"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Aparición nun individuo dun carácter ou de trazos hereditarios presentes nun antepasado, afastado e desaparecido.
-
Inclinación a volver a un período primitivo.
-
-
-
Doutrina ou actitude que nega a existencia de Deus. Cómpre distinguir Ateísmo propiamente dito, que afirma a non existencia de Deus, do Indiferentismo, Agnosticismo ou Escepticismo. Hegel, coa súa reacción contra a transcendencia, establece as bases do moderno ateísmo occidental que, de feito, principia con Feuerbach (para quen Deus non é senón o conxunto de obxectivacións e proxeccións de propiedades humanas nun alén da existencia concreta do home) e Nietzsche (que mantén que Deus é un espellismo do home). O triunfo do pensamento científico, que contén o xermolo dunha perspectiva materialista e monista, e das novas concepcións políticas foron fundamentais para a configuración do ateísmo moderno. En Marx a crítica da relixión ten un carácter secundario: o home refúxiase na relixión porque non é feliz na súa vida real, afastándoo as crenzas relixiosas da loita pola felicidade. Lenin, seguindo a Marx, cualificou a relixión como “o opio do pobo”. A psicoloxía freudiana...
-
Movemento teolóxico dos países anglosaxóns, tamén chamado teoloxía radical ou da morte de Deus. Baséase no positivismo lóxico de Wittgenstein (unha proposición só di o que é verificable) e na teoloxía dialéctica protestante (a relixiosidade natural non ten valor ningún; só o ten a revelación cristiá). Afirma que o Cristianismo pode influír no mundo actual comprometéndose na loita pola liberdade do home. Foi unha das bases dos movementos contestatarios católicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia artística e literaria que fai prevalecer o técnico sobre o temático. Así, na literatura prímase o estilo, a riqueza da prosa, a orixinalidade das imaxes, o colorido das descricións, etc, que somerxen o lector no ámbito estritamente estilístico. Na pintura pertencen a esta tendencia os movementos creativos que pretenden unha excitación puramente sensorial. A música é a arte onde máis se ten debatido sobre o Atematismo, pois é alí onde se fixo máis explícito, e onde maior senso acada.
-
-
Forma ou xiro peculiar no dialecto ático.
-
Estilo literario ou artístico propio dos autores gregos ou latinos clásicos, caracterizado pola pureza, a simplicidade e a elegancia refinada. Apareceu no s II a C en oposición ao asionismo.
-
-
-
Estratexia militar e política da Alianza Atlántica ( Organización do Tratado do Atlántico Norte).
-
Actitude favorable á Alianza Atlántica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de probas deportivas baseadas en accións naturais (carreira, salto, lanzamento e marcha), suxeitas á normativa dun regulamento, que teñen como finalidade o desenvolvemento e mellora das calidades físicas das persoas. A primeira referencia histórica a competicións atléticas data do 1829 a C, momento no que xorden os Xogos de Tailte en Irlanda: a lenda relata como o Rei Maghmor, da dinastía Firbolg, casou con Tailte, filla dun Rei da Península Ibérica. Tailte e Magmor non tiveron fillos, polo que adoptaron un rapaz, Lugh, quen, unha vez mortos os reis, creou os xogos para honrar a memoria da súa nai adoptiva. De todos modos, pódense fixar as orixes do atletismo fundamentalmente na antiga Grecia, onde a súa práctica estaba ligada á vida relixiosa, cultural e civil das polei. No ano 1453 a C, inauguráronse os Xogos Panatenienses e no 776 a C celebráronse na cidade de Olimpia os primeiros Xogos Olímpicos, en honor da máxima divindade, Zeus. Nun principio só se celebraban carreiras,...
-
-
-
Doutrina filosófica iniciada por Leucipo, desenvolvida por Demócrito e recuperada polos epicúreos, que defende que os principios da realidade son os átomos e o baleiro. Reacción á concepción estática do ser de Parménides, o atomismo pretendía conciliar a teoría coa percepción sensible.
