"Roman" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 201.

    1. Calidade de romántico.

    2. Movemento artístico e espiritual que, nos últimos decenios do s XVIII e durante o s XIX, se estendeu por Europa e determinou unha renovación profunda, sobre todo na literatura, pero tamén noutras manifestacións da arte e da vida. O termo romántico apareceu primeiro en Inglaterra durante o s XVII, e a complexidade dos aspectos da vida e das actitudes que revestiu o romanticismo, xunto á diversidade das tradicións nacionais en que se inseriu, dificultan unha definición. Así, aparece ás veces como un movemento revolucionario e outras veces como un movemento de restauración. Tamén se estableceu unha distinción entre o romanticismo da primeira xeración e o da segunda, e fíxose constar que a evolución seguiu direccións diferentes en Alemaña e no resto de Europa occidental. Mentres o romanticismo alemán partiu dunha actitude revolucionaria e foi parar a unha posición reaccionaria, o europeo occidental partiu desde unha posición conservadora e monárquica e evolucionou cara a unha actitude puramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Romanticismo.

      2. Seguidor do Romanticismo.

    1. Que ou quen é propenso á exaltación do sentimento, da fantasía ou da paixón.

    2. Que provoca unha actitude sentimental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición musical, xeralmente de carácter instrumental, dun elevado ton lírico. Destacan as romanzas de Beethoven para violín e orquestra (opus 40 e 50).

    2. Canción lírica introducida dunha maneira destacada no contexto dunha ópera ou dunha zarzuela.

    3. Canción estrófica breve, de carácter lírico, propia da música francesa. Apareceu no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Primeiro Reich Denominación cuñada no s XV para designar o imperio fundado por Odón I en 962 sendo coroado polo Papa Xoán XII. Continuador do Imperio Romano de Occidente e do Imperio Carolinxio, comprendía, nun principio, o Reino de Xermania, o Reino de Italia e os anexos de ambos os dous: Lorena, as marcas orientais e o patrimonio de San Pedro. Ampliouse en 1032 coa incorporación do Reino de Borgoña, que incluía Provenza, e desde mediados do s XIII perdeu gradualmente os territorios meridionais. Xurdido nunha etapa de febleza do papado, foi tutelado ata a segunda metade do s XI, cando os pontífices Nicolao II (1059-1061) e Gregorio VII (1073 -1085) deron os primeiros pasos cara á independencia da Igrexa. A loita entre o imperio e o papado polo dominium mundi tivo a súa primeira manifestación na Querela das Investiduras (1073-1122), coa que se iniciou a longa decadencia do Imperio. As derrotas de Enrique IV, de Enrique V e dos seus sucesores foron aproveitadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de San Román de Cervantes, capital do concello de Cervantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Román, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cedeira baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Vicedo baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervo baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado en 1692 por Carlos II a Xacinto Sarmiento de Valladares , señor de San Román de Saxamonde (Redondela) , e expedido por Filipe V en 1705. O título herdouno a súa curmá Xosefa de Omaña e Sarmiento de Valladares , II condesa de San Román, a quen sucedeu o seu fillo, Pedro de Miranda Omaña e Osorio , III conde de San Román e II marqués de Santa María del Villar. O IV conde de San Román foi Pedro Manuel Miranda Omaña e Trelles , fillo do anterior, a quen sucedeu o seu fillo Xoaquín Miranda e Gayoso (Pontevedra 1756-Espinosa de los Monteros 1808), V conde de San Román, tenente coronel do Rexemento de Milicias de Pontevedra, que loitou na Batalla de Espinosa de los Monteros, na Guerra da Independencia, onde morreu. A súa filla, María Xoaquina Miranda e San Sebastián foi a VI condesa de San Román, sucedida polo seu fillo Xosé de Losada Miranda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político. Foi senador, deputado, fiscal do Tribunal Supremo e ministro de Estado (1905) no goberno de U. Montero Ríos. Es-cribiu La codificación civil en España (1890) e La inmunidad parlamentaria (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao período do Imperio Romano comprendido, aproximadamente, entre o s III e o s V, ambos inclusive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal ordinario e supremo de apelación da Santa Sé. Ten a súa orixe na Chancelaría Apostólica da que formaban parte o chanceler, os auditores contraditorum e os cappellani. Encomendábaselle ao principio, caso por caso e despois de modo estable, a instrución das causas. Inocencio III concedeulles tamén a potestade de pronunciar sentenza. Con Inocencio IV e o I Concilio de Lyon os capeláns formaron un tribunal estable. O nome de Rota deriva probablemente do recinto circular en que se reunían e sentaban os auditores para xulgar as causas. Sisto IV (1472) fixou en 12 o número dos capeláns auditores. Benedito XIV determinou definitivamente a competencia do tribunal coa constitución Iustitiae et pacis (1747). A elección dos auditores estivo sempre reservada ao papa, pero concedeuse a algúns estados o dereito a nomear algún auditor: España nomeaba 2 e Alemaña e Francia un. Debían ser importantes doutores en dereito, ademais de distinguirse pola súa prudencia e integridade de vida. A partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya, ao L da capital provincial (1.545h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento situado na punta de Toralla, entre as praias do Vao e Canido, fronte á illa de Toralla na parroquia de Oia (Vigo). A punta de Toralla foi cedida a comezos do s XX ao empresario catalán Tomás Mirambell Maristany, que iniciou as escavacións a finais da década de 1920. En 1992 o concello de Vigo recuperou a súa propiedade e desde entón realizáronse novas intervencións arqueolóxicas e o posterior inicio dun proxecto museístico. Trátase dunha vila romana, rural e marítima, datada na época baixoimperial e tardorromana (ss III-IV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e fotógrafo ruso. Establecido en Berlín (1920), especializouse en endocrinoloxía e fotoxornalismo, retratando as comunidades xudías nos guetos (1933-1939). Fuxido a EE UU pola persecución nazi (1941), naturalizouse (1946) e estableceu un estudo fotográfico. Interesado pola microfotografía, foi pioneiro no uso de técnicas para a fotografía en cor de microorganismos vivos. Filmou a serie Living Biology (1961-1964) e publicou Polish Jews (1947) e Building Blocks of Life (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO