"Rande" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 206.

  • Estado do NL de Brasil (53.307 km2; 2.776.782 h [2000]). A súa capital é Natal. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S co estado de Paraíba e ao O co de Ceará. O seu terreo ascende suavemente cara ao interior, que está constituído por unha serie de altiplanos (chapadas) e cordilleiras de materiais metamórficos. É o principal produtor de sal do país. Concedido polo Rei Xoán III de Portugal a João de Barros, a súa colonización fracasou e o territorio pasou á coroa. Ocupado logo polos holandeses, en 1654 volveu á coroa. O movemento revolucionario de 1817 proporcionoulle unha capitanía xeneral propia, e en 1822 converteuse en provincia do imperio portugués ata 1889, ano en que foi transformado en estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil, o máis meridional de todos (282.062 km2; 10.187.798 h [2000]). A súa capital é Porto Alegre. Limita ao N co estado de Santa Catarina, ao L co Océano Atlántico, ao S con Uruguay e ao O con Arxentina. Distínguense dúas rexións fisiográficas separadas pola depresión central. A rexión septentrional forma parte do escudo brasileiro (Serra Geral), con altiplanos de gres e basalto. Ao S, coñecido como La Campanha, dominan as chairas, aínda que algunhas serras de materiais graníticos se prolongan ata Uruguay. O clima é de tipo subtropical e continental en La Campanha e as chuvias, moi irregulares, pero abundantes. Destacan a gandaría e a agricultura con cultivos de arroz, tabaco, mandioca e viño. Posúe carbón, ouro, cobre, ferro e cinc. A zona foi reclamada polos portugueses desde 1531, pero converteuse nun territorio fronteirizo que disputaron tamén os españois. Provincia do imperio portugués (1821) e escenario dunha guerra civil (1835-1845), foi tamén a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Osmo (Cenlle). Datada no s XVIII, trátase dun conxunto arquitectónico formado por un edificio principal construído con cantaría de granito e varias construcións adxectivas unidas cara ao interior que forman unha planta irregular. O portal decórase con placas, volutas, pináculos e cilindros e sobre a porta atópanse tres escudos. Conserva unha capela nunha pequena leira pechada cun muro exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa Grande de Cabanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rendar (O Incio). Realizada con muros de cachotaría de lousa, presenta planta rectangular e cuberta a catro augas. Nun dos ángulos sitúase unha capela acaroada amodo de torre e cuberta cunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou casa das Señoritas Construción situada en Rosende (Sober). Foi construída en 1511 e ampliouse durante o s XVIII. Presenta planta en forma de L e ten unha solaina na parte posterior á que se accede por unha escaleira exterior. O conxunto completouse coa casa dos caseiros e cunha capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Miguel do Outeiro (Vilamartín de Valdeorras). Ten planta poligonal formada por un rectángulo ao que se engadiu un corpo de planta cuadrangular irregular. Ten dúas alturas. Nas fachadas oeste e sur conserva solainas, galería e un balcón, e na sur conserva unha pedra de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (1.097 km2; 53.730 h [estim 1993]). A súa capital é Sarandë (16.400 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei semítico de Acad (2371 -2316 a C). Fundou o reino e a dinastía de Acad. Copeiro de Ur-Zababa, rei da dinastía IV de Kish, alzouse contra el, tomou o poder e erixiu unha nova cidade, Acad ou Agadé. Venceu a Lugalzagissi, rei da dinastía III de Ur, e someteu despois a zona do Golfo Pérsico, ao S, e a rexión ocupada máis tarde por Asiria, ao N. Chegou, polo SL, ata Elam, derrotou a Subartu e penetrou ao N de Siria e quizais tamén en Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar dos búlgaros (893-927), fillo do príncipe Boris I. Sucedeu a seu irmán, o príncipe Vladimir I, e tomou o título de tsar. Admirador da cultura grega, reinou nun país de gran prosperidade comercial, contra a que atentaron uns editos do Emperador León VI. As reclamacións búlgaras non foron escoitadas e estalou a guerra, da que saíu vitorioso. Despois dun período de paz, en que floreceron as artes e as letras, ao morrer León VI continuou a guerra (912). O Emperador Constantino VII deulle o título de tsar e converteuse no seu tributario. Gobernou desde o mar Negro ata o Adriático, incluíndo a península Balcánica, Valaquia e parte de Transilvania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 454? - 526) Rei dos ostrogodos (474-526), fillo e sucesor de Teodomiro. En 462 foi enviado como refén a Constantinopla, e, en 488, o Emperador Zenón enviouno contra Odoacro. Invadiu Italia e, en 494, despois de ocupar Ravenna, considerouse rei dos ostrogodos e dos romanos, e foi recoñecido como tal polo Imperio de Oriente en 498. En 511 asumiu a rexencia da monarquía visigoda como titor do seu neto Amalarico, e conseguiu facerlle superar a crise sufrida pola derrota e a morte de Alarico II e a intromisión de Xesaleico. Gobernou con prudencia e embeleceu Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei arsácida de Armenia (95-94). Xenro e aliado de Mitridates VI de Ponto, conquistou Capadocia, Mesopotamia, Migdonia e Osroena, e fixo tributarios os reis de Albania, de Atropatene, de Siria e de Cilicia. Non puidendo resistir a Licinio Luculo, refuxiouse na corte de Mitridates VI. Foi vencido por Cneo Pompeo Magno en Artaxata. A paz e o trono de Armenia fóronlle devoltos a cambio da renuncia a Siria e Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pau pendurado do teito para colgar os chourizos a secar.

    2. Chantón vertical que serve de apoio nas parras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento franciscano fundado en 1520 na Pena (Xinzo de Limia), baixo o padroado do chantre da catedral de Ourense e prior de Xunqueira de Ambía, Alonso de Piña. Incendiouse en 1668 e encomendóuselle as reparacións aos mestres de cantaría Benito Conde e Domingo Cabaleiro. Destruído durante a Guerra da Independencia, a raíz da exclaustración de 1835 pasou a ser propiedade privada. En estado ruinoso, só se conservan o claustro baixo, de estilo tardo-gótico, obra de Bartolomé de Nosendo, e a igrexa, dunha nave e cabeceira poligonal cuberta con bóveda de cruzaría. A portada é plateresca (s XVI) cun arco mixtilíneo con arquivoltas e decorada con motivos vexetais. Despois do incendio de 1668, a cuberta foi substituída pola bóveda de canón que descansa sobre pilastras apegadas e enlazadas por arcos de medio punto. No seu interior, destacan a capela maior e as imaxes de Cornielles de Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Margrave de Brandeburgo (1308-1319). Ascanio da rama de Stendal-Tangermünde, en 1317 reuniu todo o territorio de Brandeburgo ao se extinguir a rama de Salzwedel-Stargard, e mesmo ampliou os seus dominios cara ao L e o N ao obter, en 1317, o condado palatino de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1157-1182), bisneto do Rei Sven II. Loitou contra os vendes, ocupou a illa de Rügen e cristianizounos pola forza. Vasalo do Emperador Federico I, liberouse da fidelidade e instituíu unha monarquía autocrática e hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Rao (Navia de Suarna). O seu cumio acada os 1.126 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribela (Coles). Ten planta en forma de U, con dúas plantas, con torre no extremo dun dos corpos laterais e patio pechado. Ten dous patios de servizo onde se atopan a casa dos caseiros e diversas construcións adxectivas. Ten unha capela pegada.

    VER O DETALLE DO TERMO