostela que se fundou en 1977 como Academia Gallega de Ciencias. Ostenta o título de Real desde 1994. Edita a Revista da Real Academia Gallega de Ciencias e organiza cursos, conferencias e outras actividades. Xunto coa Fundación Caixa Galicia convoca os Premios de Investigación da Real Academia Gallega de Ciencias.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1900. Non cesou antes de 1913. Rexionalista con orientación cara ao agrarismo, funcionou como órgano do Directorio Redencionista. De periodicidade quincenal e dirixido por Arturo P. Alcaina, criticou o sistema foral e avogou pola liberación total do labrego. A publicación tivo unha segunda época, a partir de marzo de 1910. No I Congreso Agrario Provincial de Pontevedra foi nomeado voceiro da Federación Provincial de agricultores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en La Habana a partir de 1913. Dirixida por Xesús Peynó e Enrique Zas, tivo periodicidade mensual. Incluíu información de Galicia e Cuba, así como diversos artigos sobre temas galegos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Montevideo a partir do 12 de outubro de 1917. Editada polo Centro Galego de Montevideo, inicialmente e ata agosto de 1925 levou a cabeceira de Centro Gallego. Subtitulada “Órgano de la Colectividad Gallega en el Uruguay”, durante a década de 1920 foi dirixida por Constantino Sánchez Mosquera. Recolleu colaboracións de intelectuais galegos e mantivo unha sección permanente de información sobre Galicia, que incluíu colaboracións literarias e ensaios. A partir de agosto de 1929 cambiou a súa cabeceira por Galicia “Revista del Centro Gallego”, de periodicidade irregular. En 1944, dirixido por Xoán M. Castro e coa cabeceira orixinal, volveu publicarse un número especial con motivo do 65 aniversario do Centro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir do 12 de marzo de 1895 que cesou o 30 de xuño de 1907 (nº640). Subtitulada “Semanario de literatura e intereses regionales”, foi dirixida por Galo Salinas. Publicación emblemática do rexionalismo galego, a partir do 14 de novembro de 1897 proclamouse “Órgano oficial de la Liga Gallega en La Coruña”, acentuando entón as súas posicións respecto da normalización da lingua galega e do seu ensino. Ese mesmo ano incluíu información do Boletín Bibliográfico de la Librería Gallega, que daba conta das publicacións na Coruña. Completaba os seus contidos con artigos sobre lingua e literatura, o teatro galego, a emigración ou a historia do xornalismo en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio internacional de novela creado en 1964 polo presidente da República de Venezuela, Raúl Leoni, coa finalidade de perpetuar a obra do escritor Rómulo Gallegos (1884-1969) e fomentar o cultivo da literatura en castelán. Organizado polo CELARG (Centro de Estudios Latinoamericanos Rómulo Gallegos), a primeira entrega tivo lugar en 1967. Está considerado como un dos máis destacados galardóns literarios en América e entre os seus gañadores figuran M. Vargas Llosa (1967), G. García Márquez (1972), Carlos Fuentes (1977), Javier Marías (1995) e Fernando Vallejo (2003).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado ao N da capital e atravesado polo río Gállego (2.212 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Traballou na catedral de Lugo, onde realizou a representación da gloria con anxos e serafíns para o altar maior, e desde 1812 en Santiago de Compostela. Realizou diversas obras para Santa María do Camiño e San Bieito do Campo e as imaxes dos catro evanxelistas para a capela do Hospital Real.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do cantón de Sankt Gallen, Suíza (69.800 h [2001]), situada na ribeira do Steinbach, tributario do lago Constanza. Ten industria téxtil. A cidade xurdiu (s X) ao redor do mosteiro de Sankt Gallen, de principios do s VII e centro principal da cultura alemá dos ss VIII ao XI. Subtraído á xurisdición eclesiástica de Constanza (818), pasou a mans de Federico I Barbarrubia (1180). Coa invasión francesa (1798) suprimíronse os mosteiros e o principado. Despois das destrucións do s XVI, a igrexa foi reedificada en estilo barroco por Peter Thumb (1681-1766). A biblioteca ten 1.700 incunables e 2.000 manuscritos xurdidos do mesmo escritorio (ss VIII-XI).
