"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

    1. Distancia angular dun astro con respecto ao Sol, ou dun satélite con respecto ao seu planeta, medida por un observador que está situado na Terra. A elongación mídese en graos, a partir do Sol e na dirección L ou O (elongación oriental ou occidental, respectivamente). Unha elongación de 0° corresponde a unha conxunción, unha de 90° a unha cuadratura e unha de 180° a unha oposición. No caso dos planetas inferiores, non é posible alcanzar a cuadratura, senón que a elongación presenta uns máximos.

    2. Distancia que separa unha partícula oscilante da posición de equilibrio en cada momento. A elongación máxima é a amplitude da oscilación.

    3. Extensión, tracción ou estiramento dun tecido, especialmente do muscular.

    4. Subluxación ou luxación imperfecta dunha articulación.

    5. Movemento de células que ten lugar no proceso de gastrulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1316-1322) e de Navarra (Filipe III; 1316-1322), segundo fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra. Nomeado rexente trala morte do seu irmán Luís X (1316), foi consagrado rei en Reims (1317), ao morrer o fillo póstumo deste. Someteu os borgoñóns e os champañeses (1318), e detivo a Guerra de Flandres (1320). Realizou reformas da administración e intentou unificar, sen éxito, as cuñacións e o sistema de pesas e medidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de canción comercial baseada na difusión de cancións populares, a miúdo arranxadas ou modificadas. Neste estilo, que tivo unha difusión especial a raíz do Folk Festival de Newport (EE UU) de 1959, destacaron Joan Baez, Pete Seeger e Bob Dylan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Victoria, ao S de Australia (145.323 h [1991]). Está situada na baía de Corio, sector occidental da baía de Port Philip, e na ribeira do río Barwon, ao SO de Melbourne. Ten porto e refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura de Rwanda (2.186 km2; 462.635 h [estim 1991]). A capital é Nyanza (4.600 h [estim 1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento idiófono de percusión directa consistente nun gran disco de bronce que se percute cunha maza recuberta de feltro ou doutro tecido. Produce un son de altura indeterminada, dunha gran potencia e de vibracións prolongadas. É de orixe oriental e ten unha grande importancia na música do sueste asiático.

    2. Obxecto de características semellantes a este instrumento musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Pertencente a unha familia acomodada, en 1576 trasladouse a Salamanca para estudar leis e posteriormente ordenouse diácono, sacerdote e foi capelán de Filipe III. Protexido do duque de Lerma, foi beneficiado da catedral de Córdoba, cumpriu misións en Galicia, Navarra e nas dúas Castelas e foi obxecto dunha amoestación episcopal polo feito de tratar con comediantes, asistir aos touros e escribir versos profanos. En 1580 publicou o seu primeiro poema, unha composición ao comezo da tradución de Os Lusiadas, a cargo de Luis Gómez de Tapia. A súa obra poética bifúrcase en dúas vertentes que moitas veces se superpoñen: a de inspiración popular, constituída por composicións de versos curtos, sonetos e romances (amorosos, cabaleirescos, mouriscos ou pastorís), como “Las flores del romero”, “Amarrado al duro banco”, “Servía en Orán al rey”, “Ande yo caliente”, “La dulce boca que a gustar convida”, “Hermana Marica”, “Ahora que estoy despacio”, “En la capilla estoy condenado...” e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Luis de Góngora.

    2. Relativo ou pertencente ao gongorismo.

    3. Que ou quen segue os preceptos do gongorismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente literaria castelá do s XVII. É unha concreción do culteranismo teorizada a partir dos escritos de Luis de Góngora, que para Dámaso Alonso presenta unha carga ornamental e sensorial ao lado dunha complicación conceptual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao gongorismo.

    2. Especialista na vida e na obra de Luis de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Gotha (22-25.5.1875) na que se uniron ás dúas correntes do movemento obreiro alemán: a do Partido Obreiro Socialdemócrata e a da Asociación Xeral de Obreiros Alemáns. O partido socialista unificado recibiu en 1890 o nome de Partido Obreiro Socialista de Alemaña (Sozialdemokratische Partei Deutschlands). O programa de Erfurt (1891) deulle un sentido marxista ao programa articulado en Gotha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Eirón (Mazaricos) e Campolongo (Negreira). O seu cumio acada os 422 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador occitano. Coñecido como Pierre Devoluy, foi oficial do exército francés. Formouse poeticamente en París, en contacto co simbolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China, na rexión do Centro-Sur, na costa do mar de China meridional (178.000 km2; 86.420.000 h [2000]). A capital é Canton. Montañosa, pero con relevos de escasa altitude, a parte N pertence á conca hidrográfica do Iang-Tsé (ou río Azul), e o resto do territorio, á do río Zhu (ou das Perlas). Produce arroz, cana de azucre, tabaco e madeiras olorosas. Ten industrias mecánicas, de seda, algodón e cemento, e minas de tungsteno, manganeso, carbón e ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Vietnam que forma un municipio autónomo (1.503 km2; 1.583.900 h [estim 1993]). É un importante porto comercial e núcleo industrial da metalurxia, construción naval, cemento, muíños de arroz e de aceite de sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (18.970 km2; 2.547.000 h [estim 1987]). A capital é Hamhŭng.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Democrática Popular de Corea (17.570 km2; 2.003.000 h [estim 1987]). A capital é Ch’ŏngjin (582.480 [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome chinés do río   Amur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China (453.300 km2; 36.890.000 h [2000]). A capital é Harbin. Está situado ao NL do país, na antiga Manchuria. O clima é continental. Nas zonas montañosas do SL e o NO dominan os bosques. A parte L e NL e os vales do Amur e do Songhua Jiang están dedicados aos cultivos (trigo, arroz e soia). Hai carbón preto de Jiamusi e Kisi, ouro ao N e petróleo e refinerías en Dajing.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de esponxas pertencente á familia dos espónxidos. Son ceratosas, sen megascleras e o esqueleto está formado por esponxina.

    VER O DETALLE DO TERMO