"Roa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 265.
-
VER O DETALLE DO TERMO
marfollar.
-
-
-
Que ou quen se apodera do que non é da súa propiedade.
-
Que cobra máis do debido.
-
-
Dispositivo de conexión con tres derivacións, que permite conectar ata tres enchufes a unha mesma toma de corrente.
-
marfollo.
-
Corpo que se interpón entre o resorte tipográfico e o papel co fin de impedir parcialmente a estampación.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formou parte da Xunta Local de Defensa na Guerra da Independencia e en 1811 foi deputado pola provincia de Lugo á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Foi cóengo da catedral de Lugo, gobernador eclesiástico e realizou importantes investigacións nos arquivos catedralicios. Sobresaíu como orador sagrado e publicou varios dos seus sermóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da química analítica en que as determinacións analíticas necesitan unha mostra da orde do gramo.
-
-
Planta herbácea, de ata 1 m de altura, que presenta talos simples de cor gris, follas alternas, de cor verde e negra pola cara e abrancazada, e peluda polo envés, flores amarelas, pequenas, ovoides e reunidas en espigas, que florecen entre finais de xullo e decembro. Vexeta en lugares como as beiras dos camiños e dos regatos e en terreos non cultivados, e desprende un cheiro agradable. OBS: Tamén se denomina herba de Nosa Señora.
-
Planta perenne, glabrescente e lixeiramente aromática. Os talos, de 30-150 cm, son leñosos na base, con pólas curtas non floríferas e decumbentes as floríferas. Presenta follas carnosas, as inferiores pecioladas e de dúas a tres veces pinnadas, as do medio menos divididas e co pecíolo curto, e as superiores enteiras e sésiles. Ten capítulos numerosos, pedunculados e agrupados nunha panícula en acio. Presenta brácteas involucrais de cor verde avermellada, corolas amarelas ou avermelladas e o froito en aquenios glabros. Habita en areais marítimos de costas occidentais de Europa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
maronda.
-
PERSOEIRO
Militar. Foi tenente xeneral do exército do Aire (1985), membro do Estado Maior do Aire e capitán da 3ª Rexión Aérea. Dirixiu o libro Galicia desde el aire (1985) e iniciou os servicios de transporte de órganos para transplantes. Recibiu a Encomienda de Carlos III e a Gran Cruz de San Hermenegildo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico internacional creado polo Tratado de Managua de 1960. O seu obxectivo principal é a formación dunha unión aduaneira común. O tratado está subscrito por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Nicaragua e Honduras. Panamá actúa como país asociado. En 1993 asinouse un tratado de ratificación e fixouse como obxectivo o incremento do libre mercado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos microorganismos aerobios que para medrar necesitan presións parciais de osíxeno inferiores ás normais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de medida de corrente igual a 10-6A.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para medir correntes eléctricas en microamperes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de métodos e técnicas da análise química que se emprega no estudo de mostras de substancias da orde dos microgramos. Os métodos máis aptos para mostras moito máis pequenas constitúen a ultramicroanálise, e os aptos para mostras ao redor do decigramo ou do centigramo, a semimicroanálise. A pequena escala de traballo esixe o uso de reaccións químicas especialmente sensibles e selectivas ou específicas e de técnicas de traballo moi elaboradas de procedementos de medida moi exactos. A microanálise é esencial cando se ten que examinar material perigoso (radioactivo ou explosivo), cando se dispón dunha mostra única, rara, ou moi pequena, ou cando se necesitan os resultados moi rápido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas enfermidades dos vasos sanguíneos máis pequenos.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade Autónoma uniprovincial, situada ao NL da Península Ibérica (10 421 km2; 520 574 h [1996]). A capital é Iruña.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Estivo dividida tradicionalmente en Ribera (do Ebro), Nafarroa Media, a zona intermedia, e Montaña (Pireneos). Fisiograficamente, Ribera (do Ebro) é o ángulo noroeste da depresión do Ebro, de 200 a 450 m de altitude, e está formada de materiais terciarios sedimentarios, pregados horizontalmente, e materiais cuaternarios ao longo dos ríos Ebro e os seus afluentes Ega e Aragón, co Arga pola esquerda e o Alhama pola dereita. Distínguese ao O unha Ribera Riojana, estreita e bioclimaticamente matizada, e ao SL unha Ribera Tudelana, seca e cálida, a partir do val do Aragón. A Nafarroa Media, entre 380 e 600 m de altitude, presenta un relevo xurásico que está formado de margas e greses, destacados no SO (Montejurra), ata a conca do Ega, e é relativamente chuviosa e con bosque, en contraste coa conca mediana... -
VER O DETALLE DO TERMO
Nefropatía que se caracteriza pola presenza de alteracións arterioscleróticas nos vasos do ril, secundarias ou non a unha hipertensión arterial.
-
GALICIA
Deportista e político. Coñecido como Leri, foi concelleiro vigués nas listas do PSOE e pola candidatura Vigueses Independentes (1970-1999). En 1955 fundou Campeonatos de Playas, unha organización altruísta dedicada á práctica do deporte, que se distinguiu por defender os intereses da cidade. Foi seleccionador galego de rugby, árbitro e entrenador nacional de fútbol. Recibiu a Medalla da Cidade de Vigo (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ENTRADA LARGA
Cada un dos derivados nitratos das parafinas que teñen a fórmula bruta CnH2n+1NO2. Obtéñense a partir dos haluros primarios ou secundarios por tratamento con nitrilos metálicos, segundo a reacción
FORMULA
NaNO2 +RCH2X D RCH2NO2 +RCH2ONO
VER O DETALLE DO TERMO
e empréganse como disolventes e para a obtención de aminas e de aminoalcohois.