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón do NL de Suíza, que se estende entre o lago de Constanza e os Prealpes (2.026 km2; 453.200 h [2000]). A súa capital é Sankt Gallen. O N é unha rexión de outeiros tallados polos vales glaciarios; e o S, ocupado polos Prealpes é máis abrupto e accidentado. A industria téxtil, que ten a súa orixe na Idade Media, ten unha grande importancia. A poboación fala o alemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro publicado por Valentín Lamas Carvajal en 1880 nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega en Ourense, con 19 poemas. A segunda edición (1893) incluíu 21 composicións. Como autor contemporáneo de Rosalía, con esta obra consolidouse como continuador dos temas que a poetisa utilizaba nos seus versos, especialmente o costumismo. Os seus versos, marcados polo seu carácter civil, denuncia a miseria das xentes do campo e exalta a lingua galega. A eles súmanse outros máis descritivos, cheos de elementos humorísticos, e composicións en que defende os costumes e tradicións de Galicia. A proximidade ao mundo rural galego faise tamén evidente no emprego da lingua, chea de elementos dialectais e léxico popular.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Barcelona a partir de 1938. Promovida pola Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos, o seu fundador foi Pedro Longueira. O obxectivo do xornal foi tentar establecer pontes entre os emigrantes galegos en Barcelona e América.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada na Coruña en 1884 baixo a iniciativa e presidencia de Emilia Pardo Bazán. Tiña como finalidade recoller, estudar e conservar as tradicións e costumes galegos. En 1885 publicaron un tomo dedicado ao folclore galego na Biblioteca de Tradiciones Populares Españolas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento xurdido en Galicia en 1907 a imaxe de Solidaridat Catalana. Estaba formada por republicanos, liderados por José Rodríguez Martínez e Segundo Moreno Barcia; tradicionalistas ou carlistas, dirixidos por Xoán Vázquez de Mella; e rexionalistas, como Manuel Murguía, Galo Salinas, Uxío Carré Aldao, Manuel Lugrís Freire, Xoán e Salvador Golpe e Vítor Naveira. No verán de 1907 formaron a Junta Solidaria na Coruña e en setembro aprobaron o Manifesto Solidario. Tiveron diversas publicacións como Galicia Solidaria, A Nosa Terra, Solidarismo Gallego e Solidaridad Gallega. Pretendían conseguir una representación parlamentaria galega que defendese os intereses económicos galegos. Non obtiveron éxitos electorais pero si unha presenza no mundo agrario. A falta de cohesión interna levou á súa desaparición en 1911.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 4 de maio de 1908. Cesou en 1911. Subtitulado “Órgano semanal de la Junta Solidaria de La Coruña”, foi o derradeiro dos voceiros coruñeses que tivo o movemento Solidaridad Gallega. Dirixido por Rodrigo Sanz, a súa tendencia era agrario-rexionalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir de decembro de 1907. Cesou en abril de 1908 (nº10). Subtitulado “Órgano quincenal de la Junta Coruñesa de la Solidaridad Gallega”, ao seu cesamento foi substituído polo semanario Solidaridad Gallega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Pontevedra a partir de 1944. Cesou en 1949 (nº12). Subtitulouse “Publicación Céltiga” e “Revista de Galicia. Exponente literario y artístico de la región”. Dirixida por Ramón Peña, quen tamén era o seu propietario, contou coa colaboración de Celso Emilio Ferreiro no apartado de creación literaria. Foi a primeira gran revista literaria e cultural da posguerra. Incluíu composicións literarias, fotografías e ilustracións, ademais de gravados, linóleos e debuxos, e completou os seus contidos con artigos de temática galega e local, homenaxes e retratos biográficos, xunto con críticas literarias e recensións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte, con sede central en Londres, inaugurado en 1897. Baseado na colección de sir Henry Tate, está formado pola Tate Britain, a Tate Modern, a Tate Liverpool e a Tate St. Ives.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...