-
atomismo lóxico
Teoría de Bertrand Russell e de Ludwig Wittgenstein (na súa primeira época) que defende que a estrutura do mundo está composta duns elementos absolutamente primeiros, coñecidos de xeito inmediato (by acquaintance), e que son o residuo último da análise lóxica.
-
-
Nome que reciben todas as teorías que conciben a psique como unha composición de elementos psíquicos simplemente xustapostos ( asociacionismo).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente doutrinal centrada en Viena, vixente durante o primeiro terzo do s XX, xurdida no seo do partido socialdemócrata austríaco. Tiña un carácter enciclopédico e recuperou aspectos de Kant en filosofía, en teoría do dereito e en política, sen abandonar o Marxismo. Entre os seus membros destacan: Rudolf Hilferding, no campo da economía, Max Adler, en filosofía, Gustav Eckstein, en socioloxía, Karl Renner, en dereito, e Friedrich Adler como líder político. Otto Bauer estudiou o problema das nacionalidades e desenvolveu a teoría da acumulación. O austromarxismo foi moi atacado polo marxismo-leninismo por causa das súas teses reformistas.
-
-
Polarización de todo o psiquismo do individuo cara ao seu interior, con perda de contacto co mundo circundante. É característico da esquizofrenia.
-
Trastorno psicótico precoz, propio da primeira infancia, que se manifesta antes dos dous anos e medio, caracterizado polo retraemento afectivo, polarización da vida psíquica cara ao mundo interior, ruptura do contacto coa realidade e desinterese xeneralizado cara ao mundo exterior. A linguaxe, cando se manifesta, está sempre perturbada, desprovista de intención comunicativa e con ausencia do ‘eu’ e do ‘si’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pracer erótico obtido en ausencia de estímulo externo. Pódese producir espontaneamente ou ben como resultado dunha actividade dirixida cara ao propio corpo. Sinala o comezo da sexualidade infantil, e no adulto considérase un comportamento regresivo.
-
-
Calidade de automático.
-
Elemento ou conxunto de elementos que, debidamente aplicados a unha operación, a unha máquina ou a un proceso, teñen a propiedade de automatizalo.
-
Técnica literaria defendida polos escritores surrealistas que consiste en escribir maquinalmente, evitando a intervención da vontade, para tentar reproducir o funcionamento real do pensamento.
-
Execución de diferentes actos sen a intervención da vontade. Os actos efectuados dunha maneira automática poden ser consecuencia dos reflexos ou dunha aprendizaxe.
-
Propiedade pola que o corazón se contrae segundo un ritmo regular que non depende da inervación nin de ningunha influencia exterior.
-
Teoría que quere explicar os movementos dos animais por medio de principios mecánicos, a diferenza do home, que se move pola súa propia vontade. R. Descartes foi o filósofo máis destacado desta teoría.
-
Síndrome caracterizada pola produción espontánea e involuntaria de impresións, ideas, recordos, etc, que se impoñen á consciencia do enfermo, quen os atribúe a unha acción estraña a el. Constitúe o nó das psicoses delirantes e alucinatorias crónicas, aínda que tamén se pode presentar noutras situacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización deportiva do automóbil. O automobilismo desenvolveuse a partir do 1895, cando se percorreu por vez primeira o traxecto París-Bordeos-París. Esta data significou o comezo dun progreso rapidísimo do deporte do automobilismo e popularizou as carreiras por estrada. Despois da tráxica carreira París-Madrid (1903), as competicións empezaron a ser organizadas en circuítos pechados ou autódromos, nos que foron aparecendo as medidas de seguridade que hoxe son regulamentarias. Actualmente se poden clasificar as diferentes probas automobilísticas en: carreiras de velocidade, de resistencia, de montaña, rallyes e autocross. A FIA (Federación Internacional de Automobilismo) organiza anualmente varias probas que puntúan para os campionatos de cada especialidade, entre os cales destacan o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e o Campionato do Mundo de Rallye. Na modalidade de rallyes, o coruñés Luís Rodríguez Moya proclamouse Campión do Mundo en dúas ocasións (1990 e 1992) como copiloto do madrileño...
