"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • PERSOEIRO

    Prateiro de orixe portuguesa asentado en Galicia. Está documentado que realizou unha cruz para a confraría de santa Eufemia do gremio de zapateiros de Ourense (1567), xunto con Rodrigo Pereira; un cáliz de prata para o mosteiro de Montederramo (1573) e unha cruz e un incensario para o convento de santa Marta de Ribadavia. No seu testamento mandaba que o seu sobriño Juan de Sousa rematase os traballos que estaba realizando: unha cruz de prata para a igrexa de Sejalvo, unha cruz para a igrexa de san Xoán de Río (Tribes) e outra para a igrexa de santa Cristina de Parada (Caldelas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. É un ácido forte e oxidante. Os seus sales, os bromatos, empréganse como axentes oxidantes e na fabricación de colorantes e fármacos.

    2. Que contén bromo (V), é dicir, bromo en estado de oxidación +5.

    3. Oxoácido do bromo, que se obtén só en disolución acuosa por reacción do bromato de bario con ácido sulfúrico diluído, de acordo coa reacción:

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de accidentes cutáneos (prurito, eritema e inflamacións varias) causadas polo bromo e os seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Accidente tóxico provocado polo bromo e os seus compostos, en particular polo bromuro de potasio. A administración prolongada pode determinar o bromismo crónico, que se caracteriza por dispepsia, rinite e acne; a inxesta de doses demasiado fortes provoca o bromismo agudo, caracterizado por cefalalxia, exantema, bronquite, sopor e coma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gusta facer bromas ou divertirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal do ácido bromoso, no que o bromo actúa co número de oxidación 3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dos bronquios, causada por fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fedor da boca, que pode ser debida a unha carie dental, unha amigdalite, unha bronquite, un trastorno dixestivo, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Formado en dereito, serviu no exército español na súa loita contra os franceses (1808-1814). En 1812 exerceu como representante das provincias do vicerreinado de Nueva Granada. Unha vez que se produciu o alzamento das colonias americanas, foi nomeado tenente coronel e formou parte do Consello de Goberno das colonias. Trala Batalla de Boyacá, en 1819, foi nomeado gobernador da provincia de Neiva e deputado do Congreso granadino. Durante a ditadura de Simón Bolívar (1828-1830) foi secretario de Interior e presidente do Consello de Ministros. En 1830, tralo abandono da presidencia por parte de Bolívar, ocupou durante un breve período de tempo este cargo, do que foi apartado en 1831 cando o Congreso elixiu como presidente a Joaquín Mosquera. Volveu ser nomeado gobernador da provincia de Nevia e tres anos   antes da súa morte, en 1840, foi vicepresidente da República de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Bacharel en xurisprudencia, foi arquiveiro-bibliotecario na Deputación provincial da Coruña. Membro destacado do movemento cultural compostelán e, en especial, do Liceo de la Juventud, colaborou na prensa galega e dirixiu a publicación La Ilustración de La Coruña. A primeira composición en galego que se lle coñece é “Virxe garrida”, recollida nas Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los inocentes en el Hospicio de Santiago (1849). Escribiu tamén “O rogo do namorado” (1858), “Os lamentos!” (1861), “Amor sin esperanza” (1864) e a muiñeira “A constansia” (1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e poetisa. Asinou as súas obras como Marica Campo e compaxinou a creación literaria coa faceta de articulista en diversas publicacións como O Libelo, Escrita, Dorna, Artesonado ou Lucensia. Comezou no mundo do teatro coa publicación de O cazador de estrelas e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Xosé Manuel Carballo, representadas en 1976 e 1977, respectivamente. Posteriormente, en 1984, publicou a peza de teatro infantil O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (ou memorias dun escribano), coa que acadou unha mención de honra do Premio de Teatro O Facho. Deuse a coñecer como poetisa nos anos noventa, aínda que anteriormente escribira composicións lidas en recitais e algunhas delas musicadas. Colaborou co grupo A Quenlla e participou nas gravacións de Fuxan os ventos, musicando temas como Muller, Mencer, Dáme lume, Canción pra adormiñar a lembranza ou Fame,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autora, actriz e directora teatral. Colaborou coa Asociación Cultural Barriga Verde e co grupo de teatro Achádego. Mestra de profesión, as súas actividades vincúlanse co movemento de profesores de teatro e drama, Joven Teatro Joven, e cunha serie de iniciativas que pretendían unha maior presenza da actividade teatral na escola. Tamén organizou e impartiu cursos de iniciación ao teatro, mostras de teatro infantil e xuvenil e outras actividades relacionadas coa divulgación do feito teatral. Entre 1993 e 1998 coordinou a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo. Dirixiu máis de trinta espectáculos no ámbito do teatro escolar, afeccionado e universitario, con textos de Antonio Buero Vallejo, Miguel de Cervantes, Alejandro Casona, José Luis Alonso de Santos, Plauto ou Thornton Wilder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enunciado da teoría de conxuntos que afirma que a colección de todos os conxuntos non é un conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección parcial dunha cápsula articular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade da musculatura do corazón causada, habitualmente, por alteracións non vasculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica do corazón ou do cardia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración asinada o 24 de xuño de 1412 pola que se designaba o sucesor do Rei Martiño o Humano ao trono de Aragón, quen morrera sen sucesión directa. Os xuíces escoitaron os legados dos diversos candidatos (Jaume d’Urgell, Luís de Anjou, Fernando de Castela, Federico de Luna e Afonso duque de Gandía), pronunciáronse a favor de Fernando de Castela e instauraron a dinastía dos Trastámara na Coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO