"Sado" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 221.
-
-
Que procesa.
-
-
Máquina, programa ou persoa capaz de realizar un procesamento informático.
-
procesador de textos
Programa informático para o tratamento de textos.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
prosista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido polo Rei Carlos II en 1679 a Xosé de Bolaño Ribadeneira e Mariñas , señor da Puebla de Parga e das fortalezas de Torés e Xunqueiras, entre outras. A súa filla e herdeira, María Xosefa Rosa Bolaño Ribadeneira foi a II marquesa e casou con Tomé de los Cobos Sarmiento de Mendoza, capitán xeneral do Reino de Galicia e fillo do X conde de Ribadavia. A súa filla María Xosefa de los Cobos Bolaño Ribadeneira (?-Madrid 1767), foi a III marquesa e casou con Fernando Gayoso Arias y Ozores, III conde de Amarante e vizconde de Oca. O seu fillo Domingo Gayoso de los Cobos y Bolaño Ribadeneira (?-1803), foi o IV marqués e herdou tamén os títulos paternos e os de conde de Ribadavia (XIV), marqués de Camarasa (VIII), con Grandeza de España, e conde de Ricla. Desde entón o marquesado seguiu a mesma liña sucesoria que o condado de Ribadavia ata 1871: Joaquín Gayoso de los Cobos (?-1849),...
-
-
Que ou quen pulsa ou preme.
-
Dispositivo cun botón que, ao ser premido, produce o peche ou a apertura dun ou máis circuítos eléctricos. Chamado tamén botón pulsador, emprégase para pór en funcionamento un aparato ou unha máquina ou para paralos.
-
Mecanismo dos teares automáticos que controla por medios mecánicos, eléctricos, fotoeléctricos ou electrónicos a canela da trama, e que cando quedan poucas fibras de fío dispón que se faga o cambio de canela ou de lanzadeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao elemento representado con inversión do seu eixe vertical usual.
-
-
de repousar.
-
Que é ou está tranquilo e calmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 1893 por Afonso XIII a Xosé Riestra López. Sucedérono no título o seu fillo Raimundo Riestra Calderón II, marqués de Riestra desde 1923, e o seu neto, Antonio Riestra del Moral, III marqués de Riestra desde 1968. Trae por armas en campo de azul, un castelo de ouro e, saíndo da súa homenaxe, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, e a cada lado do castelo unha caldeira de ouro. Ao timbre, coroa marquesal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Afonso XIII en 1926 como Monte Malmusí, a José Sanjurjo Sacanell (Iruña 1872-Estoril 1936). Herdou o título o seu fillo José Sanjurjo Prieto , II marqués de Rif. Trae por armas as dos Sanjurjo: en campo de prata, a banda de sable engolada en dragantes de sinople, lampasados de goles. Ao timbre, coroa marquesal.
-
GALICIA
Pintor e poeta. O seu estilo é figurativista pero libre. Realizou imaxes femininas e ambientes imaxinarios. Das súas pinturas destaca Cita con el gallo rojo (1972). Publicou o poemario Con mirada penetrante (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido pola Raíña Isabel II, xunto co vizcondado de Trobo ao tenente xeneral Xosé Ramón Rodil Galloso en 1836. Trae por armas, en campo de sinople, un guerreiro armado, contornado, situado no flanco destro, atravesando coa súa espada un helmo posto no cantón sinistro do xefe, todo de prata; ao pé do guerreiro un lobo andante, contornado, de sable.
-
-
Que é dunha cor semellante ao rosa.
-
-
Relativo ou pertencente ao viño do mesmo nome.
-
iño de cor rosada que se elabora con uva negra ou con mestura de uva negra e branca.
-
-
-
ENCORO
Encoro creado en 1970 coa construción dunha presa sobre o leito do río Seixedo, situado na parroquia de Oseiro (Arteixo). Recolle as augas do río antes da súa desembocadura, na praia de Alba. Utilizado para o abastecemento de auga, ten unha altura de 16,5 m e un volume de 1,87 hm3.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do mar de Xapón, situada diante da costa NO da illa de Honshū (857 km2; 70.000 h [estim 1980]). Posúe minas de ouro e prata. O centro principal é Aikawa.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Portugal, na rexión de Baixo Alentejo, nace ao SO de Ourique e tras un percorrido de 180 km, desemboca no Océano Atlántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran sacerdote de Xerusalén. Nomeado polo Rei David, xunto con Ebiatar, foi partidario de Salomón durante a loita pola sucesión ao trono, despois da cal quedou como o único gran sacerdote do novo templo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e humanista italiano. Exerceu diversas funcións políticas e eclesiásticas, sobre todo de concilación cos protestantes. Escribiu poemas latinos, aínda que a fama lle veu do seu ciceronianismo, obras de filosofía, de pedagoxía e de teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coexistencia, nunha mesma persoa, de pulsións sádicas e masoquistas.
-
-
Relativo ou pertencente ao sadomasoquismo.
-
Que ou quen practica o sadomasoquismo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Nas súas novelas e narracións describiu a paisaxe e o espírito moldavo. Destacan Hanu-Ancuţei (A fonda de Ancu ṭ a, 1928), Baltagul (A machada, 1930) e a triloxía Fratii Ideri (Os irmáns Ider, 1935-1942). En 1961 recibiu o Premio Lenin da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos III en 1765 a Antonio Pardo e Sánchez de Taibo , señor de San Xoán de Carballo, que se dedicou ao comercio coas Indias desde a súa residencia en Cádiz. Os seus sucesores foron Celestina Pardo Quindós , II marquesa de San Juan de Carballo, Manuel María Pardo Liaño , III marqués de San Juan de Carballo, Antonia Pardo Liaño e Tirado , IV marquesa de San Juan de Carballo, José López Liaño , V marqués de San Juan de Carballo, e á súa morte o título estivo vacante ata que se rehabilitou en 1968 con Estevo Carballo de Cora e González (Lugo 1905-Madrid 1982), VI marqués de San Juan de Carballo. En 1983 outorgouse Real Carta de Sucesión a favor do seu fillo Esteban Carballo de Cora Romero e en 2002 esta sucesión cancelouse e expediuse Real Carta de Sucesión a favor de María de los Ángeles Esquivias García del Cid . Trae por armas,...