-
-
Isomorfismo establecido entre un conxunto e el mesmo.
-
Tendencia a proxectar o propio psiquismo no psiquismo doutro, mesmo nos animais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que está a favor da concesión da autonomía política ou administrativa, ou as dúas á vez, nun determinado territorio ou comunidade.
-
-
Calidade de autoritario.
-
Actitude que pretende a obediencia indiscutida. Atópase nos individuos e nos sistemas sociais nos que se esixe a obediencia incuestionada a un xefe, caudillo, déspota, supremo sacerdote, pater familias, etc. Emprégase sobre todo en tres contextos: a estrutura dos sistemas políticos, as disposicións psicolóxicas relacionadas co poder e as ideoloxías políticas. É característico dos réximes antidemocráticos, onde o poder se concentra nun só órgano, no que non hai parlamento e no que a oposición política se suprime. Varias características distinguen o autoritarismo doutras formas anteriores, como o despotismo, o absolutismo e a tiranía. As autocracias anteriores estaban gobernadas por un monarca ou por calquera outro aristócrata, que gobernaba baseándose nun principio como o dereito divino dos reis, por exemplo, mentres que o estado autoritario moderno está dirixido normalmente por un partido político que encarna unha ideoloxía que defende a súa autoridade universal e que non permite...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento tropístico autónomo mediante o cal un órgano vexetal recupera ou tende a recuperar a posición normal, a dirección de crecemento, etc, logo de ser previamente desviada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de Averroes e dos seus partidarios, que fai referencia especialmente á súa interpretación de Aristóteles. Averroes, que quixo restituír á súa pureza a doutrina aristotélica, non puido evitar nalgúns puntos a influencia dos comentarios neoplatónicos. Deulle á Filosofía unha significación propia, non dependente da fe nin oposta a ela, e tentou precisar as súas relacións coa relixión mediante a afirmación de tres graos de coñecemento: Filosofía -o grao máis elevado-, Teoloxía e Relixión, que representan planos diversos que converxen na mesma verdade. Afirmou a creación eterna do mundo por parte de Deus, que extraería da materia eterna as formas das cousas; tamén a existencia dunha xerarquía de intelixencias separadas, que moverían diversas esferas entre Deus, primeiro motor, e as cousas, compostas de materia e forma; e amais a teoría do intelecto axente, última intelixencia separada, causa do coñecemento intelixible nas ánimas individuais, único para todos os homes, ao cal pertencería...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia do apéndice xifoideo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina oficial do Partido do Rexurdimento Socialista Árabe. Baséase no socialismo e no nacionalismo, e ten como obxectivo acadar a unidade do mundo árabe, rota polas fronteiras impostas por Occidente. O panarabismo, como ideal, arraigou no mundo árabe e os baasistas están nos gobernos de Siria e Iraq.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso moderno procedente da seita xiíta do Islam, fundado en Persia en 1844 por Mīrzā ‘Alī Mu ḥ ammad de Šīrāz, que se declarou mensaxeiro de Deus e adoptou o título de Bāb. O babismo defende a teoría da revelación progresiva e predica que ningunha verdade é definitiva. Propón unha espiritualización da relixión, unha condición máis elevada para a muller e outras reformas sociais, como a supresión da poligamia, do concubinato e do comercio de escravos. O Bab predicou a chegada dun enviado máis grande que liberaría á humanidade. O éxito da súa predicación tróuxolle a inimizade dos elementos ortodoxos que o acusaron de intentos revolucionarios. Unha vez executado o fundador (1850), o movemento continuou grazas a un pequeno grupo. En 1863 Mīrzā Ḥ usayn ‘Alī (1817-1892) anunciou que el era o enviado predicido por Bāb. Tomou o nome de Bahā’ Alaāh (“Esplendor de Deus”) e o movemento cambiou o nome de babismo...